Cando mago Marco me contou da sùa disposiciòn para facer unha actuaciòn para recaudar fondos para paliar os estragos dos lumes na nosa terra sentìn que me caìa enriba unha tarefa grande e que non tiña ganas de acometela, cansancio e desànimo, pero, còmo despreciar a xenerosidade dunha persoa querida polo cole?. De modo que, despois de pasado o susto, o apoio entusiasta das mamàs deume folgos, e a reacciòn tan entregada de Raquel Queizàs (outra artista querida do cole) rematou de disparar o proxecto. O centro Cultural de Taboexa e a Asociacion Veciñal unìronse tamèn
venres, 24 de novembro de 2017
mércores, 25 de outubro de 2017
Diàlogo corpo-obxectos
A profesora mira porque o entorno do pequeño sexa rico en
materiais desestruturados (a poder ser materiais nobres, amables coa natureza
infantil), e cede o espazo e o tempo para que o pequeno, sò ou en compañía, reciba,
a través do tacto, a información sobre os diferentes obxectos , a relación entre o tamaño, a forma o peso,a
textura, o material do que està feito, o
efecto da sùa acción sobre eles, e as potencialidades dos mesmos .
Asi constrúen unha torre con bloques de madeira e
experimentan o peso e a relación entre peso, tamaño e forma, experimentan a verticalidade e
o equilibrio, a suma de elementos, a taves do
Ler e escribir, cando? Què di a neurociencia?
| exercicio de lectoescrita |
Ela cando salta, ri!
lumes nunca mais!
Querida Moura:
Estamos preocupadas por tì, sabemos que ardeu ata a porta da
tùa cova, debeches de pasar moito medo, igual que a rola, a curuxa e o pardal, sentìmonos apenados, cheos de cansancio e rabia, nos, tan apegados à
natureza, tan cercanos as pequeñas floriñas que medraban entre as àrbores, tan
atentos as pegadas dos animais que viven no monte e que às veces nos deixaban
mensaxes de cariño e simpatía e xogaban con nòs às agachadas, a topar os
petroglifos ou o tesouro que con agarimo deixabas para nòs cada
xoves, 13 de xullo de 2017
doces despedidas
Despedìmonos . Uns ata setembro e outros ata mais ver,non se sabe, se cadra a próxima vez que nos vexamos xa me sobrepasan en altura ou me cruzo cun adolescente que simula non coñecerme, non importa, o que se entregou queda dentro.
È unha verdadeira despedida despois de 3 cursos xuntos dìa a
dìa compartindo momentos de risas, de
esforzos, de superación e de acompañamento
Cando vexo para eles non sei se me sinto profesora, mamá ou
amiga, e
mércores, 19 de abril de 2017
e neste cole cando se estudia?
vacaciòns de primavera!
actividade moi bonita e acompañadas de compañeiros que habìa tempo que non tiñamos con nos. Viñeron Maëlle, Lùa, Freixa e Manel, que alegrìa ter unha roda tan grande. Bea (e Lila), a mamá de Maia acompañounos e dirixìu a actividade central do dìa: pintar ovos, foi un dìa plàcido e creativo, rematado cun xantar compartido coas familias, e con mais alumnas doutros anos: Larua e Abraham, sentìn esa mañan que se respiraba paz e alegrìa .
Venme este pensamento à cabeza porque as visitas imprimen un aquel de tensiòn na aula, è
unha presencia nova para o alumnado e, para
martes, 4 de abril de 2017
antes da primavera hai que aboar as froiteiras
E alá fomos a casa de Angel, a botarlle unha man co abono, pero antes deunos a merenda, como disfrutamos dese zume de laranxa debaixo da laranxeira que nolo agasallou!, E ben merecido que foi, pois traballamos arreo co tractor, vaia experincia! Què facil é velos disfrutar!
Grazas as familia que participan do proxecto escolar e a sùa filosofìa!
Grazas as familia que participan do proxecto escolar e a sùa filosofìa!
nosas amigas as cabriñas
...amigas de Mouri, nomeadamente.
Cando sentìu falar a Santi das cabriñas que naceran fuxìu do cole mesmo sen os zapatos!, e nos detràs dela, encantadas de visitar as cabras de Santa Cristina, què boa oportunidade para pasear polas fragas de Taboexa, para probar as laranxas do camiño, descansar à sombra dos carballos e, claro, recuperar a Mouri e darlle o bibe as Cabras.
Que sorte teñen as crianzas de ter unha vivencia escolar tan amable e tan apegada à Natureza e à Vida, e que sorte temos nos de andar arredor delas e nutrirnos asì da sùa maxia.

