martes, 21 de xuño de 2022

Escola Comunitaria

Gustoume cando definiron así á Escola de Taboexa, pois despois de anos de coñecer (en máis ou menos  profundidade) outras corrientes pedagóxicas non acababa de sentirme totalmente cómoda  en ningunha etiqueta. 

Por cerca que me sentira de algunha máis innovadora e respectuosa coa infancia, sempre me faltou o enfoque social e comunitario, o que entende a escola como un ente político activo que, dende o seu posto privilexiado debe puxar por unha sociedade xusta e

Montescola

 Con Xuño chega a a calor e chega tamén a mais importante misión da Escola da Rata: topar a Mouri. Xa ten fuxido do cole outras veces pero daquela  bastaba subir ao Coto Morgallón ou ao Coto da Escola para dar con ela- Desta volta algo nos dícía, que intuición,  que non ía ser tan fácil, e en efecto, foron 6 días completos no monte (non pisamos a escola para nada) os que pasamos na súa procura.

Cada día, despois da roda e do saúdo ao sol,

luns, 6 de xuño de 2022

a visita dos ex

En Taboexa sí que nos gusta encontrarnos cos ex, e por iso, dende principio de curso propíciase este encontro. Non puidemos facelo o curso pasado nen o anterior, pero desta vez desquitámonos, así, a mediados de maio elaboramos as invitacións e fixémolas chegar as convidados/as: o luns 16 de Maio, cando moitos centros escolares fixeron ponte, abrimos a Esola de Taboexa e convidamos ao exalumnado. 

A miña sorte é que algúnhas crianzas aceptaron vir ao cole o seu día de descanso. Asi, tivemos con nós nenos e nenas que nos deixaran hai 1, 3, 5...anos. Eu vía a ilusión nos seus ollos e o goce de traer ao presente aquelas doces vivencias que xa espertan morriña en tan pequenas persoíñas. Ocuparon de novo o que foi (e será sempre) o seu espacio, disfrutando de novo dos mesmo xogos (as construcións, abalorios, o bingo....) e despois do tempo libre no patio cantamos aquelas

venres, 3 de xuño de 2022

Anxo Moure, ou a dozura do Río Miño

 Chegou na súa ciclobiblioteca cargada de historias, sen  máscaras, falando de tú a tú ás crianzas, con cercanía máis ´tamén con escrupuloso respecto. O seu saber facer e a verdade que destila a súa "actuación", atrapaba sen estridencias a atención das crianzas.  Trouxo moitas historias que destilan amor pola natureza e ánimo optimista, e trouxo, como non, as lembranzas do Alto Río Miño e as súas raíñas máxicas, as Xacias,  trouxo, como xa digo, verdade, emoción e compromiso coa infancia,coa natureza e coa convivencia. Marchou de volta para Lugo deixando no ar un arrrecendo

luns, 2 de maio de 2022

Xornadas de traballos comunitarios na Fonte da Moura

A Escola de Taboexa hónrase en colaborar coa mellora dos
espazos comunitarios, aprecia poder disfrutar deles e agradece a quen mostra o seu apoio particiando nos traballos comunitarios de mellora da contorna da Fonte da Cabreira (nós chamámoslle Fonte da Moura). 
Unha mañá de esforzo e disfrute para o beneficio, en primeira instancia das crianzas da escola pero tamén, como nón, para a veciñana ou persoa calquera que por alí pase con gañas dun descanso, unha sombra, ou un pouco de auga fresca. 
Ó monte é a nosa casa e por iso o coidamos e disfrutamos del.
Un orgullo coordinarnos entre varias entidades para a mellora do espazo de todos. Grazas a todos os que viñeron botar unha man, desculpade os posibles fallos e oxalá o ano que ven repitamos!!

entre as 10 e as 11

Entre as 10 e 11 topamos este ambiente no cole de taboexa, despois de rematar a roda as crianzas maiores "traballan" un pouco mentres que o resto vai xogar, xogar coas sombras, coas construcións, xogar a pintar, xogar a vivir na casiña, mirar un conto, maquillarse, plastilina, barro, crebacabezas, xogos de mesa, pulseiras....en fin milleiros de

luns, 4 de abril de 2022

Chega a Primavera cargada de agasallos para nós.

