domingo, 10 de abril de 2016

os carballos da fonte da Moura

Os carballiños prenderon, bueno, todos menos un que haberà que observar. Por momentos imaxno ir cada ano a ver como medran, coñecer cada vez algo mais sobre as prantas, as arbores, o carballo, àrbore emblemática pra nòs, galegos e galegas, emocionarnos cos cambios nas estaciòns...bueno, imaxinar e soñar è un pracer en sì mesmo.
Pero a sorpresa foi outra! Vese que sorprendemeos a Moura a peitearse na fonte e fuxìu deixando o peite, o espello e un pendiente (a pesar de que a nosa algarabìa sìntese a distancia e os paxarìños houberon de advertirlle da nosa chegada)... a discusiòn foi dura, collemos as sùas cousas e levàmolas para o cole (asì ela terà que vir buscalas e nos darà unha visita), ou deixàmolas estar, ois non son nosas ( a tì gustarìache que entrara un lad`ron na tùa casa e te levara os xoguetes?).
Eu tiña planeado levar todo para o cole, pero è que non contara coa pepita grilla da clase asì que non habìa remedio, a profe è a garante da calidade moral das noss acciòns asì que ahì deixamos todo, coa esperanza de que Moura nai, agradecida teña un detalle con nos...







ioga

Cando mencionamos esa palabra a todos s nos veñen ideas à cabeza, pois o outro dìa pasamos das ideas às vivencias e asì bailamos ao son da elàstica, medamos dende sementes ata ser prantas, saudamos ao sol  e disfrutamos da compañìa de Sandra...grazas!
Igual debe ser que practicar ioga ten que ver con estar presentes nas nosas acciòns cunha actitude de observaciòn aceptaciòn e calma...debe ser iso!

dobrar camisetas ou o gusto pola orde

 Xa hai unhas semanas que vìu Marta a axudarnos coa roupa de Moura, para poder garddala na gaveta dobrada, asì caben mellor, grazas Marta, pasàmolo ben e aprendemos! Iso è o que nos gusta e a ùnica forma que sbemos e estar no cole!
O sentido da orde aprendese e practìcase, anque eu observo todos os dìas a maiorìa dos meus alumnos xogando a ordear , clasificar, organizar os obxectos cos que xogan, quer dicir que teñen unha inclinaciòn natrual pola orde, polas cousas ben feitas e pola beleza, eu pensaba que serìa moi dificil para eles aprender a dobrar pero non,, cunha pouca de axuda eran capaces , calro que sì, e que fachendosos se sentìan....o aoutoconcepto, o sentido da responsabilidade, a saber cantas
sensaciòns e coñecementos se estaban mobilizando nese momento...

Aproveito para compartir un artigo interesante, e como sempre, agradecense comentarios
.http://www.lavozdegalicia.es/noticia/extravozok/2016/03/17/bien-hijos-dejelos-paz/00031458215861364177852.htm?utm_source=facebook&utm_medium=referral&utm_campaign=fbgen



martes, 5 de abril de 2016

preservar o asombro

O asombro e o desexo de coñecer, è non dar o mundo por suposto. Os nenos e as nenas asòmbranse ao descubrir o mundo que lles rodea, estàn estreando o mundo, isoè o que suscita tantos porquès, o que asombra è a beleza da realidade, O asombro è o motor da aprendizaxe. O asombro non se xenera, respètase, para iso hai que respetar  o ritmo deles, as etapas da infancia, a sede de silencio e beleza, de misterio...
(extracto da entrevista a Catherine Lécuyer, invesitgadora, autora do libro "Educar en el asombro".)

canto dura un minuto?


En 5 minutos acabarìa o recreo, algùns decidiron observar como os graiños de area pasaban para abaixo ata reunirse todos no fondo, asì pasaron os 5 minutos, eu lles dicìa que non botaran os ùltimos cinco minutos de recreo mirando para a area cair, que iso era perder o tempo...Què saberei eu do aproveitamento intelectual que se produce na mente infantil cando està embelesada na observaciòn dun fenòmeno? Neses momentos hai que dar un paso atràs, abandoar as pretenciosas posturas adultas e deixar que o seu patròn interno de aprendizaxe actùe.


Prantar unha àrbore

Bueno, o traballo quedou feito, a chuvia foi persistente pero nos fomos pacientes e alà pola tradiña fixemos unha escapada xa os poucos que quedamos e prantamos 11 belidos carballos que visitaremos para velos medar















a fonte onde se peitea a Moura...





