Así que, todos os venres da era confinada eu, a
sábado, 14 de novembro de 2020
no tempo elástico agroman as árbores en Taboexa
A pandemia deixa ao seu paso dor e sufrimento, non se obvia ese aspecto, faltaría máis, non son unha inxenua, pero o confinamento da pasada primaveira deixou tamén grandes oportunidades para vivir o tempo dun xeito xa case esquecido na nosa sociedade occidental, sí, a do benestar...o confinamento da pasada primaveira forzounos a parar o activismo absurdo e descontrolado e a descubrir no fondo do silencio e a calma, un pouquiño máis, a nos mesmos.
sábado, 7 de novembro de 2020
desafíos extremos
O ano pasado era Area a poñer o calcetín no pé e este ano é David introducindo a súa roupa mollada de pis nunha bolsa de plástico para levar a casa a lavar. As dificultades que ten que encarar son moitas, só nos facemos unha idea cando o observamos. Cando contemos o impulso de facer as cousas polas crianzasl e permanecemos canda éles observando, sen ansiedade e con amor, aprendemos todos. Aprende él e aprendo eu. nun par de minutos, unha gran lección para ambolosdous, o día está gañado, a xogar.
Porqué non facelo por él sendo a tarea tan árdua?
Por impulsar a súa autonomía?, Evidentemente o esforzo de non ofrecer demasiada axuda estimula a súa competencia, e tamén a consciencia dela, polo tanto, ganancia extra: Autoestima, mira profe, yo solito! Pero esta vez a contemplación da batalla responde máis ben a
qué debe facer a escola infantil polas crianzas?
En medio do caos, a confusión, a apatía e a desesperanza, hai un espazo cheo de luz en Taboexa, ali unha manchea de pícaras transitan polo tempo escolar coa alegría que lles é natural. Como non pode ser doutro xeito achéganse canto queren
aos seus compañeiros (evoco a imaxe dos cachorros de león a brincar rodando polo monte abaixo) e comparten material e xogos. Así, a través da relación co medio -e isto abrangue cousas e persoas- e impulsadas pola súa programación innata, coa ferramenta mental e corporal da que foron dotados, é como constrúen a súa sique e o seu mundo físico, emocional e cognitivo. Non hai atallos. Veñen á escola nomeadamente para iso,
aos seus compañeiros (evoco a imaxe dos cachorros de león a brincar rodando polo monte abaixo) e comparten material e xogos. Así, a través da relación co medio -e isto abrangue cousas e persoas- e impulsadas pola súa programación innata, coa ferramenta mental e corporal da que foron dotados, é como constrúen a súa sique e o seu mundo físico, emocional e cognitivo. Non hai atallos. Veñen á escola nomeadamente para iso,
xoves, 11 de xuño de 2020
Montescola Taboexa
Como queira que nunca a satisfacción é completa, a alegría e realización profesional que sinto ao velos xogar, brincar, gozar no monte, en definitiva, medrar sans, é opacada pola dúbida acerca de se é ou non seguro ter feito este chamamento (privado) aos encontros ao ar libre.A Montescola de Taboexa reúne unha manchea de crianzas no que chamamos Fonte da Moura (da Cabreira), un espazo do Monte Comunal, acondicionado pola colaboración entre Escola, Concello e Comunidade de Montes dende hai uns anos, cando a Moura deixou alí a primeira mensaxe, o primeiro agasallo, o primeiro engado
luns, 13 de abril de 2020
qué pode facer a Escola polas crianzas?
afectacións psicolóxicas importantes e o mundo do ensino preocupado en non perder nivel académico, facendo ver que é posible seguir o ritmo das aprendizaxes como se non pasara nada, só porque temos (quen teña) ordenador e acceso a Internet …
É hipócrita pretender que co precario manexo que docentes e
alumnado temos das ferramentas tecnolóxicas , poidamos realizar unha docencia
eficaz. Así moitos colegas están agotados nunha carreira que perden todos.
É obsceno centrar a preocupación no nivel académico diante
da traxedia social que estamos vivindo e a que nos agarda.
