luns, 26 de abril de 2021
Vai o gato metido nun saco!
obradoiros 2. Colares de madeira
obradoiros 1 Trampa para velutinas
escola dende a vida real para a vida soñada 4. Réquiem polo paxariño
a abstracción e a espontaneidade
lección de hoxe
venres, 2 de abril de 2021
escola dende a vida real para a vida soñada (2) Gran sorteo!
escola dende a vida real para a vida soñada (1)
Non todas as crianzas se implican neste
venres, 5 de marzo de 2021
portas abertas
En Taboexa adoitamos ter sempre as portas abertas, porque nos gusta fluir co exterior, o aire que entra e as persoas que traen novos aires, pero neste caso, xa imaxinades, falamos de que o período de solicitude de admisión está en curso e por tanto podedes vir coñecer os espazos e a mestra, saber dos seus criterios pedagóxics e do proxecto Educativo do Centro.
Resistimos un curso máis neste recuncho de luz, preservando por riba de todo o bienestar da infancia e a súa alegría...e por moitos anos!
Concerta cita en:
cole.taboexa@gmail.com
eei.taboexa@edu.xunta.gal
luns, 22 de febreiro de 2021
a confianza
xoves, 4 de febreiro de 2021
a teima do monte
dame preguiza, vai frio...pero imos igual, non o dubido nen un instante, é precisamente neses intres cando confirmo que non imos ao monte porque disfrute da natureza e o movemento, que tamén, se non porque poderosas razóns pedagóxicas recomendan a natureza como o contexto ideal para que unha crianza desenvolvaas súas potencialidades físicas, emocionais, sociais, e, sí, tamén e xa que logo, intelectuais.
Numerosas voces acreditadas, pedagogos,médicos, psicólogos sosteñen esta tese e, a pouco que un se
venres, 29 de xaneiro de 2021
o vello que pratou a viña ou a maxia dos contos de tradición oral
o orgullo de ser encargada
As pequenas é patente quen son, son o novo alumnado que non coñeciamos; moitas delas acusan unha gran diferencia de madureza e falta de práctica nas dinámicas de grupo por ser novas na experiencia escolar, (moitas delas deixan o niño por primeira vez na súa vida), por tanto, o resto do grupo e a profesora flexibiliza as normas para facilitar a súa familiarización e acomodamiento ao
luns, 18 de xaneiro de 2021
a maleta do avó
Se David poidera ler a etiqueta sabería que esa maleta foi do seu avó e andivo por paises exóticos e afastados da terriña, pero non pode, aínda non lle chegou o tempo de xuntar as letras. O seu avó tampouco pode ler, a él, en troques, o tempo rematoulle cedo de máis, non lle deu nen para coñecer ao neto.
domingo, 17 de xaneiro de 2021
as voltas ao sol
desprovisto de sentido para o neno/a en cuestión e para toda a aula.
martes, 8 de decembro de 2020
Lomloe ou Lei Celáa: moito ruido e poucas noces
Que cada novo goberno cambie a lei educativa denota falta de consistencia da sociedade, provoca cansanzo na poboación e nos profesionais do ensino e impide avaliar o alcance da anterior. Mudamos de lei cada 5 anos mais non damos con tranganillo, pois as cifras sobre resultados educativos, repeticions de curso, absentismo e abndono escolar son das peores de Europa. Pero neste caso debo saudar esta nova lei por revertir certos aspectos especialmente lesivos da LOMCE, a lei que o anterior ministro Wert sacou adiante sen consenso nengún e que levantou importantes protestas de amplos sectores da comunidade educativa.
Ante o ruido mediático e a crispación que levanta esta lei por parte de determinados sectores interesados síntome como profesional do ensino, interpelada a explicar ou alo menos, ofrecer as miñas interpretacións sobre os puntos máis polémicos da mesma.
sábado, 14 de novembro de 2020
no tempo elástico agroman as árbores en Taboexa
Así que, todos os venres da era confinada eu, a
sábado, 7 de novembro de 2020
desafíos extremos
Porqué non facelo por él sendo a tarea tan árdua?
Por impulsar a súa autonomía?, Evidentemente o esforzo de non ofrecer demasiada axuda estimula a súa competencia, e tamén a consciencia dela, polo tanto, ganancia extra: Autoestima, mira profe, yo solito! Pero esta vez a contemplación da batalla responde máis ben a
qué debe facer a escola infantil polas crianzas?