Iago marcha para Menorca

Pois rosalìa de Castro para Buenos Aires e Iago e a sùa familia para Menorca, parece que as cousas non mudan moito!, Bueno, agardamos terte pronto entre nos, Iago, disfruta dos aires meditarràneos!

adios regatos pequenos

Rosalìa de Castro marcha para Buenos Aires e lèvanos con ela para non ir tan soìña...e enrolando e desenrolando imos descubrindo quèn vai nos camarotes, mentres practicamos a coordinaciòn viso-motora, necesaria na vindeira competencia da escrita

venres, 25 de marzo de 2016

Mouri vai de fin de semana á casa de Luci... ou tratar de comprender a maxia

Que emociòn, è a primeira vez que Mouri foi durmir fora do cole. Levou na maleta roupa para mudarse (xa era hora) e o cepillo de dentes! seica o pasou moi ben e agora sò pensa en comer lasaña, està moi contenta e gustoulle moito a casa de Mina (que pena que non a coñeceras Mouri!).

 






O animismo è unha das caracterìstcas do pensamento infantil entre os 2 e os 7 (ou mais) anos. Ësta caràcteristica està asociada ao feito da non diferenciaciòn entre o eu e o resto do mundo coa que nacemos e que vai pasando por diferentes etapas na vida todas sempre ao redor desta relaciòn (eu-o resto do mundo) e que na època da adolescencia toma intensidades ben visibles.
Este animismo, este comprender as cousas como vivas e dotadas de intenciòns forma parte dese momento marabilloso no que estàn os nosos peques, è un tesouro a coidar con mimo, pois è base da formaciòn da sùa persoalidade e competencias.
Abracemos entòn esta capacidade màxica das nosas crianzas (e non sò o 6 de xaneiro) e, se somos quen de deixarnos contaxiar e abandoar por un momento esta rìxida mente adulta, rescataremos a nena que temos dentro, disfrutaremos da maxia coma ela o facìa.
( Seis estudios de psicoloxìa, Jean Piaget )

domingo, 21 de febreiro de 2016

Uso e abuso das novas tecnoloxìas

Numerosas invesigaciòns advirten dos riscos que corremos se nos deixamos deslumbrar polas promesas  "didàcticas", educativas, etc das novas tecnoloxìas. Para os nenos ae as nenas pequenas a actvidade de aprendizaxe compromete a todo o corpo, as sensaciòns que proveñen de todos os puntos do corpo conforman a informaciòn que o cerebro procesarà para xerar as propias estruturas de coñecemento. Limitar as experiencias à vista (como pasa no ordenador), ademais de resultar nociva para o organo da visiòn- , ignora o potencial do resto do organismo. A estas idades os nenos estàn preparados para aprender con todo o corpo e para aprender deseñando eles os proios xogos que os levaràn a practicar as habilidades para as que estàn preparados en cada momento, o ordenador danos todo feito, non deixa oportunidade à creaciòn e à imaxinaciòn, elexìn esta foto porque observo un altìsimo nivel de concentraciòn na actividade deste neno, o equilibrio, o control sobre o brazo e a man, e a coordinaciòn entre a vista e o sistema muscular para pasar as amèdoas dende o bote ata o pocillo e altìsma,a motivaciòn non pode ser mellor, posto que è un xogo espontàneo, Montessori falarìa aquì dos periodos sensibles, este neno fai exercicios de trasvase porque è o que o seu momento evolutivo demanda para construir os coñecementos necesarios nesta etapa. Respectèmos e axudemos. Hoxe dèixovos un artigo sobre o uso das tecnoloxìas, veredes que interesante!, Saùdos!
click.ww.laprovincia.es/sociedad/2016/02/12/ninos-deben-pasar-6-primeros/791180.html

Canto mais fai o xoguete,menos fai a mente da nena...

Onde irà o autobùs de Taboexa?
Deseñando normas para o xogo de hoxe
Dicìa Rebeca Wild (educadora respectada  polo seu traballo no "Pesta", espacio eduactivo modelo de centos de escolas no mundo ) que comezou a reflexionar sobre educaciòn cando caeu na conta de que ao seu fillo lle entusiasmaba mais a caixa que o xogo que viñera dentro. Con ela, imaxinaba que ìa nun barco, agora era un sombreiro, agora era unha casa, o tempo pasaba e èl canalizaba a traves daquela caixa o seu potencial de imaxinaciòn e deseño do seu tempo. Asì medran e maduran as estruturas mentais e corporais que preparan a un menor para comprender e adaptarse ao mundo e às sùas esixencias (acadèmicas, sociasis, de vida pràctica, laborais, etc).
Este artigo que vos traio hoxe fala diso, do valor do xogo desestruturado...alguèn diciìa non lembro quen...

