...ou a escola nace no monte....tanto ten,o que sí sabemos de certo é que facemos parte da Natureza malia que ás veces estamos tentados a pensar que a humanidade é tan competente e tan avanzada, que poderíamos vivir sen ela, entón agroman as modernas doenzas...déficit de atención, estress, depresión, obesidade, avitaminose...xa aplicadas ás crianzas, tristemente.
A vinculación das crianzas coa natureza é notoria, nela,cada persoa atopa o estímulo exacto para a súa necesidade, podes correr ou descansar, subir a unha pedra grande ou pequena,xogar cun pau ou coa auga, observar asmaravillas de animais e prantas ou a do ceo , regresamos ao cole sempre,despois dos nosos paseos polo monte,mais contentos, e mais calmados.
Este ano, o grupo de voluntariado de As Neves colabora con nós nesta vocación de mirar hacia o monte que ten a Escola de
Taboexa e nos está axudando a adecentar a área da Fonte da
Moura (onde lea peiteo os cabelos con peite de Ouro e deixa mensaxes para as crianzas) para facer
sábado, 15 de decembro de 2018
domingo, 9 de decembro de 2018
o interminable encanto da liña recta
...e o seu inevitable e gozoso final: a destrucion feliz da obra propia obra feita porque sí, porque me peta e me da a gana, e sen sabelo ninguén estou a practicar nocións de xeometría euclidiana, así como
martes, 4 de decembro de 2018
Vai pasando o Outono
Vai pasando Outono por Taboexa e vai espallando sensacións por todas nós,sensacións sabedoiras de castañas asadas, de sopa de cabaza, de biscoito millo, de infusión de menta e galletas de espelta, sensacións extrañas de ir coñecendo de a pouco cómo é a vida escolar, e cómo nos imos sentido maiores e pequechos nela, sensacións de comodidade e confianza cando todos e todas imos topando o noso espazo onde sentirnos libres de ser , de facer ou non, de dicir ou non, pero de ser o que un é.
sábado, 20 de outubro de 2018
Xuntas por San Mateo
Estaba previsto que a Escola de San Mateo engrosara discretamente a lista das 10 escolas unitarias que pecharon este curso, e das case 200 que levan pechado nestes últimos 10 anos, pero os burócratas ignorantes, imbéciles e escuros foron torpes ao prometer á lixeira e ao minusvalorar o tesón da que tiña sentada en fronte: A Comunidade escolar de San Mateo, arroupada pola veciñanza, a cidadanía e, a Administración Local. Non contaban cun grupo de pais e nais firme e decidido a pelexar por unha atención escolar de calidade para as súas crianzas. Porque sí, porque a merecen, porque a pagamos cos nosos impostos, porque só as escolas de cercanía ofrecen a atención adecuada ás crianzas máis pequenas, porque non é certo que sexan mais caras que os centros masificados,
xoves, 11 de outubro de 2018
hai hoxe un ano...

Xa o sol deu unha volta arredor de
nós dende aquela noite de susto bermello. Mesmo así nos nosos xogos o monte sege
a arder unha e outra vez, arden as casas e o cole, arde o planeta enteiro e no
mesmo minuto apagamos todo; os lumes mundiais quedan controlados, sofocados e
apagados con solo nós dicilo con palabras, que para iso aprendimos dos
brigadistas, da motobomba e do helicóptero de extinción.