ir a neve
luns, 6 de marzo de 2017
A escola e o papel da mestra
Respecto polas
persoas
A escola è un lugar e un tempo onde as persoas se respectan
e se tratan ben, hai un ambiente de confianza e cariño entre todos/as. Por ser
pequenos de idade non merecen os nenos/as menos respecto que calquera persoa
Confianza nos
nenos/as e respecto e admiración polo seu momento evolutivo
A mestra confía na capacidaes dos seus alumnos/as, sabe e
sinte que o neno/a vai desenvolvendo en
cada etapa da sùa vida, habilidades, vocaciòns e intereses que responden à sùa
evolución, non tratamos de apurar fases, sabe e sinte que o neno/a ten una
forza interior que o leva a querer aprender en cada momento, aquilo que està
preparado para aprender.
mércores, 1 de marzo de 2017
portas abertas EEI Taboexa
A Escola Infantil de Taboexa abre as sùas portas para mostrar o proxecto educativo que atesora. Estaremos encantadas de recibir a vosa visita previa cita no 618 849 998. Lembrade que o prazo de inscriciòn para o vindeiro curso remata o 20 de marzo!
luns, 23 de xaneiro de 2017
O Señor Apalpador chegou ao noso terruño dende o Courel!
Un orgullo para esta profesora compartir un rato co señor Apalpador Anxo Moure e o seu axudante Servando Barreiro, traballadores incansables e xenerosos para a cultura galega e o avance da nosas sociedade!
Moito antes deque a sociedade de consumo importase dos paìses nòrdicos a figura de Papà Noel, en Galicia xa habitaba a figura mìtica do apalpador.
O apalpador è un home de barba rubia, un vello xigante que vive nas devesas das altas montañas
facendo carbòn para escorrentar o frìo do
inverno.

queixo de leite de cabra ou queixo de Poldo!
Cando Mouri fuxìu (outra vez) do cole para ir a ver às sùas amigas, as cabriñas de Santi, non imaxinaba a aventura que nos etaba a por diante, porque a sùa escapada nos trouxo de agasallo unha excursiòn a casa de Santi, unha comida campestre no Coto de Santa Crtistina, e aprender a elaborar quixo co leite das cabras!, Vìu Poldo, de "A Cabuxa da Lagoa", Mondariz e aprendeunos a facer uns poucos de queixos que se non estaban tan ricos, servìronnos para facer unha chea de celebraciòns e facer amigos!
Unha vivencia completa, ligada à natureza à vida real, e inda por riba, à familia do noso alumnado, unha actividade redonda con un gran aproveitamento en canto à motivaciòn e cohesiòn do grupo e tamèn en cuanto a coñecementos...
Soño con que estas crianzas seguen a facer este tipo de actividades na sùa vida escolar futura, e aproveitar o gran potencial didàctico das mesmas.
domingo, 22 de xaneiro de 2017
adornos de nadal
cogomelos en Taboexa
Santi è un experto en cogomelos, bueno, en realidade è experto en observar cousas moipequenas na natureza, a sùa nai tamèn, mònica vìu ao cole e mostrounos cogomelos moi extraños algùns e outros que estàn ao noso redor, despertaron o asombro do grupo, despois fomos ao monte, nas fragas disfrutamos do ar puro, da luz entre os carballos e as casas en ruinas que nos evocan aos adultos a unha nostalxia do pasado vivo nas aldeas e às crianzas...què pensan as crianzas cando se paran diante das ruinas da casa dos Mouros, è posible quelles evoque mundos de misterio, de fantasìa de fadas e trasnos' pode ser, què saberemos nòs das forzas da natureza e da natureza da mente infantil, màxica, poderosa...pero sì sabemos e comprbamos que quedan sombrados mirando hacia as ruinas, pensando, sentindo...
Hoxe se cadra non todos aprenderon un nome de cogomelo, pero de seguro todos voltamos a casa cunha lecciòn: a natureza agocha para quen saiba mirar, alimento valioso para o corpo e para a alma!
enrrugas
Achegar as crianzas às persoas maiores...unha idea que gusta cando a comento coas familias, todos concordamos en que è unha cousa boa que compartan cos maiores que se deixen acariñar por eles , hai que facelo con coidado, despacio, respetanritmos e distancias...os peques pòdense sentir violentados ante a cercanìa de descoñecidos con fìsicos deteriorados polos anos e as dolencìas, aspectos cos que non todos estàn familiarizados neste mundo acutal onde se sobrevalora a xuventude e se agocha a
Os patucos inundan de cores a Escoal de Taboexa
Os nosos amigos Angel e Miriam, da Casa Rural Uma (http://www.casauma.es/), fixèrnnos un agasallo moito mais grande do que eles crìan...