E sería unha verdadeira mágoa, non ver o que este
confinamento ofrece ao mundo do ensino, a
mércores, 1 de abril de 2020
Linguaxe e movemento (4) Hitos de madurez para a lectoescrita
As crianzas non deberían ser sometidas ao ensino sistemático
da lectoesrita ata que os órganos que interveñen nela estiveran suficientemente
maduros. Parece unha obviedade, e o é, entón, por qué observamos con
desacougo como en tantas escolas forzan
a aprendizaxe da lectoescrita, impoñéndoa prematuramente , causando danos da
fisioloxía implicada e na motivación, aspecto tan necesario para a
aprendizaxe?. Se cadra polas presas desta sociedade para conseguir todo rápido?
(que acaído este parón do coronavirus para ver que nda é tan urxente!), qué
culpa teñen as nosas crianzas das nosas neurosis colectivas? Cómo é posible se
se lles estea a danar querendo cre que se lles está beneficiando? Por favor un
pouco de reflexión e honestidade!.
As crianzas non
deberían ser sometidas ao ensino sistemático da lectoescrita ata que os órganos
que interveñen nela estean suficientemente maduros. E cando están maduros?
Estímase que ao
Linguaxe e movemento (3) Os xogos de dedos
Os xogos de dedos son pequenas rimas acompañadas dunha
coreografía de motricidade das extremidades superiores, espcialmente mans e dedos. Estes xogos, combinando sons e movementos, impulsan a madurez do Sistema Nervios Central. Unha rima
de apenas un minuto pode ter múltiples funcións: centrar, activar a memoria, a
atención, a coordinación, a linguaxe, os vínculos e o contacto co medio,
ademais de aportar ledicia, benestar e autoestima.
Os xogos de dedos son actuacións que facemos para as
crianzas convidándolles a que nos imiten. Eles son expertos imitadores, de
feito a
mércores, 25 de marzo de 2020
Linguaxe e movemento (2). A linguaxe
Cando falamos emitimos moitas mensaxes mási alá da mensaxe lingüistica expresa na nosa
intervencións, son sinais subliminais relacionadas coa articulación, a
pronuncia, a entonación e o xesto, que tamén chegan ao interlocutor e inciden
nel expresendo o sentir do emisor e tamén o que o emisor agarda do oínte. Isto ten que ver con cómo llesfalamos ao neno/a, qué incidencia ten na súa psique o noso
xeito de dirixirnos a el/ela e cómo ,a traves da nosa linguaxe podemos axudarlle
a medrar mais san e competente. Moi interesante este aspecto pero non é o que veño
a tratar aquí. Se queredes profundizar sobre él ao final hai un enlace a un
vídeo de Tamara Chuvarovsky que suscribo practicamente todo, ademáis, é moi
ameno.luns, 23 de marzo de 2020
Linguaxe e movemento (1) O movemento
O confinamento ofreceume a ocasión de profundizar las teorías de Tamara Chuvarovsky, pedagoga terapèutica e mestra de Infantil pola Pedagoxía Waldorf. Hai anos que coñezo as súas teses e os seus xogos de dedos, pero agora toca aprender e
comprender mais a fondo.
É tedioso, cansado e desmoralizante ter que estar permanentente xustificando o
porqué dunha proposta educativa diferente da convencional. Os últimos avances
científicos (neurociencia) avalan a acción pedagóxica baseada no xogo, as
emocións e o movemento. Mesmo as indicacións oficiais (currículo de Infantil, 1)) o
fan. Máis a
práctica educativa na meirande parte dos centros segue a sentar ás crianzas diante de fichas
práctica educativa na meirande parte dos centros segue a sentar ás crianzas diante de fichas
sábado, 21 de marzo de 2020
unha manchea de noces
O que unha manchea de noces poden aportar a unha aula de infantil é inabarcabel. Roi ( hoxe foi Roi pero cada día e un diferente, hoxe había unha camara a man, e hoxe a inspiración chamou a porta, pero, por sorte as aportacións son moi variadas e diversas)) entra pola porta do cole todo fachendoso e contento, de súpeto un día normal muda a un día moi especial, por qué? Porque trae unhas poucas de noces para compartir coas amigos e amigas. Compartir, a primeira lección, quizas a máis importante. Importante, Roi síntese importante porque fai
#euficonacasa
Eu tamén fico na casa sobrecollida con esta situación tan inesperada (ou non?) que nos trae moitas
dúbidas sobre canto vai durar e, sobre todo, cómo será o mundo despois desta "apocalipsie", se aprenderemos algo sobre nós mesmos, ou sobre a parte de todos que habita en cada un de nos, sobre o valor do tempo, o valor do común, sobre o que é importante, sobre a Natureza da que estamos feitos...en fin, pensamentos que todos temos nestes días supoño.
