luns, 2 de maio de 2022
Xornadas de traballos comunitarios na Fonte da Moura
entre as 10 e as 11
luns, 4 de abril de 2022
Chega a Primavera cargada de agasallos para nós.
A Fada da Primavera sae do seu acubillo invernal e nos convida a ir á Carballeira do Candón na procura dos carballos e aveleiras recén gromados. Alí, entre a silvardeira, as hedras e o musgo, nos observa a cabeza abandoada da moneca, que nos dá medo e risa ao mesmo tempo. Alí rubimos o carballo deitado, exploramos o regato Lodeiro e, en fin, pasamos un bó rato na fraga.
O Mercurio de Taboexa, unha historia de 2.000 anos
luns, 21 de marzo de 2022
Rosalía en Taboexa
respectar os ritmos
plastilina caseira
mércores, 19 de xaneiro de 2022
152 mandarinas
En realidade ese día ia facer a avaliación (que preguiza) pero as mandarinas impuxéronse, pesámolas, contámolas (profe ata onde chegan os números?), debuxámolas, fixemos zume (hai que
a importancia do movemento(2). O equilibrio
As multiples experiencias de movemento que ser
repetiron durante o primeiro ano, proporcion ao
xoves, 13 de xaneiro de 2022
a importancia do movemento(1)
domingo, 9 de xaneiro de 2022
a-ventura do gato metido nun saco
proposta chegou cargada de ilusión e promesas, houbo ensaios alegres, protestas do noso gato pelao, as visitas de Segundo e os da Roda, houbo debuxos e teatros, houbo tantas cousas que cando por fin nos entregan o libriño fixemos unha pequena festa co exalumnado, coas familias, con Mina, con Xerardo de Ponte nas Ondas, e ate parece que daba pena que
silencio, se juega
subir ao faiado con Santi
martes, 4 de xaneiro de 2022
Mari e as bufandas
Aquel día chegou Mari cargada con bufandas para todos e simpatía a desbordar, o entusiasmo natural dascrianzas fixo o resto, a xenerosidade da señora topou unha manchea de crianzas que mesmo sen coñecela foron quen de dar sentido ao encontro. A verdade é que as bufandas coas súas cores divertidas e caóticas, son preciosas e eles as locen con gallardía, Mari, a partir de hoxe es amiga da
martes, 28 de decembro de 2021
as voltas ao sol ou a celebración do cotiá
luns, 18 de outubro de 2021
seguimos co ritmo tranquilo
o helicóptero
e comezamos con paso firme!
xa estamos todas!
Os meniños de anos anteriores ben coñecen a Mouri, a súa historia, que a súa nai, a Moura de
luns, 13 de setembro de 2021
Imos!!
mércores, 9 de xuño de 2021
Co fin de Curso chega a Montescola a Taboexa
O ano pasado foi unha necesidade, desconfináronnos pero non reiniciaron as aulas, cómo é posible se as crianzas devecen por verse, e a profe por velas?, pois tirámonos ao monte. Co apoio e a confianza das familias disfrutamos varias semanas da escola do monte, foi todo un descubrimento. O que levaba anos rondándo a cabeza fíxose realidade empuxado pola pandemia. Este ano quería repetir, logo viñeron os medos, que isto da Montescola é moi canso, que este ano son máis, que é un grupo máis dificil ....os pretextos de sempre que nos atrapan na zona de confort.
por fin, Mercurio!
As crianzas entenden as razóns,-porque as crianzas sempre comprenden co corazón o que ás veces non entenden coa mente-, pero non así Moura, que, furiosa, rapta á Mouri, a súa filla, e temos que andar polo monte días e días seguindo pistas ata rescatala,
mércores, 26 de maio de 2021
as flores silvestres
As flores silvestres sedúcennos con esa feitura perfecta e fermosísma, arquitectura botánica eficaz e necesaria pra a vida, elas preguntan, profe,como se chamaesta flor,e a profe non sabe moitas, pero procura axuda e é cando chega Alejandra e acompáñanos á Fonte da Moura, e xa mesmo ao saír topamos a bolsa do pastor, pola costa arriba asoman o llantén, o pampullo e o dente de león, e na fonte a árnica promete a súa chegada sen demora, o xunco e o troque, pero todo o tempo miramos e míranos a ortiga morta, aut´ntico descubrimento para todas pola súa feitura fermosa e
martes, 25 de maio de 2021
En Maio Moura reclama a Mercurio, comeza a aventura final!
Maio trae flores e as flores traen o Maio,a celebración da primavera que nos vincula co máis atávico do noso ser comunitario, e o Maio trae a Moura reclamando a Mercurio, e nós tratando de contentala cunha figura...e ven Moura ao cole, e deixa as súas pegadas negras de todos os anos, e deixa unha nota amorosa prometendo aventuras polo monte, comeza o final, e estamos preparadas para xogar con Moura, visitar o Coto Morgallón, os Muíños da Edreira, a Carballeira do Candón, o barrio do Mouro, o Coto de Altamira, na procura de
luns, 24 de maio de 2021
e foi o gato
E viñeron os de Ponte nas Ondase os de A Roda, e ese día experimentaron a e mocion de escoitar as súas voces fondas e gravar profesionalmente. Coñeceron músicos e os cachivches de gravación de son e vídeo, foron anfitrións dun grupo de adultos facendo o seu traballo, foron parte del; de verdade. Todo nun ambiente alegre e relaxado. Queda pendiente ofrecer ao gato un final máis compasivo e mais xusto.