CANTO MAIS FAI O XOGUETE, MENOS FAI A MENTE DA NENA.

http://rejuega.com/blog/juego-aprendizaje/juego-libre/el-valor-en-la-infancia-del-juego-desestructurado/


soy un robot-soy un robot!
Un proxecto comùn 

mércores, 17 de febreiro de 2016

A solución esta…no monte!

Onte saìmos ao monte, de exploradores e exploradoras, xa antes de sair emociònamos esta expectativa, algùns mostran reticencias, teñen medo de pincharse ou caìr, tratamos de tranquilizalos, non pasa nada, se caes, levàntaste e xa està, ou se te pinchas cun toxo, ben abondosos por certo, pasas rápido e cos brazos en alto…
Dende o primeiro minuto o entusiasmo desbordaba, non había nada aparantemente interesante, montes sen desbrozar, maiorìa de eucaliptos, pero ao mesmo tempo todo nos resultaba emocionante, cocas de eucalipto, pequenos cogomelos, regatos de auga, topamos una fonte, subimos a un montòn de eucaliptos talados (let them taking risks, lembraba eu…), deixamos as cazadoras agachadas entre as xestas, chapoteamos na auga que corrìa pista abaixo… topabàmos camiños a un lado e a outro, querìamos ir alì e alà…non había nada especialmente interesante pero o entusiàsmo era patente, fomos felices ese rato, todos e todas, e a miña intuición de mestra dicìame que se estaba a facer un bò traballo no seu interior, que estaban descubrindo e construìndo habilidades e coñecementos importantes, tanto ou mais , cando menos, que os que se dan dentro da aula, pero coa vantaxe de que no monte a convivencia è mais armoniosa, o monte e a natureza acollen con agrado o modo de ser dos pequechos, alì poden correr, saltar e berrar sen molestar, poden, con poucas restriccioòns que eles aceptan, tocar todo, experimentar con todo o que topan, a `sua imaxinaciòn e cretaividdade flùen, alì traballan a autoconfianza, a iniciativa, a empatìa, o compañeirismo, o sentido de grupo, o espìritu de axuda... alí poden ser eles mesmos e medrar. Tamén houbo algunha caida de cù e algùn pincho cravado...e iso tamèn nos axuda a medrar...
Chegamos emocionados, queremos voltar e explorar mais alà aìnda, queren subir ao coto, queren ir buscar à Moura, están ilusionados con voltar a vivir a aventura, eu dìgolles que para a semana, que se saìmos onte non imos saìr hoxe de novo, dìgolles asì e eles aceptan pero en realidade non sei por què non habíamos de saìr todos os días, non topo una boa razón.

recollimos o lixo






O caso è que xa estamos planificando a próxima saìda, Moura virà con nòs, quere topar à sùa nai
buf…a aventura està servida!!!!


Non son ideas orixinais miñas, as bosquescolas naceron nos anos 50 en Dinamarca e en en Alemaña xa hai mais de 1000, en España, existen tamèn diversas iniciativas baixo este formato. 

luns, 8 de febreiro de 2016

por què escolarizamos aos nosos fillos/as?