Pero este espazo non está feito para as miñas
dúbidas sobre canto vai durar e, sobre todo, cómo será o mundo despois desta "apocalipsie", se aprenderemos algo sobre nós mesmos, ou sobre a parte de todos que habita en cada un de nos, sobre o valor do tempo, o valor do común, sobre o que é importante, sobre a Natureza da que estamos feitos...en fin, pensamentos que todos temos nestes días supoño.
Pero este espazo non está feito para as miñas
martes, 11 de febreiro de 2020
portas abertas na escola de Taboexa
Ai que ritmo trepidante,pero se aínda vimos de empezar este curso!
Adoita ser despois das vacacións de Inverno que o grupo se cohesiona e todas nos acomodamos entre nos formando unha nova unidade que nos inclúe, cada ano muda, cada ano ten diferentes compoñentes. Chega Imbolc coa súa promesa de primavera e séntese na Escola esa estabilidade do grupo que se coñece, comprende e respecta. Pero, non nos podemos regodearnos nese pracer, Hai que prepararse para o curso próximo en febreiro!!!, uf, é raro e artificial, pero , en fin, cousas do sistema deseñado para os macrocentros con prcesos de matrícula moito mais complexos que os nosos. E as Unitarias réxense absurdamente por ese mesmo sistema, en fin , A Burocaracia.
En definitiva, que o prazo de solicitude de admisión para a EEI Taboexa vai dende o 1 ao 20 de Marzo e, para que as familias interesadas poidan coñecer a escola e informarse sobre filosofía de traballo, actividades, metodoloxías, etc, concértase unha reunión na Escola de Taboexa o mércores 4 de Marzo ás 16.30. Recoméndase inscribirse previamente no correo do cole: eei.taboexa@edu.xunta.es.
Agardámosvos cos abrazos abertos!
video sobre o cole
Adoita ser despois das vacacións de Inverno que o grupo se cohesiona e todas nos acomodamos entre nos formando unha nova unidade que nos inclúe, cada ano muda, cada ano ten diferentes compoñentes. Chega Imbolc coa súa promesa de primavera e séntese na Escola esa estabilidade do grupo que se coñece, comprende e respecta. Pero, non nos podemos regodearnos nese pracer, Hai que prepararse para o curso próximo en febreiro!!!, uf, é raro e artificial, pero , en fin, cousas do sistema deseñado para os macrocentros con prcesos de matrícula moito mais complexos que os nosos. E as Unitarias réxense absurdamente por ese mesmo sistema, en fin , A Burocaracia.
En definitiva, que o prazo de solicitude de admisión para a EEI Taboexa vai dende o 1 ao 20 de Marzo e, para que as familias interesadas poidan coñecer a escola e informarse sobre filosofía de traballo, actividades, metodoloxías, etc, concértase unha reunión na Escola de Taboexa o mércores 4 de Marzo ás 16.30. Recoméndase inscribirse previamente no correo do cole: eei.taboexa@edu.xunta.es.
Agardámosvos cos abrazos abertos!
video sobre o cole
xoves, 30 de xaneiro de 2020
escola de familias I

O pasado mércores 29 de xaneiro reunímonos ás familias de Taboexa e Rubiós para compartir a que sería a primeira reunión da Escola de Familias. Concretamente esta versou sobre o tema de intelixencia emocional. En base a isto comentar unhas pequenas reflexións que xurdiron ó longo da xornada.