Nós xa somos felices dende o Imbolc, alá a principios de febreiro, cando namoran os paxariños. Xa dende entón sentimos a mornura da Primavera que está a achegarse, tal que para o 21 de Marzo xa estourou en nós a alegría das flores e das herbas do monte.

A Fada da Primavera sae do seu acubillo invernal e nos convida a ir á Carballeira do Candón na procura dos carballos e aveleiras recén gromados. Alí, entre a silvardeira, as hedras e o musgo, nos observa a cabeza  abandoada da moneca, que nos dá medo e risa ao mesmo tempo. Alí rubimos o carballo deitado,  exploramos o regato Lodeiro e, en fin, pasamos un bó rato na fraga.

O Mercurio de Taboexa, unha historia de 2.000 anos

Unha historia de 2.000 anos que no 1975 estreou un novo capítulo cando o pequeno Casimiro, de 11 anos, desenterrou aquela estatuiña metálica tan xeitosa.  Era un achado prehistórico e era moi valioso. O museo de Pontevedra andivo detrás del ata que o logrou. Casimiro quedou sen Mercurio pero os afortunados fomos nós porque podemos visitalo cando queiramos. A gran sorte foi que Casimiro acompañounos esta volta a visitar a Mercurio, a nosa misión era recuperalo para Moura,

luns, 21 de marzo de 2022

Rosalía en Taboexa

Gustaríame traballar máis poesía co meu alumnado, e a plástica baixo as directrices de Arno Stern, e practicar Ioga con máis asiduaidade, e ter un horto máis grande, e facer teatro todos os anos, a Psicomtricidade de Emili Pickler e Aucuturier, a filosofía na aula,as pedagoxías dos Wild e Reggio Emilia, Montessori, Waldorf...pero...todo non se pode asi que, alo menos a nosa querida e a que tanto nos quere, Rosalía, non quedará no esquecemento, celebrámoslle o aniversario como se fora unha parente lonxana que estimamos polos agasallos que nos deixou. Non sei a qué idade souben eu de Rosalía de Castro, pero estes pequechos xa a levan aprendida. Espero deixar a semente nas súas cabeciñas, que a beleza da poesía penetre nos seres pequenos deixando un sabor doce e agarimoso, dende ahí achegaranse á beleza e á bondade que hai na poesía ou en calquera outra expresión da "ialma" humana

respectar os ritmos

Gustoume a foto porque reflexa ben aquilo que tanto se cacarea sobre respectar os ritmos. Estamos no tempode traballo en Taboexa, as 10 da mañá, son 20 minutos, o resto é xogar (mentres aprenden, me vexo forzada a aclarar).  Sí,respectar os ritmos é posible ademáis de necesario,en realidade é parte do respecto hacia eles como persoas.  Pedir a un meniño ou meniña un nivel académico que non posúe é unha canallada, pois o dano que lle podemos estar a facer non o imaxinamos. O importante é que todos transiten pola aprendizaxe ao seu ritmo e con paso firme. Non é imposible,

plastilina caseira

A mamá viu e aprendeu aos meniños a elaborar plastilina, o seu fillo xa sabía porque xa practicara en casa con ela. O obradoiro foi benanunciado pois, o meniño contaba na roda que facía plastilina en casa coa nai e pareceunos boa idea que todos puideran aprender. Foi un rato pequeno de tempo, foi en calma e en ambiente de concentración ,todos os que quixeron pasaron polo obradoiro e aprenderon a facer a plasti, aprenderon unha cousiña máis para o seu limitado pero enorme  currículum de competencias, e así, en contacto con aprendizaxes moi diversas, útiles para a vida, transitadas con alegría e calma, aprenderán as leis físicas que rexen o mundo e aprenderán a atopar a

mércores, 19 de xaneiro de 2022

152 mandarinas

Non estaba previsto que hoxe tocara aprender o 152, nen o M, nen o A, nen o concepto de infinito, pero a vida real, e a xenerosidade das familias, trae esas oportunidades que non se poden ignorar, máis que nada porque veñen cargadas de motivación, elemento esencial nunha aprendizaxe eficaz. 

