luns, 18 de outubro de 2021
o helicóptero
e comezamos con paso firme!
xa estamos todas!
Os meniños de anos anteriores ben coñecen a Mouri, a súa historia, que a súa nai, a Moura de
luns, 13 de setembro de 2021
Imos!!
mércores, 9 de xuño de 2021
Co fin de Curso chega a Montescola a Taboexa
O ano pasado foi unha necesidade, desconfináronnos pero non reiniciaron as aulas, cómo é posible se as crianzas devecen por verse, e a profe por velas?, pois tirámonos ao monte. Co apoio e a confianza das familias disfrutamos varias semanas da escola do monte, foi todo un descubrimento. O que levaba anos rondándo a cabeza fíxose realidade empuxado pola pandemia. Este ano quería repetir, logo viñeron os medos, que isto da Montescola é moi canso, que este ano son máis, que é un grupo máis dificil ....os pretextos de sempre que nos atrapan na zona de confort.
por fin, Mercurio!
As crianzas entenden as razóns,-porque as crianzas sempre comprenden co corazón o que ás veces non entenden coa mente-, pero non así Moura, que, furiosa, rapta á Mouri, a súa filla, e temos que andar polo monte días e días seguindo pistas ata rescatala,
mércores, 26 de maio de 2021
as flores silvestres
As flores silvestres sedúcennos con esa feitura perfecta e fermosísma, arquitectura botánica eficaz e necesaria pra a vida, elas preguntan, profe,como se chamaesta flor,e a profe non sabe moitas, pero procura axuda e é cando chega Alejandra e acompáñanos á Fonte da Moura, e xa mesmo ao saír topamos a bolsa do pastor, pola costa arriba asoman o llantén, o pampullo e o dente de león, e na fonte a árnica promete a súa chegada sen demora, o xunco e o troque, pero todo o tempo miramos e míranos a ortiga morta, aut´ntico descubrimento para todas pola súa feitura fermosa e
martes, 25 de maio de 2021
En Maio Moura reclama a Mercurio, comeza a aventura final!
Maio trae flores e as flores traen o Maio,a celebración da primavera que nos vincula co máis atávico do noso ser comunitario, e o Maio trae a Moura reclamando a Mercurio, e nós tratando de contentala cunha figura...e ven Moura ao cole, e deixa as súas pegadas negras de todos os anos, e deixa unha nota amorosa prometendo aventuras polo monte, comeza o final, e estamos preparadas para xogar con Moura, visitar o Coto Morgallón, os Muíños da Edreira, a Carballeira do Candón, o barrio do Mouro, o Coto de Altamira, na procura de
luns, 24 de maio de 2021
e foi o gato
E viñeron os de Ponte nas Ondase os de A Roda, e ese día experimentaron a e mocion de escoitar as súas voces fondas e gravar profesionalmente. Coñeceron músicos e os cachivches de gravación de son e vídeo, foron anfitrións dun grupo de adultos facendo o seu traballo, foron parte del; de verdade. Todo nun ambiente alegre e relaxado. Queda pendiente ofrecer ao gato un final máis compasivo e mais xusto.
matemáticas
luns, 26 de abril de 2021
Vai o gato metido nun saco!
obradoiros 2. Colares de madeira
obradoiros 1 Trampa para velutinas
escola dende a vida real para a vida soñada 4. Réquiem polo paxariño
a abstracción e a espontaneidade
lección de hoxe
venres, 2 de abril de 2021
escola dende a vida real para a vida soñada (2) Gran sorteo!
escola dende a vida real para a vida soñada (1)
Non todas as crianzas se implican neste
venres, 5 de marzo de 2021
portas abertas
En Taboexa adoitamos ter sempre as portas abertas, porque nos gusta fluir co exterior, o aire que entra e as persoas que traen novos aires, pero neste caso, xa imaxinades, falamos de que o período de solicitude de admisión está en curso e por tanto podedes vir coñecer os espazos e a mestra, saber dos seus criterios pedagóxics e do proxecto Educativo do Centro.
Resistimos un curso máis neste recuncho de luz, preservando por riba de todo o bienestar da infancia e a súa alegría...e por moitos anos!