A evidencia empírica demostra os grandes beneficios da intelixencia emocional xa que ó contrario que o CI ésta si que axuda a alcanzar o éxito na vida e non só a nivel profesional senón no día a día e dicir, axúda a
á felicidade
O informe Delors (UNESCO 1996) recoñece que a educación emocional é
imprescindible
luns, 13 de xaneiro de 2020
O Coto Morgallón
Nunca nos esquecerá ese nome porque designa un lugar ligado ás nosas emocións. É o noso xeito de manter a toponimia. Mírase a cabeleira laranxa de Mouri dende a Fonte da Moura diminuta alá arriba naquel curuto tan alto. Hai voluntarios para ir na súa procura? Claro que sí, a diversidade reparte habioliadades e vocacións para todos. Está lonxe e alta máis, como tantas cousas na vida, paso a paso acabamos por chegar e por recuperar a Mouri. Ledicia por atopala, a satisfacción propia despois dun esforzo recompensado, ou a alegría que da estar nun punto alto da natureza e mirar ao lonxe, tan
domingo, 12 de xaneiro de 2020
auténtico interés
Iso pensei eu cando vin cómo as crianzas se achegaban á táboa de letras recién adquirida. Eles adoran xogar nas colchonetas, brincar e saltar e desparramarse uns contra outros, máis ela estaba ahí enriba da mesa, e silandeira chamaba por eles e viñan e practicaban , parece que o desafío era acertado. é interés real e auténtico. A lectoescrita atrélles, entenden que ser quen de ler e escribir os trasladaría a unha fase superior da súa madurez, unha fase que arelan con deleite.e, ao ver a táboa entenden que lles facilita a escrita correcta, e proban a ver como vai, un anaquiño, e logo voltan á colchoneta a brincar.
Festival de Inverno ou a celebración de Yule
E chegou o solsticio de Inverno, e o Sol nace de novo na Roda do Ano, facendo os días un pouquioño mais longos, e chegan as vacacións (que rápido pasa un trimestre!) e a nosa querencia polas historias e polas dramatizacións lévanos a preparar un plan para sorprender e agasallar ás familias. Elas, que diariamente proveen e dispoñen as circunstancias de vida dos seus fillos, hoxe só teñen que deixarse sorprender. Nas semanas pasadas concentrámonos en ensaiar, en preparar o escenario (que cuco quedou verdade?) ata en preparar o biscoito que fará a nosa actuación aínda máis completa. Todo naceu cunha canción moi popular no cole, adaptámos á ela a historia e os persoaxes, custo cero, (aquí neste cole as ilusión non sepagan con diñeiro). Preparamos un
Mago Marco outravolta con nós
O Festival de Inverno honrouse este ano de acoller o bo facer e a habelencia dun profesional cheo de humanidade. O noso querido benfeitor Mago Marco volveu a inspirarnos coa súa maxia persoal chea de sensibilidade e pericia. Emocionámonos coa forma cercana ,mais non por iso menos profesional, de enlazar trucos con simpatía. Abraiámonos cos sus feitizos imposibles Rimos a cachón co seu espectacular número do mago entre o público. En fin, Mago, non deixes de vir de cando en vez por este recunchiño para facernos soñar un anaco.
Espero que todas as persoas que estaban no público disfrutaran coma nós dun festival pequeno, pero moi grande en calidade profesional e humana.
focalizar a atención
Atendendo á función didáctica da Escola, esa que na Etapa Infantil está tan confusa sen que ningunha autoridade poña orde, (parecera que interesa que nos pelexemos entre nós acerca de cál é a función da escola infantil máis aló dos
sábado, 9 de novembro de 2019
obradoiros
Dende o meu primeiro día de profesión valorei moi en alto a
implicación das familias na vida escolar. Se o cole chega a ser tan importante
na vida das crianzas (demasiado ao meu entender), as familias non se poden
desentender desa realidade. Especiamente na etapa da Educación Infantil, que
supón para aquelas, a primeira separación dos seus adultos de referencia, e o
inicio da construción dunha vida privada. Neste inicio, escola e familia han de
entenderse para facilitar o proceso de desconexión ao meniño/a . Desconexión e
conexión. Conexión con él propio, coa súa identidade, construida e identificada
agora en relación aos iguais.