En España è obrigatorio escolarizar aos meniños/as a partires dos 6 anos. Sobre o feito de ser obrigatorio non vou falar nesta entrada, deixaremos o homeschooling ou o unschooling, opciòns totalemte respetabeis ao meu entender,  para outra ocasiòn. Sobre o feito de que sexa aos 6 anos o momento de comezar coa formaciòn academica, isto responde a estudios de psicoloxìa e pedagoxìa sobradamente refrendados ao longo da historia asì è que a maiorìa dos paìses da nosa contorna comezan a etapa obrigatoira con 6 ou 7 anos (Finlandia, à cabeza de resultados en educaciòn , aos 8).
Ben, non poñeremos entòn en cuestiòn este feito (de moemnto)...pero, que pasa entre os 3 e os 6 anos? por què levar aos peques ao cole? Tampouco è o obxecto de esta entrada pero podemos comentar que o 95% dos nenos de 3 a 6 anos en españa estàn escolarizados, por que`motivo as familias escollen esta opicòn sen ser obrigatoria?
         Por conciliaciòn da vida familiar e laboral?
         Por ofrecer oportunidades de socializaciòn aos seus fillos/as?
         Por pensar que precisan formaciòn acadèmica xa nesa idade?
Estarìa ben aclarar que se espera da escolarizaciòn 3-6, para que os profesionais de esta etapa poidèramos guiar a nosa pràctica diarìa sen someternos aos vaivèns das espectativos de uns e outros e deseñar un plan de acciòn refrendado pola ciencia e polas autoridades educativas, e, como consecuencia aceptado e respectado pola sociedade.
Tampouco è o obxecto desta entrada (outra vez serà) a escolarizaciòn 3-6. Desta volta quixera pararme na etapa 0-3. En España estan "escolarizados"ao redor do 40% dos nenos/as de entre 1 e 2 anos. Por que motivo? Case que repetirìa as tres preguntas relativas à etaapa 3-6
Porque hai familias que desexan queren sinten e poden disfrutar a crianza dos seus bebès....todo fermoso ata que chegan opiniòns sobre a conveniencia de levar aos bebès à guarderìa para socializarse, para que espabilen, para que resistan mellor as enfermidades....en fin, unha lista de absurdos que poden facer dudar ou sentir que non se è unha boa nai/pai, etc,
O caso è que topei un artigo que fala desto y como se explica moito mellor ca mìn, querìa compartilo con vos
http://www.conocemimundo.com/2015/02/tienen-que-aprender-socializar.html
espero que vos guste e espero as vosas opiniòns!

luns, 25 de xaneiro de 2016

biscoito

nos mes pasado viñeron os papas e as mamás á reuniòn coa profe, fixemos un biscoito, con mellor intenciòn que resultado, pero satisfeitos igual , pois aquì importa o camiño prcorrido mais que a meta acadada...repasamos as letras, colaboramos na preparaciòn da masa, debuxamos...en fin...a nosa vida!






a bendita lecotoescrita

http://elpais.com/diario/2009/10/29/sociedad/1256770801_850215.html

Xa sei que son pesada co tema pero o respeto que o meu alumnado me merece lévame a insistir. Eu no meu facer diario, trato de ser respectuosa con eles e elas e ao mesmo tempo responder às vosas espectativas sobre a escola e preparalos para o que van topar en primaria...nada menos, è todo un xogo de equilibrio!, pero sempre sempre, o respecto hacia eles e o seu momento evolutivo como bandeira!
Achegando estes artigos quero mostrar que cando falo dos precesos de aprendizaxe de lectorescrita estou respaldada, non sò pola miña formaciòn como profesional, as miñas observaciòns diarias e a miña reflexiòn constante,  senòn tamèn por un gran nùmero de expertos en pedagoxìa e psicoloxìa infantil, voces prestixiosas a nivel internacional que raramente chegan aos principais medios de comunicaciòn.
Achegando estes artigos ofrezo ese respaldo às familias que teñen un pensamento afìn e às vèces se sinten incomprendidas, e convido aos demais a un esforzo de reflexiòn ao respecto do asunto...Cando è oportuno que un neno/a aprenda a ler e escribir?
un saùdo

domingo, 24 de xaneiro de 2016

lecciòn de hoxe: a simetrìa

alguèn lle pedìu a este rapaz que fixera un exercicio de simetrìa?
alguèn lle explicou que simetrìa é a "Correspondencia de posición, forma y tamaño, respecto a un punto, una línea o un plano, de los elementos de un conjunto o de dos o más conjuntos de elementos entre sí." (wikipedia) ?


Os nenos pequenos (as) albergan no seu interior impulsos que os levan a ampliar o seu mundo conceptual e a mellorar as sùas habilidaes pràcticas. Às veces  tarefa mais importante para un adulto acompañante e observalos, deixar que flùa ese seu facer , non imterrumplios, sò "estar", salvagardando o seu benestar e dispoñendo o entorno material e emocional ao seu favor.


domingo, 3 de xaneiro de 2016

xoguetes con estereotipos de xènero

È casual que o rosa aparece na roupa de case que todas as nenas case que todos os dìas e case que nunca na roupa dos nenos?
È unha determinaciòn biolòxica que os nenos tendan mais a xogar con coches e as nenas às casiñas?
Ou sera  que nòs os orientamos dende o principio por eses camiños diferenciados?
Un vìdeo sobre xoguetescon estereotipos de xènero:
http://www.upsocl.com/comunidad/este-es-el-emotivo-comercial-frances-que-derriba-todos-los-estereotipos-sexistas/?utm_source=FBppal&utm_medium=Facebook&utm_campaign=fb