E así xogando un día tras outro exorcizamos os monstros
bermellos, e cun bico agarimoso durmimos tranquilas porque non vai a
arder de novo, pero ao día seguinte xogamos de novo a
domingo, 7 de outubro de 2018
A incorporación da crianza ao mundo escolar. O periodo de adaptación
| que roda mais grande temos este curso! |
Un gran emprendemento para un ser pequeno. A meniña que compartía todo ou case todo o seu tempo coa
familia nunha posición de protagonismo pasa a formar parte dun contexto social
onde os seus pais e familiares non participan de forma protagonista. O meniño
aceptar soltar a man da nai e quedar nun espazo novo con persoas descoñecidas,
comeza a construir a súa vída “independente” do papá e a mamá á construir
relacións en termos de
luns, 18 de xuño de 2018
Na procura da Moura ou como superar atrancos e acadar as nosas metas
No xogo da Oca, como na vida, avanzamos cara as nosas metas con determinación e alegría, agradecendo as axudas e superando con afouteza os atrancos, asi entón imos na procura da Moura, ela está na súa cova agardando para compartir o seu tesouro con nós, as curuxas do faiado vannos axudar, saímos do cole e refrescámonos na fonte da Moura, paseamos por diferentes espazos da nosa contorna: O barrio do Mouro, Os Muíños da Cabreira, O Coto Morgallón…Os animais do monte axúdannos tamèn, protéxennos e acompáñannos. Cando topamos un petroglifo, bravo! pois saltamos dun a outro (sen pisalos), pero cando topamos un achado do Castro, ohhh!, quedamos un turno sen tirar, pois hai que ir levalo ao Museo. Entramos no túnel e saímos polo pozo e viceversa. Pasamos polo Lugar do Mouro, polo Castro de Altamira, …coidado!, se pranta lume o monte teremos que comezar de novo!...Topamos o tesouro, estamos cerca, Moura agarda por nós con aloumiños e agasallos para todas, para todas as crianzas, as súas amigas!
Resolto o caso dos monecos desaparecidos
da Moura propondo unha serie de condicións para a
mércores, 23 de maio de 2018
O valor trascendental dunha manchea de avelás-
As avelás foron un agasallo de
amigos, veciños anónimos que son tocados
pola simpatía auténtica destas pequenas criaturas.
O abridor das avelás víu de
Portugal, non foi doado topar un artefacto para abritr avelás que
domingo, 15 de abril de 2018
Ben ou mal?
luns, 9 de abril de 2018
Matemàticas ao redor de nós.
Imos de excursiòn, Mouri fuxìu e imos na sùa procura,
levamos asmandarinas para merendar e compartir con ela. Non està, mais a pena èpouca, gùstanos tanto estar no monte que disfrutamos arreo na fonte e nos camiños, comemos
Maxinando escolas
domingo, 25 de febreiro de 2018
Portas abertas curso 2018/2019
E despois doutra volta paseniño ao redor do Sol, a caròn dos piscos e as curuxas, medrando á par dos carballos e as margaridas, na Escola Pùblica de Taboexa abrimos novamente às portas para dar a coñecer o noso proxecto cara ao curso vindeiro para as crianzas de 3 a 6 anos: Acompañamento e guìa respectuosa no máxico camiño de crecemento persoal dos meniños e meniñas.
Ven coñecernos!
Estamos en As Neves, Pontevedra.
O prazo de inscriciòn abrangue do 1 ao 15 de Marzo, concerta unha cita no 618849998 e estaremos encantadas de recibirte e compartir.
https://www.youtube.com/watch?v=SAAblWR0bKg&feature=youtu.be
Ven coñecernos!
Estamos en As Neves, Pontevedra.
O prazo de inscriciòn abrangue do 1 ao 15 de Marzo, concerta unha cita no 618849998 e estaremos encantadas de recibirte e compartir.
https://www.youtube.com/watch?v=SAAblWR0bKg&feature=youtu.be
martes, 6 de febreiro de 2018
Rosaura e as peras-ourizo
E Érase que se era uns nenos e nenas que hoxe
disfrutaron coa arte culinaria de Rosaura e os
Imbolc ou o anuncio da primavera
luns, 18 de decembro de 2017
unha simple mesa
Sò unha simple mesa, baixiña e silenciosa en medio da algarabìa infantil, parece que non di nada, mais, se facemos silencio total e arrimamos a cariña sentiremos a sùa mensaxe.