martes, 29 de outubro de 2019
desafíos invisibles
domingo, 13 de outubro de 2019
reencontros
Hoxe chove a cachón. É raro porque eu me dispuña a escribir a primeira reseña do curso neste altofalante das miñas inquedanzas que é o blog, cun espìritu postvacacional onde se mesturaba a señardade polo verán que despedimos con preguiza, e a ilusión que agroma ao ver cariñas ilusionadas coa volta ao cole. Naqueles días aínda quecía o sol e o corpo tiraba hacia a praia e o río e non hacia o cole, era raro tamén.E nun mes todo mudou, o tempo atmosférico e a miña mente, que xa mira hacia o cole con ilusión e plans a estrenar, e repaso as fotos e resulta que
xoves, 27 de xuño de 2019
despedidas
Despedimonos Moura, agradecendo ás familias a confianza de deixar o mais prezado nas miñas mans, ás crianzas a alegría e o amor entregado a chorros, e a ti, Moura, o alento e a inspiración constantes
para traer cada día novas aventuras ás
nosas vidas, aventuras que nos ciñen máxicamente á terra e á comunidade que nos
acollerá no noso paso polo mundo.o Tesouro da Moura
Si, outravolta topamos o Tesouro, outra vez , xunto co cole de Rubiós procuramos as pistas da Raposa entre petroglifos, fontes, penedos e pozas ate dar coa Raposa.A Raposa Raquel Queizás, que, coma sempre, sabe conectar coas crianzas pondo nelas esa cara de pasmo e espectación cando escoitan as súas historias, deulles a axuda final para o encontro tan ansiado, Mouri, Poké e o tesouro metidos dentro da Cova. Os maiores poñen as botas, pois a cova ten auga no fondo e van recuperar os nosos amigos, topan o tesouro de lambetadas e xoias para todos e topan tamèn a mensaxe
as letras galegas
xoves, 18 de abril de 2019
o pan de millo do Quequé
Pero o día ansiado chegou e non defraudou. Botamos a andar monte arriba con determinación e ...que sorpresa ao ver a Mouri agardando por nós no cruce para axudarnos a cruzar a carretera!
Chegar a casa dos avós de Roi foi unha festa, que excitación! roi non cabía en sí, quería mostranolo todo! Creo que non menos contentos estaban Quequé e Tina, orgullosos de compartir cos amigos do neto unha pequena parte da súa vida. Cantamoslle a canción do Pan de Millo e eles nos convidaron a merendar mentres o pan se cocía no forno de pedra quecido con lume. Qué experiencia mais proveitosa para as crianzas! Qué sorte temos de que haxa Quequés e
Saudamos a chegada da Primavera
O 21 de Marzo sentimos a chegada da Primavera, de Ostara no noso calendario celta, que verdes tan tenros se ven nas puntas das árbores, e cómo os brotes puxan por agromar á vida!. As prímulas nos anuncian que comeza outro ciclo para os seres vivos, da fonda osuridade da Terra a vida esperta buscando as mornas raiolas do Sol, que hai pouco voltou dende o Inverno. Na carballeira do Candón intercambiamos agasallos coa terra, alí deixamos a pegada alegre das crianzas e recibimos pequenos carballiños que serán prantados por nós, en diferentes lugares das nosas aldeas. a avelás en Casa Uma
martes, 12 de marzo de 2019
abusos sexuais na infancia
En torno a un 20% dos nenos e nenas sufren abusos sexuais en España. Dato demoledor, un de cada 5. Pito pito colorito...A maior parte perpetrados por homes do seu entorno cercano. Incomoda ler isto neste espazo tan cheo de dozura e de momentos felices, pero é un acto de responsabilidade sacar á luz un problema (un delito) moi grave e moi común,que en grande parte permanece oculto. Moitos dos nenos/as abusados non son quen de contalo a ninguén, o abuso é reiterado, e xa cando son adultos, nun esforzo desgarrador, falan ou denuncian. Outros moitos non o contarán nunca. As consecuencias sobre a saúde emocional son devastadoras. Debemos aprender a afrontar o asunto e preparar ás crianzas para identificar unha hipotética situación de abuso e reaccionar ante ela.xoves, 28 de febreiro de 2019
portas abertas para o curso que vén

E despois doutra volta paseniño ao redor do Sol, a caròn dos piscos e as curuxas, medrando á par dos carballos e as margaridas, na Escola Pùblica de Taboexa abrimos novamente às portas para dar a coñecer o noso proxecto cara ao curso vindeiro para as crianzas de 3 a 6 anos: Acompañamento e guìa respectuosa no máxico camiño de crecemento persoal dos meniños e meniñas.
Ven coñecernos!
Estamos en As Neves, Pontevedra.
O prazo de inscriciòn abrangue do 1 ao 15 de Marzo, concerta unha cita no 618849998 e estaremos encantadas de recibirte e compartir.
momentos máxicos
Angel está practicando a suma coas regretas Cuisenaire (ollo, non se fala de sumas, sóestá facendo unha formación con pezas...) e Sara, que anda por alí, e, por certo, ten unha gran predisposición para aprender cousas de cole,
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)