En realidade ese día ia facer a avaliación (que preguiza) pero as mandarinas impuxéronse, pesámolas, contámolas (profe ata onde chegan os números?), debuxámolas, fixemos zume (hai que

a importancia do movemento(2). O equilibrio

O chan é o primeiro espazo de xogo-aprendizaxe dun bebé, cando se move o contacto co chan e os obxectos infórmanlle dos seus límites físicos: e a aprendizaxe propioceptiva. Os primeiros movementos dos bebé son descontrolados, pero a base de práctica éstes afínanse ata chegar a funcionar eficazmente: coller un obxecto, soltalo, aproximar a culler á boca,  camiñar.... de feito, camiñar é a resposta do corpo para evitar cair!. 

As multiples experiencias de movemento que ser
repetiron durante o primeiro ano,  proporcion ao

xoves, 13 de xaneiro de 2022

a importancia do movemento(1)

Repítome cada ano coa miña defensa mais ou menos fundamentada da necesidade, pedagóxica, sí, do movemento e a natureza, e así será, ata que vexa nos coles do meu redor aulas abertas baleiras de crianzas e patios vivos ocupados por almas libres despregando o seu potencial de xogo e placer sen máis restricións que a seguridade física e emocional de todas as persoas, sen tempos tan constreñidores, sen medos castrantes. Ben, seica vou ter que seguir coa miña defensa do movemento uns aniños máis, seguramente sempre, porque non hai máis cego que o que non quere ver e non hai peor profesor que o que antepón o medo e a comodidade ás necesidades das crianzas. O enfoque político que rexe o sisitema público tampouco axuda, semella que somos os útlimos en Europa en decatarnos do errados dos

domingo, 9 de xaneiro de 2022

a-ventura do gato metido nun saco

Todo comezou a inicios do curso pasado, a
proposta chegou cargada de ilusión e promesas, houbo ensaios alegres, protestas do noso gato pelao, as visitas de Segundo e os da Roda, houbo debuxos e teatros, houbo tantas cousas que cando por fin nos entregan o libriño fixemos unha pequena festa co exalumnado, coas familias, con Mina, con Xerardo de Ponte nas Ondas, e ate parece que daba pena que

silencio, se juega

Cando vexo as composicións que arman no que chamamos o recuncho das construcións, invádeme unha sensación de estar a asistir a un momento grande, unha sensación de impotencia por non saber desentrañar as leccións aprendidas nese día, e a certeza total de que o patrón de desenvolvemento que levou a esa crianza (adoita ser unha obra individual) a buscar o pezón, a levantar a cabeza, gatear, camiñar, etc, está aínda operando e o impulsa a montar unhas pezas ao respecto de outras con criterios matemáticos de orde, clasificación, simetrías, cálculo volumétrico, etc... ademáis de inventar unha historia fantástica que lle da sentido á obra e, por suposto un resultado

subir ao faiado con Santi

A poucos metros das nosas cabezas temos unha aventura apaixoante, temos oscuridade, pó,restos de animais, os tubos da auga,os cables, as tellas vistas desde abaixo, esqueletes de paxaro, ovos de curuxa,e o máis escalofriante, os morcegos co seu vó atolondrado e inquietante. Non entendo esa obsesión polas aventuras enlatadas e carísimas tipo Disneyland ou PortAventura, a nosa contorna ofrécenos as mellores experiencias as máis fascinantes, as da vida real.