aos seus compañeiros (evoco a imaxe dos cachorros de león a brincar rodando polo monte abaixo) e comparten material e xogos. Así, a través da relación co medio -e isto abrangue cousas e persoas- e impulsadas pola súa programación innata, coa ferramenta mental e corporal da que foron dotados, é como constrúen a súa sique e o seu mundo físico, emocional e cognitivo. Non hai atallos. Veñen á escola nomeadamente para iso,
xoves, 11 de xuño de 2020
Montescola Taboexa
Como queira que nunca a satisfacción é completa, a alegría e realización profesional que sinto ao velos xogar, brincar, gozar no monte, en definitiva, medrar sans, é opacada pola dúbida acerca de se é ou non seguro ter feito este chamamento (privado) aos encontros ao ar libre.A Montescola de Taboexa reúne unha manchea de crianzas no que chamamos Fonte da Moura (da Cabreira), un espazo do Monte Comunal, acondicionado pola colaboración entre Escola, Concello e Comunidade de Montes dende hai uns anos, cando a Moura deixou alí a primeira mensaxe, o primeiro agasallo, o primeiro engado
luns, 13 de abril de 2020
qué pode facer a Escola polas crianzas?
afectacións psicolóxicas importantes e o mundo do ensino preocupado en non perder nivel académico, facendo ver que é posible seguir o ritmo das aprendizaxes como se non pasara nada, só porque temos (quen teña) ordenador e acceso a Internet …
mércores, 1 de abril de 2020
Linguaxe e movemento (4) Hitos de madurez para a lectoescrita
Linguaxe e movemento (3) Os xogos de dedos
mércores, 25 de marzo de 2020
Linguaxe e movemento (2). A linguaxe
Cando falamos emitimos moitas mensaxes mási alá da mensaxe lingüistica expresa na nosa
intervencións, son sinais subliminais relacionadas coa articulación, a
pronuncia, a entonación e o xesto, que tamén chegan ao interlocutor e inciden
nel expresendo o sentir do emisor e tamén o que o emisor agarda do oínte. Isto ten que ver con cómo llesfalamos ao neno/a, qué incidencia ten na súa psique o noso
xeito de dirixirnos a el/ela e cómo ,a traves da nosa linguaxe podemos axudarlle
a medrar mais san e competente. Moi interesante este aspecto pero non é o que veño
a tratar aquí. Se queredes profundizar sobre él ao final hai un enlace a un
vídeo de Tamara Chuvarovsky que suscribo practicamente todo, ademáis, é moi
ameno.luns, 23 de marzo de 2020
Linguaxe e movemento (1) O movemento
O confinamento ofreceume a ocasión de profundizar las teorías de Tamara Chuvarovsky, pedagoga terapèutica e mestra de Infantil pola Pedagoxía Waldorf. Hai anos que coñezo as súas teses e os seus xogos de dedos, pero agora toca aprender e
comprender mais a fondo.práctica educativa na meirande parte dos centros segue a sentar ás crianzas diante de fichas
sábado, 21 de marzo de 2020
unha manchea de noces
#euficonacasa
dúbidas sobre canto vai durar e, sobre todo, cómo será o mundo despois desta "apocalipsie", se aprenderemos algo sobre nós mesmos, ou sobre a parte de todos que habita en cada un de nos, sobre o valor do tempo, o valor do común, sobre o que é importante, sobre a Natureza da que estamos feitos...en fin, pensamentos que todos temos nestes días supoño.
Pero este espazo non está feito para as miñas
martes, 11 de febreiro de 2020
portas abertas na escola de Taboexa
Adoita ser despois das vacacións de Inverno que o grupo se cohesiona e todas nos acomodamos entre nos formando unha nova unidade que nos inclúe, cada ano muda, cada ano ten diferentes compoñentes. Chega Imbolc coa súa promesa de primavera e séntese na Escola esa estabilidade do grupo que se coñece, comprende e respecta. Pero, non nos podemos regodearnos nese pracer, Hai que prepararse para o curso próximo en febreiro!!!, uf, é raro e artificial, pero , en fin, cousas do sistema deseñado para os macrocentros con prcesos de matrícula moito mais complexos que os nosos. E as Unitarias réxense absurdamente por ese mesmo sistema, en fin , A Burocaracia.
En definitiva, que o prazo de solicitude de admisión para a EEI Taboexa vai dende o 1 ao 20 de Marzo e, para que as familias interesadas poidan coñecer a escola e informarse sobre filosofía de traballo, actividades, metodoloxías, etc, concértase unha reunión na Escola de Taboexa o mércores 4 de Marzo ás 16.30. Recoméndase inscribirse previamente no correo do cole: eei.taboexa@edu.xunta.es.
Agardámosvos cos abrazos abertos!
video sobre o cole
xoves, 30 de xaneiro de 2020
escola de familias I

O pasado mércores 29 de xaneiro reunímonos ás familias de Taboexa e Rubiós para compartir a que sería a primeira reunión da Escola de Familias. Concretamente esta versou sobre o tema de intelixencia emocional. En base a isto comentar unhas pequenas reflexións que xurdiron ó longo da xornada.
A evidencia empírica demostra os grandes beneficios da intelixencia emocional xa que ó contrario que o CI ésta si que axuda a alcanzar o éxito na vida e non só a nivel profesional senón no día a día e dicir, axúda a
á felicidade








