Despois de pasar todo o curso escoitando falar da Moura e os seus superpoderes, en Xuño dispómonos para coñecela, pero antes debemos pasar certas probas como andar na procura de Mouri polo monte e montar o mapa que cacho a cacho nos vai deixando para aumentar o entusiasmo.
Durante unha semana a actividade escolar trasládase integramente á area de monte comunal chamada por nós A Fonte da Moura (en verdade chámase a Fonte da Cabreira). Dende o novo centro de operacións, cada día, despois da roda e de saudar ao sol, saímos en busca deMouri pero cada día voltamos á Fonte sen ela, máis non por iso desanimados, pois
topamos unha pista e un cacho de mapa, que, ben seguro, nos conducirá ao noso propósito.Voltamos así cada día á Fonte cansados e contentos e, despois de merendar e descansar un pouco mirando un conto ou debuxando, as crianzas entréganse ao xogo libre na natureza sen máis restricións que a seguridade, que pracer! poden mollarse, mancharse, explorar, poden non facer nada, é unha semana de goce total.
O xoves acabamos de montar o mapa con todas as pezas, por tanto xa estamos listas para ir na procura do Tesouro, de xeito que o venres, despois da roda e o saúdo ao sol, saímos vigorosos e entusiasmados á nosa expedición final, e sí, claro que o topamos, alá na casa do Mouro estaba , na Cova da Moura, Mouri, o Tesouro e a merenda tal e como nos prometera Moura na súa carta o día que entrou no cole e deixou as pegadas. Qué emoción máis grande.
Tamén había, para os que marchan para primaria, un agasallo especial da Moura, a chave do futuro e unha carta de corazón a corazón.
Así ese día a Moura despídese emocionada de tres crianzas que formaron parte da súa vida durante tres anos, que levan un cacho do seu corazón con eles.
Outro ano foi posible e outro ano chegamos sans e salvos de volta da gran aventura do curso, a que despide con amor e morriña ás que marchan para primaria: Montescola e a procura do tesouro da Moura. Grazas ás familias que traballaron duro para facelo posible e a valioso acompañamento das estudiantes da EFA A Cancela, Alba e Nefe.
A escola é parte da comunidade e porosa á súa dinámica. Así, a contorna constitúe un contido eficaz para vehicular obxectivos curriculares porque nos asegura a motivación do alumnado, a cohesión comunidade-escola e o orgullo do propio e a valoración de nosostros mesmos.
A figura da Moura (personaxe fantástico e ao mesmo tempo arraigado na cosmovisión comunitaria), cos seus poderes máxicos, o seu Tesouro e as súas mensaxes de amor e protección á Natureza, constitúe o recurso ideal para vehicular obxectivos e contidos na Etapa Infantil e dinamizar a actividade escolar ao longo do curso.
Que exista ou non a Moura non é o cerne da cuestión, o verdadeiramente importante é que a lenda da Moura transmitíuse de xeración en xeración dende hai mais de 2.000 anos e por tanto forma parte d nosa alma como comunidade, e o noso patrimonio inmaterial, é inofensivo, ten o valor de unirnos entre nós e aos nosos ancestros.
As crianzas da idade infantil compréndeno perfectamente, nunca esquecerán á Moura e as ensinanas que lles deixou. Eu tampouco


.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)

.jpg)
.jpg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpg)

.jpg)
.jpg)

Ningún comentario:
Publicar un comentario