A poucos metros das nosas cabezas hai un mundo paralelo e oculto que trae promesas de mundos do

martes, 4 de xaneiro de 2022

Mari e as bufandas

Aquel día chegou Mari cargada con bufandas para todos e simpatía a desbordar, o entusiasmo natural dascrianzas fixo o resto, a xenerosidade da señora topou unha manchea de crianzas que mesmo sen coñecela foron quen de dar sentido ao encontro. A verdade é que as bufandas coas súas cores divertidas e caóticas, son preciosas e eles as locen con gallardía, Mari, a partir de hoxe es amiga da

martes, 28 de decembro de 2021

as voltas ao sol ou a celebración do cotiá

Ese día foi especial para él, coñecimos os seus seres queridos e as historietas que traían as fotos, as compañeiras axudáronlle a facer o seu cadro, recortaron, pegaron, pintaron, que linda estaba a quedar a súa obra de arte, todos comimos do biscoito, ata gato pelao disfrutou do día. 
O máis bonito é que ese día foi especial para él pero tamén foi especial para todas as persoas (e o gato) que alí compartimos a ilusión polo aniversario dun compañeiro e a alegría do traballo en equipa. 
Outra volta ao sol, con canción,con cadro, con fogueira, como cada un o sinta e segun estea ese día a enerxía do grupo, aprender a deixarse levar e fluir, iso aprendo eu deles, e eles de min?as letras, unhas nocións de expresión plástica (poucas) e normas de urbanidade. 
Definitivamente saio gañando

luns, 18 de outubro de 2021

seguimos co ritmo tranquilo

Non se me alarmen, esta escola segue a saborear e a defender o ritmo tranquilo do cotián, do rutinario de ese tempo-espazo no que fluimos con seguridade e sen máis restricións que as obligadas pola convivencia. Seguimos co tempo de recunchos, co traballiño de formiga dos maiores, coas horas de patio onde calquera xogo pode ser posible, coa hora do conto, coas nosos almorzos compartidos (si, almorzos, non merendas,a ver se me corrixo este ano, que sen tempo non era...). E claro coa nosa subida semanal á Fonte da Moura, chégalle ben de actividade, a ver se nos imos exceder...estaremos atentas, non quero caír no activismo, estes pequechos  non o precisan, teñen moitas iniciativas

o helicóptero

Visitar o helicóptero ten máximo interés para as crianzas, ver de cerca e montar naquela nave que nos veráns de incendios, por desgracia, vemos voar co bambi colgando, salpicando auga,  hoxe a poden tocar e mesmo subir nela. Tamén tiveron oportunidade de tocar as mangueiras do camión bomba, coñecer de perto aos que apagan os incendios dos nosos montes, un pouco de realidade, máis nada. Alá en Queimadelos todo o persoal esmerouse por que as crianzas tiveran unha estancia agradable, sen forzar situaicóns e respectando os ritmos e as capacidades dos pequechos, iso

e comezamos con paso firme!

Si,  con ganas ou sen elas, o calendario agrícola (o que nos da de comer)  non nos deixa estarricarnos na cadeira, hai que axudar a Mina ( a avoa de David) coa vendima, e claro que sí Mina, ti xa es unha vella amiga da Escola, encantadas de axudarte. Non sei quen axuda a quen pero o caso é que foi precioso e divertido sair de paseo polos camiños da aldea e coller as uvas e xogar coas cabras. E quen pense que isto non é encomenda dunha Escola de Infantil que veña e que pregunte polas bases psicopedagóxicas de esta tendencia obcecada da mestra de saír afora da Escola, de

xa estamos todas!

Mouri non quería comezar o cole, todavía vive na modorra do dolce far niente do verán,  comprendémola! a nós acontécenos o mesmo,  pero claro nos somos humanos socializados e obedientes do calendario social escolar, mentres que ela conserva a liberdade salvaxe dos seres superiores, pero bueno, convencémola, alí estaba, no Alto do Coto Morgallón, divertida agardando por nós, mesmo con ansia polo encontro!, Xa podemos botar a andar o curso, xa estamos todas!!!

Os meniños de anos anteriores ben coñecen a Mouri, a súa historia, que a súa nai, a Moura de

luns, 13 de setembro de 2021

Imos!!