Hai moitos anos unha àrbore liberou o seu froito, un ourizo pinchudo con tres irmàns, e a do medio tivo sorte e prendeuse na terra alimentándose dela, do sol e da chuvia medrando e medrando e cando pasaron moitos minutos, horas, dias, meses e anos a castaña do medio era unha arbore grande e maxestuosa, un castiñeiro xeneroso e abundante que liberaba castañas para todas as persoas, para os animais do bosque e para que as medianas deran en converterse en novos
Hai moitos anos unha àrbore liberou o seu froito, un ourizo pinchudo con tres irmàns, e a do medio tivo sorte e prendeuse na terra alimentándose dela, do sol e da chuvia medrando e medrando e cando pasaron moitos minutos, horas, dias, meses e anos a castaña do medio era unha arbore grande e maxestuosa, un castiñeiro xeneroso e abundante que liberaba castañas para todas as persoas, para os animais do bosque e para que as medianas deran en converterse en novos
luns, 27 de novembro de 2017
lumes nunca mais (3/3) Grazas!
Ai, que ben o pasamos o sábado!sentir que estabamos unidos por unha causa comùn, todos e todas empurrando para defender a nosa natureza, e que estabamos contentos porque puñamos o noso gran de area para que as cousas saìran ben.
Pola mañán, no Centro Cultural, crianzas e adultas sementamos case 200 carballos e desfrutamos do concerto de LIKE A VERSION con vermut, e moi a gusto entre bromas e
venres, 24 de novembro de 2017
lumes nunca mais (2)
Cando mago Marco me contou da sùa disposiciòn para facer unha actuaciòn para recaudar fondos para paliar os estragos dos lumes na nosa terra sentìn que me caìa enriba unha tarefa grande e que non tiña ganas de acometela, cansancio e desànimo, pero, còmo despreciar a xenerosidade dunha persoa querida polo cole?. De modo que, despois de pasado o susto, o apoio entusiasta das mamàs deume folgos, e a reacciòn tan entregada de Raquel Queizàs (outra artista querida do cole) rematou de disparar o proxecto. O centro Cultural de Taboexa e a Asociacion Veciñal unìronse tamèn
mércores, 25 de outubro de 2017
Diàlogo corpo-obxectos
A profesora mira porque o entorno do pequeño sexa rico en
materiais desestruturados (a poder ser materiais nobres, amables coa natureza
infantil), e cede o espazo e o tempo para que o pequeno, sò ou en compañía, reciba,
a través do tacto, a información sobre os diferentes obxectos , a relación entre o tamaño, a forma o peso,a
textura, o material do que està feito, o
efecto da sùa acción sobre eles, e as potencialidades dos mesmos .
Asi constrúen unha torre con bloques de madeira e
experimentan o peso e a relación entre peso, tamaño e forma, experimentan a verticalidade e
o equilibrio, a suma de elementos, a taves do
Ler e escribir, cando? Què di a neurociencia?
| exercicio de lectoescrita |
Ela cando salta, ri!
lumes nunca mais!
Querida Moura:
Estamos preocupadas por tì, sabemos que ardeu ata a porta da
tùa cova, debeches de pasar moito medo, igual que a rola, a curuxa e o pardal, sentìmonos apenados, cheos de cansancio e rabia, nos, tan apegados à
natureza, tan cercanos as pequeñas floriñas que medraban entre as àrbores, tan
atentos as pegadas dos animais que viven no monte e que às veces nos deixaban
mensaxes de cariño e simpatía e xogaban con nòs às agachadas, a topar os
petroglifos ou o tesouro que con agarimo deixabas para nòs cada
xoves, 13 de xullo de 2017
doces despedidas
Despedìmonos . Uns ata setembro e outros ata mais ver,non se sabe, se cadra a próxima vez que nos vexamos xa me sobrepasan en altura ou me cruzo cun adolescente que simula non coñecerme, non importa, o que se entregou queda dentro.
