Pero o tema que nos trae aquí hoxe non ten nada de maxia. O cole aparece todas as mañás limpo, barrido e fregado, os baños impolutos, o patio sen area...non foi Mouri nen Moura que elas non se entregan a tan terrenais tareas, non; non hai maxia aquí queridos alumnos e alumnas. Ana, a limpadora ven todos os días e limpa o cole para que poidades xogar a gusto e en condiciones saudabeis.
Para as crianzas de estas idades non é fácil porse no lugar do outro pois o seu egocentrismo evolutivo llo dificulta moito, ahí entramos nós os adultos para axudarlles a ver as cousas dende outros puntos de vista. E cando estiveron recortando e o chan queda cheo de papeis, ou os xoguetes están desordeados polo chan, ou o baño cheo de terra...lémbrolles que anque Ana ven limpar nós temos a responsabilidade de facilitarlle o traballo. Menciono moitas veces a figura da limpadora, que anque é invisible, o seu traballo é deses que se notan cando non se fan, os traballos dos coidados, tan valiosos e tan pouco valorados.
Esta semana recibimos a súa visita e intercambiamos doces e agarimos, foi un momentiño poron unha poucas palabras intercambiadas. Un tempo pequeno con gran fondura simbólica. Grazas Ana, por sacar do teu tempo un cachiño para vir vernos


Ningún comentario:
Publicar un comentario