xoves, 11 de xuño de 2020

Montescola Taboexa

Como queira que nunca a satisfacción é completa, a alegría e realización profesional que sinto ao velos xogar, brincar, gozar no monte, en definitiva, medrar sans, é opacada pola dúbida acerca de se é ou non seguro ter feito este chamamento (privado) aos encontros ao ar libre.

A Montescola de Taboexa reúne unha manchea de crianzas no que chamamos Fonte da Moura (da Cabreira), un espazo do Monte Comunal, acondicionado pola colaboración entre Escola, Concello e Comunidade de Montes dende hai uns anos, cando a Moura deixou alí a primeira mensaxe, o primeiro agasallo, o primeiro engado

luns, 13 de abril de 2020

qué pode facer a Escola polas crianzas?


MIles de mortos, centos de miles de familias na ruina económica, milleiros de persoas con
afectacións psicolóxicas importantes e o mundo do ensino preocupado en non perder nivel académico, facendo ver que é posible seguir o ritmo das aprendizaxes como se non pasara nada, só porque temos (quen teña) ordenador e acceso a Internet …
É hipócrita pretender que co precario manexo que docentes e alumnado temos das ferramentas tecnolóxicas , poidamos realizar unha docencia eficaz. Así moitos colegas están agotados nunha carreira que perden todos.
É obsceno centrar a preocupación no nivel académico diante da traxedia social que estamos vivindo e a que nos agarda.
E sería unha verdadeira mágoa, non ver o que este confinamento ofrece ao mundo do ensino, a

mércores, 1 de abril de 2020

Linguaxe e movemento (4) Hitos de madurez para a lectoescrita


As crianzas non deberían ser sometidas ao ensino sistemático da lectoesrita ata que os órganos que interveñen nela estiveran suficientemente maduros. Parece unha obviedade, e o é, entón, por qué observamos con desacougo  como en tantas escolas forzan a aprendizaxe da lectoescrita, impoñéndoa prematuramente , causando danos da fisioloxía implicada e na motivación, aspecto tan necesario para a aprendizaxe?. Se cadra polas presas desta sociedade para conseguir todo rápido? (que acaído este parón do coronavirus para ver que nda é tan urxente!), qué culpa teñen as nosas crianzas das nosas neurosis colectivas? Cómo é posible se se lles estea a danar querendo cre que se lles está beneficiando? Por favor un pouco de reflexión e honestidade!.

As crianzas non deberían ser sometidas ao ensino sistemático da lectoescrita ata que os órganos que interveñen nela estean suficientemente maduros. E cando están maduros? Estímase que ao

Linguaxe e movemento (3) Os xogos de dedos


Os xogos de dedos son pequenas rimas acompañadas dunha coreografía de motricidade das extremidades superiores, espcialmente mans e dedos. Estes xogos, combinando sons e movementos, impulsan a madurez do Sistema Nervios Central. Unha rima de apenas un minuto pode ter múltiples funcións: centrar, activar a memoria, a atención, a coordinación, a linguaxe, os vínculos e o contacto co medio, ademais de aportar ledicia, benestar e autoestima. 

Os xogos de dedos son actuacións que facemos para as crianzas  convidándolles a que  nos imiten. Eles son expertos imitadores, de feito a

mércores, 25 de marzo de 2020

Linguaxe e movemento (2). A linguaxe

Cando falamos emitimos moitas mensaxes mási alá da mensaxe lingüistica expresa na nosa intervencións, son sinais subliminais relacionadas coa articulación, a pronuncia, a entonación e o xesto, que tamén chegan ao interlocutor e inciden nel expresendo o sentir do emisor e tamén o que o emisor agarda do oínte. Isto ten que ver con cómo llesfalamos ao neno/a, qué incidencia ten na súa psique o noso xeito de dirixirnos a el/ela e cómo ,a traves da nosa linguaxe podemos axudarlle a medrar mais san e competente. Moi interesante este aspecto pero non é o que veño a tratar aquí. Se queredes profundizar sobre él ao final hai un enlace a un vídeo de Tamara Chuvarovsky que suscribo practicamente todo, ademáis, é moi ameno.