È unha verdadeira despedida despois de 3 cursos xuntos dìa a
dìa compartindo momentos de risas, de
esforzos, de superación e de acompañamento
Cando vexo para eles non sei se me sinto profesora, mamá ou
amiga, e
mércores, 19 de abril de 2017
e neste cole cando se estudia?
vacaciòns de primavera!
actividade moi bonita e acompañadas de compañeiros que habìa tempo que non tiñamos con nos. Viñeron Maëlle, Lùa, Freixa e Manel, que alegrìa ter unha roda tan grande. Bea (e Lila), a mamá de Maia acompañounos e dirixìu a actividade central do dìa: pintar ovos, foi un dìa plàcido e creativo, rematado cun xantar compartido coas familias, e con mais alumnas doutros anos: Larua e Abraham, sentìn esa mañan que se respiraba paz e alegrìa .
Venme este pensamento à cabeza porque as visitas imprimen un aquel de tensiòn na aula, è
unha presencia nova para o alumnado e, para
martes, 4 de abril de 2017
antes da primavera hai que aboar as froiteiras
E alá fomos a casa de Angel, a botarlle unha man co abono, pero antes deunos a merenda, como disfrutamos dese zume de laranxa debaixo da laranxeira que nolo agasallou!, E ben merecido que foi, pois traballamos arreo co tractor, vaia experincia! Què facil é velos disfrutar!
Grazas as familia que participan do proxecto escolar e a sùa filosofìa!
Grazas as familia que participan do proxecto escolar e a sùa filosofìa!
nosas amigas as cabriñas
...amigas de Mouri, nomeadamente.
Cando sentìu falar a Santi das cabriñas que naceran fuxìu do cole mesmo sen os zapatos!, e nos detràs dela, encantadas de visitar as cabras de Santa Cristina, què boa oportunidade para pasear polas fragas de Taboexa, para probar as laranxas do camiño, descansar à sombra dos carballos e, claro, recuperar a Mouri e darlle o bibe as Cabras.
Que sorte teñen as crianzas de ter unha vivencia escolar tan amable e tan apegada à Natureza e à Vida, e que sorte temos nos de andar arredor delas e nutrirnos asì da sùa maxia.
Cando sentìu falar a Santi das cabriñas que naceran fuxìu do cole mesmo sen os zapatos!, e nos detràs dela, encantadas de visitar as cabras de Santa Cristina, què boa oportunidade para pasear polas fragas de Taboexa, para probar as laranxas do camiño, descansar à sombra dos carballos e, claro, recuperar a Mouri e darlle o bibe as Cabras.
Que sorte teñen as crianzas de ter unha vivencia escolar tan amable e tan apegada à Natureza e à Vida, e que sorte temos nos de andar arredor delas e nutrirnos asì da sùa maxia.
ir a neve
luns, 6 de marzo de 2017
A escola e o papel da mestra
Respecto polas
persoas
A escola è un lugar e un tempo onde as persoas se respectan
e se tratan ben, hai un ambiente de confianza e cariño entre todos/as. Por ser
pequenos de idade non merecen os nenos/as menos respecto que calquera persoa
Confianza nos
nenos/as e respecto e admiración polo seu momento evolutivo
A mestra confía na capacidaes dos seus alumnos/as, sabe e
sinte que o neno/a vai desenvolvendo en
cada etapa da sùa vida, habilidades, vocaciòns e intereses que responden à sùa
evolución, non tratamos de apurar fases, sabe e sinte que o neno/a ten una
forza interior que o leva a querer aprender en cada momento, aquilo que està
preparado para aprender.
mércores, 1 de marzo de 2017
portas abertas EEI Taboexa
A Escola Infantil de Taboexa abre as sùas portas para mostrar o proxecto educativo que atesora. Estaremos encantadas de recibir a vosa visita previa cita no 618 849 998. Lembrade que o prazo de inscriciòn para o vindeiro curso remata o 20 de marzo!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)