Imos a por outra volta ao sol! Imos con calma de vagar para chegar moi lonxe, ou  imos a correr para quedar onde estamos, para topar o noso lugar, aquel onde as nosas potencialidades brilen  individual e colectivamente, imos da man do outro, da man de todos, imos con forza, ou ás veces sen ela, pero imos, E, sen sabelo, a lección de hoxe foi repaso daquela do ano pasado, A UNION FAI A FORZA, será que lles quedou ben gravado que aquilo que non podo facer só, sí o consigo con axuda,  xogando aprendo as mellores leccións, as máis importantes!

mércores, 9 de xuño de 2021

Co fin de Curso chega a Montescola a Taboexa

O ano pasado foi unha necesidade, desconfináronnos pero non reiniciaron as aulas, cómo é posible se as crianzas devecen por verse, e a profe por velas?, pois tirámonos ao monte. Co apoio e a confianza das familias disfrutamos varias semanas da escola do monte, foi todo un descubrimento. O que levaba anos rondándo a cabeza fíxose realidade empuxado pola pandemia. Este ano quería repetir, logo viñeron os medos, que isto da Montescola é moi canso, que este ano son máis, que é un grupo máis dificil ....os pretextos de sempre que nos atrapan na zona de confort.

por fin, Mercurio!

Foron 4 anos tratando de cumprir o mandato da Moura, de recuperar a Mercurio para os Montes de Taboexa. E cada ano, a alegre decepción de velo detrás dunha vitrina infranqueabel no Museo de Pontevedra, o non poder collelo, non poder devolver a Moura a súa figuriña tan prezada...cada ano a mesma sucesión de sensacións e explicacións: É preciso que o Mercurio estea no Museo para que todas as persoas coñezan o noso pasado.

As crianzas entenden as razóns,-porque as crianzas sempre comprenden co corazón o que ás veces non entenden coa mente-, pero non así Moura, que, furiosa, rapta á Mouri, a súa filla, e temos que andar polo monte días e días seguindo pistas ata rescatala,

mércores, 26 de maio de 2021

as flores silvestres

As flores silvestres sedúcennos con esa feitura perfecta e fermosísma, arquitectura botánica eficaz e necesaria pra a vida, elas preguntan, profe,como se chamaesta flor,e a profe non sabe moitas, pero procura axuda e é cando chega Alejandra e acompáñanos á Fonte da Moura, e xa mesmo ao saír topamos a bolsa do pastor, pola costa arriba asoman o llantén, o pampullo e o dente de león, e na fonte a árnica promete a súa chegada sen demora, o xunco e o troque, pero todo o tempo miramos e míranos a ortiga morta, aut´ntico descubrimento para todas pola súa feitura fermosa e

martes, 25 de maio de 2021

En Maio Moura reclama a Mercurio, comeza a aventura final!

Maio trae flores e as flores traen o Maio,a celebración da primavera que nos vincula co máis atávico do noso ser comunitario, e o Maio trae a Moura reclamando a Mercurio, e nós tratando de contentala cunha figura...e ven Moura ao cole, e deixa as súas pegadas negras de todos os anos, e deixa unha nota amorosa prometendo aventuras polo monte, comeza o final, e estamos preparadas para xogar con Moura, visitar o Coto Morgallón, os Muíños da Edreira, a Carballeira do Candón, o barrio do Mouro, o Coto de Altamira, na procura de

luns, 24 de maio de 2021

e foi o gato

E viñeron os de Ponte nas Ondase os de A Roda, e ese día experimentaron a e mocion de escoitar as súas voces fondas e gravar profesionalmente. Coñeceron músicos e os cachivches de gravación de son e vídeo, foron anfitrións dun grupo de adultos facendo o seu traballo, foron parte del; de verdade. Todo nun ambiente alegre e relaxado. Queda pendiente ofrecer ao gato un final máis compasivo e mais xusto.

matemáticas

Xeometría, aritmética, correspondencias, relación peso volume, verticalidade e equilibrio,  proporcións, distancias, liña recta, v ... conceptos físico-matemáticos que eles e elas experimentan, manipulan e coñecen a través da actividade libre e xogos, impulsados polo desexo de coñecer e comprender o mundo. Así familiarízanse coas  leis físicas que outrora estudiarán con nomes específicos. Hoxe xogo, pracer e coñecemento flúen nunha entrega total. A mestra ofrece materiais,