Concerta cita en:
cole.taboexa@gmail.com
eei.taboexa@edu.xunta.gal
luns, 22 de febreiro de 2021
a confianza
xoves, 4 de febreiro de 2021
a teima do monte
dame preguiza, vai frio...pero imos igual, non o dubido nen un instante, é precisamente neses intres cando confirmo que non imos ao monte porque disfrute da natureza e o movemento, que tamén, se non porque poderosas razóns pedagóxicas recomendan a natureza como o contexto ideal para que unha crianza desenvolvaas súas potencialidades físicas, emocionais, sociais, e, sí, tamén e xa que logo, intelectuais.
Numerosas voces acreditadas, pedagogos,médicos, psicólogos sosteñen esta tese e, a pouco que un se
venres, 29 de xaneiro de 2021
o vello que pratou a viña ou a maxia dos contos de tradición oral
o orgullo de ser encargada
As pequenas é patente quen son, son o novo alumnado que non coñeciamos; moitas delas acusan unha gran diferencia de madureza e falta de práctica nas dinámicas de grupo por ser novas na experiencia escolar, (moitas delas deixan o niño por primeira vez na súa vida), por tanto, o resto do grupo e a profesora flexibiliza as normas para facilitar a súa familiarización e acomodamiento ao
luns, 18 de xaneiro de 2021
a maleta do avó
Se David poidera ler a etiqueta sabería que esa maleta foi do seu avó e andivo por paises exóticos e afastados da terriña, pero non pode, aínda non lle chegou o tempo de xuntar as letras. O seu avó tampouco pode ler, a él, en troques, o tempo rematoulle cedo de máis, non lle deu nen para coñecer ao neto.
domingo, 17 de xaneiro de 2021
as voltas ao sol
desprovisto de sentido para o neno/a en cuestión e para toda a aula.
martes, 8 de decembro de 2020
Lomloe ou Lei Celáa: moito ruido e poucas noces
Que cada novo goberno cambie a lei educativa denota falta de consistencia da sociedade, provoca cansanzo na poboación e nos profesionais do ensino e impide avaliar o alcance da anterior. Mudamos de lei cada 5 anos mais non damos con tranganillo, pois as cifras sobre resultados educativos, repeticions de curso, absentismo e abndono escolar son das peores de Europa. Pero neste caso debo saudar esta nova lei por revertir certos aspectos especialmente lesivos da LOMCE, a lei que o anterior ministro Wert sacou adiante sen consenso nengún e que levantou importantes protestas de amplos sectores da comunidade educativa.
Ante o ruido mediático e a crispación que levanta esta lei por parte de determinados sectores interesados síntome como profesional do ensino, interpelada a explicar ou alo menos, ofrecer as miñas interpretacións sobre os puntos máis polémicos da mesma.
sábado, 14 de novembro de 2020
no tempo elástico agroman as árbores en Taboexa
Así que, todos os venres da era confinada eu, a
sábado, 7 de novembro de 2020
desafíos extremos
Porqué non facelo por él sendo a tarea tan árdua?
Por impulsar a súa autonomía?, Evidentemente o esforzo de non ofrecer demasiada axuda estimula a súa competencia, e tamén a consciencia dela, polo tanto, ganancia extra: Autoestima, mira profe, yo solito! Pero esta vez a contemplación da batalla responde máis ben a
qué debe facer a escola infantil polas crianzas?
aos seus compañeiros (evoco a imaxe dos cachorros de león a brincar rodando polo monte abaixo) e comparten material e xogos. Así, a través da relación co medio -e isto abrangue cousas e persoas- e impulsadas pola súa programación innata, coa ferramenta mental e corporal da que foron dotados, é como constrúen a súa sique e o seu mundo físico, emocional e cognitivo. Non hai atallos. Veñen á escola nomeadamente para iso,
xoves, 11 de xuño de 2020
Montescola Taboexa
Como queira que nunca a satisfacción é completa, a alegría e realización profesional que sinto ao velos xogar, brincar, gozar no monte, en definitiva, medrar sans, é opacada pola dúbida acerca de se é ou non seguro ter feito este chamamento (privado) aos encontros ao ar libre.A Montescola de Taboexa reúne unha manchea de crianzas no que chamamos Fonte da Moura (da Cabreira), un espazo do Monte Comunal, acondicionado pola colaboración entre Escola, Concello e Comunidade de Montes dende hai uns anos, cando a Moura deixou alí a primeira mensaxe, o primeiro agasallo, o primeiro engado