Os alegres e quentiños patucos amorosamente ganchilllados trouxeron o empurròn que faltaba ao proxecto de quitar os zapatos no cole, vella idea da mestra que non se decidìa a implementar, a pesar de coñecer os beneficios de andar descalzos...ai! os hàbitos como se aferran...
E algo màis trouxeron, un soplo de vento fresco e colorido coma eles que nos convidou a desperezarnos, estabamos sumidos nun sopor
froito do desànimo destes tempos difìciles.
educar en el asombro
Este libro caeu nas miñas mans un dìa de sorte e quero compartilo con vos, fala do asombro (e outras cousas importatnes), iso que vemos brilar nos ollos dos peques cando quedan ensimismados observando algo, deixàndose sorprender pola realidade, esa alegrìa que lles inunda e comparten con nós cando descubren algo, cando aprenden algo, cando sinten que comprenden o mundo e que son competentes...eles veñen dun mundo que nos xa esquecimos e estrean este coa mellor das disposiciòns posibles, cada descubrimento e motivo de goce e nòs somos testigos diso, ese deleite, esa alegrìa de aprender, ese asombro è unha delicada xoia que nòs debemos tratar de preservar, porque è o motor do coñecemento e a maduraciòn integral das nosas crianzas. Està à vosa disposiciòn no Cole
xoves, 3 de novembro de 2016
aprender as letras...e todo o demais
Aproveitar esa paixòn por aprendelo todo, estar atentos e agardar o momento en que lle toque o turno às letras (que non son mais importantes na idade infantil que calquera outro contido: a terra, ordear cousas, atar, cortar, modelar, apilar pezas, construir, observar fotos, xogar às mamás...) e presentar, propoñer unha actividade ou varias entre as que estea ESA que lle resulta atractiva, interesante, ùtil e que represente un desafìo à sùa avidez intelectual e ao seu desexo por ser competentes, isto è, que incida na ZONA DE DESENVOLVEMENTO PRÒXIMO, concepto acuñado por Vigostky (xunto con Piaget dos mais renonbrados teòricos da psicoloxìa) e que
martes, 1 de novembro de 2016
O plàstico mata
Trato de ofrecer ao meu alumnado un entorno sano, fermoso e pràctico. Os tres criterios por igual,
O plastico pode ser pràctico (se non afondamos moito na reflexiòn), pero non è fermoso, e en canto a salubridade è todo o contrario a san, imaxino acariñando un cacho de madeira, mellor unha madeira noble, dura, carballo, freixo, nogueira, cerdeira...sentir a vida que ainda respira dentro..., facer o mesmo cun plàsico soa ridìculo...
Pero vaiamos à salubriade fìsica, a do corpo, deixemos a saude da ialma para outro dìa, en canto a isto o plàstico è o enimigo nùmero un,

mércores, 19 de outubro de 2016
fomos vendimar à casa de Mina!
fomos vendimar quere dicir que fixemos traballo de coordinación oculo-manual, de lectoescrita, de coñecemento e apreciaciòn do medio natural, de matemáticas, de plàstica, de vida pràctica, de relaciòns sociais, de recoñecemento dos sensos, de concepción espacial.. . Houbo que organizarse, planificar , concentrarse e valorar o traballo feito e a sùa utilidade, e todo iso disrutando…SÌ, È POSIBLE
martes, 11 de outubro de 2016
adaptaciòn sen bàgoas...conseguìmolo!
O primeiro desafìo de este curso era que as crianzas viviran, ben o regreso ao cole, ben o inicio da sùa vida escolar con armonia e benestar, foron dìas de moito traballo de presencia, acababa esgotada de estar tan pendiente de que cada quen estivera a gusto e dar a cada quen a atenciòn que (eu sentìa) que precisaba, a atenciòn necesaria en cantidade, estilo e intensidade, sen renunciar , por suposto a establecer as bases dunha relaciòn autèntica (creo que esta vai ser o concepto estrela deste curos) entre nòs.
martes, 6 de setembro de 2016
Aprender as letras
| Dous graos de dificultade do mesmo exercicio |
| sò està facendo torres...cremos que non està aprendendo letras? |
comezamos outra aventura
Non è que non teña ganas de voltar às rutinas escolares, nen que me dea pereza empezar a traballar..., sò è que vai aìnda tanta calor (vaia veràn) que ùn aìnda anda pensando no rìo e na praia, o asunto escolar aìnda soa un pouco extrano na miña cabeza, pero...claro que sì! comezamos outro curso con ganas e motivada, disposta a afinar mais a miña intervenciòn personal e profesional para ofrecer aos meus "clientes" a mellor atencion posible.
Aquì topei o calendario oficial do ano e xa volo poño. Tede en conta que aìnda falta por designar 2 festivos mais (os locais)
http://www.edu.xunta.gal/portal/calendarioescolar
luns, 13 de xuño de 2016
as barbas a remollar
A Escola unitaria de Seixas, en Cerceda esta ameazada de peche pola Administraciòn, ca ano pechan varias escolas Unitarias en Galicia. A Administraciòn as vè como un gasto extra, non è tanto (asforran en profesores especialistas, alo menos a nosa, que, a diferencia do CEIP non è atnedida por profe especialista de Mùsica, de Audiciòn e Linguaxe nen de Psicomotricidade). Moits familais tamèn pensan, erròneamente que nos centros grandes con centos de alumnos os seus pequeños de 4 anos van "recibir" mellor educaciòn.
É unha mala noticia, è un deterioro (mais) na calidade educativa do Sistema Pùblico. nas escolas Unitarias as crianzas de 3 a 6 anos vivencian a experiencia escolar en condiciòns òptimas (propias do Estado de Bienestar do que se presume en España). Pouco alumnado nun entorno adaptado à sùas necesidades, cunha resposta profesional adaptada às circusntancias de cada un, cunha relaciòn estreita entre escola e familia e en estreito vìnculo coa Natureza. estascondiciòns fan que esta institucionalizaciòn tan temprana, impelida pola necesidade social de ocnciliar vida laboral e familiar,non tanto por necesidade educativa, sexa como unha extensiòn da sùa vida familiar, mais amable, mais humana e a mellor forma de que as crianzas mais pequenas desenvolvan todo o seu potencial de madurez que os prepararà para ofrontar a vida escolar propiamente dita nas mellores condiciòns.
Ogallà non nos teñamos que ver nòs coa pancarta!
https://www.youtube.com/watch?v=3zoa9NfjnhY

domingo, 22 de maio de 2016
letras galegas de luxo para os coles
E se afondamos un pouco na figura de Manuel Marìa, o homenaxeado este ano o dìa das Letras Galegas, saberemos que foi un intelectual galego sensible loitador e valente, defensor da nosa lingua, dos dereitos dos mais desfavorecidos e da liberdade.
Mil primaveiras mais para a lingua galega e grazas Manuel Marìa ...como dixo un dos alumnos/as èl morreu, pero quedaron as sùas poesìas...
O galo interpretado na lingua internacional de signos !
"Yogote", que nos aprenderon as mozas e mozos do IES Pao da Mercè
O instituto!
Cando lles dixen que as profes do IES Pazo da Mercè, nos convidaban a visitalo enchèronse de emociòn...Por què un plan tan sinxelo (mesmo mais de un pouco atraente para crianzas de 4 anos) suscita tanto interese e curiosidade?Pois por nada, porque eles/as son asì, teñen tanta confianza na vida que-, perante un plan presentado con agarimo e ilusiòn dispòñense a vivilo con entusiasmo e entrega.
![]() |
| e como somos exploradoras, anque chovìa , achegàmonos a coñecer as Esculturas de Redondelo! |
E chegados ali saudaron às profes e estudiantes que viñan atraidas pola maxia destes peques (elas afeitas às maneiras dos adolescentes, marabillosos tamèn) agardaron con paciencia a hora do acto, cantamos o cuco para as mozas maiores, disfrutamos as actuaciòns de R
ubiòs de dos mozos e mozas de Primeiro, foi un intercambio sinxelo pero vivido con agarimo e coidado.
Esa è a vivencia coa que volta ao cole unha calor no corazon que ven de tantos sorrisos e carantoñas que lles puxeron mozos e adultos, e mais gañas aìnda de ser maiores, de facer parte algùn dìa, do Instituto!
martes, 10 de maio de 2016
autonomìa
Moitas veces escoitades às mestras falar de autonmìa e o importante que è promovela.
...Por què?
Porque supòn respectasr o seu impulso por aprender cada dìa a facer cousas mais complexas, quen non escoitou a unha nena presumir de facer algo ela "soìña", ou a un neno pedir facer algo el soìño"?
Por que cando logran facer algo por eles mesmos senten un orgullo de si propio que favorece a autoestima, e mellora o autoconcepto.
Para eles ê unha tarefa certamente difìcil subir a cremallera, dou fe diso pois son testigo dos seus esforzos, e tamèn son testigo da satisfacciòn que lles produce conseguilo, non debemos privalos dela, pois è a base da iniciativa , da capacidade de atencion e de esforzo,...case que nada!
Cando facemos algo que un neno ou nena pode facer por sì mesmo, non sò estamos a facer algo innecesario se non tamèn perxudicial

| sorte ter a càmara cerca para poder atrapar esa expresiòn! |
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)