luns, 23 de marzo de 2020

Linguaxe e movemento (1) O movemento


O confinamento ofreceume a ocasión de profundizar las teorías de Tamara Chuvarovsky, pedagoga terapèutica e mestra de Infantil pola Pedagoxía Waldorf. Hai anos que coñezo as súas teses e os seus xogos de dedos, pero agora toca aprender e comprender mais a fondo.
É tedioso, cansado e desmoralizante  ter que estar permanentente xustificando o porqué dunha proposta educativa diferente da convencional. Os últimos avances científicos (neurociencia) avalan a acción pedagóxica baseada no xogo, as emocións e o movemento. Mesmo as indicacións oficiais (currículo de Infantil, 1)) o fan. Máis a
práctica educativa na meirande parte dos centros segue a sentar ás crianzas diante de fichas

sábado, 21 de marzo de 2020

unha manchea de noces

O que unha manchea de noces poden aportar a unha aula de infantil é inabarcabel. Roi ( hoxe foi Roi pero cada día e un diferente, hoxe había unha camara a man, e hoxe a inspiración chamou a porta, pero, por sorte as aportacións son moi variadas e diversas)) entra pola porta do cole todo fachendoso e contento, de súpeto un día normal muda a un día moi especial, por qué? Porque trae unhas poucas de noces para compartir coas amigos e amigas. Compartir, a primeira lección, quizas a máis importante. Importante, Roi síntese importante porque fai

#euficonacasa

Eu tamén fico na casa sobrecollida con esta situación tan inesperada (ou non?)  que nos trae moitas
dúbidas sobre canto vai durar e, sobre todo, cómo será o mundo despois desta "apocalipsie", se aprenderemos algo sobre nós mesmos, ou sobre a parte de todos que habita en cada un de nos, sobre o valor do tempo, o valor do común, sobre o que é importante, sobre a Natureza da que estamos feitos...en fin, pensamentos que todos temos nestes días supoño.

Pero este espazo non está feito para as miñas

martes, 11 de febreiro de 2020

portas abertas na escola de Taboexa

Ai que ritmo trepidante,pero se aínda vimos de empezar este curso!
Adoita ser despois das vacacións de Inverno que o grupo se cohesiona e todas nos acomodamos entre nos formando unha nova unidade que nos inclúe, cada ano muda, cada ano ten diferentes compoñentes. Chega Imbolc coa súa promesa de primavera e séntese na Escola esa estabilidade do grupo que se coñece, comprende e respecta. Pero, non nos podemos regodearnos nese pracer, Hai que prepararse para o curso próximo en febreiro!!!, uf, é raro e artificial, pero ,  en fin, cousas do sistema deseñado para os macrocentros con prcesos  de matrícula moito mais complexos que os nosos. E as Unitarias réxense absurdamente por ese mesmo sistema, en fin , A Burocaracia.
En definitiva, que o prazo de solicitude de admisión para a EEI Taboexa vai dende o 1 ao 20 de Marzo e, para que as familias interesadas poidan coñecer a escola e informarse sobre filosofía de traballo, actividades, metodoloxías, etc, concértase unha reunión na Escola de Taboexa o mércores 4 de Marzo ás 16.30. Recoméndase inscribirse previamente no correo do cole: eei.taboexa@edu.xunta.es.
Agardámosvos cos abrazos abertos!
video sobre o cole

xoves, 30 de xaneiro de 2020

escola de familias I


O pasado mércores 29 de xaneiro reunímonos ás familias de Taboexa e Rubiós para compartir a que sería a primeira reunión da Escola de Familias. Concretamente esta versou sobre o tema de intelixencia emocional. En base a isto comentar unhas pequenas reflexións que xurdiron ó longo da xornada.
A evidencia empírica demostra os grandes beneficios da intelixencia emocional xa que ó contrario que o CI ésta si que axuda a alcanzar o éxito na vida e non só a nivel profesional senón no día a día e dicir, axúda a 
alcanzar  un benestar psicosocial e polo tanto
á felicidade
O informe Delors (UNESCO 1996) recoñece que a educación emocional é imprescindible

luns, 13 de xaneiro de 2020

O Coto Morgallón

Nunca nos esquecerá ese nome porque designa un lugar ligado ás nosas emocións. É o noso xeito de manter a toponimia. Mírase a cabeleira laranxa de Mouri dende a Fonte da Moura diminuta alá arriba naquel curuto tan alto. Hai voluntarios para ir na súa procura? Claro que sí, a diversidade reparte habioliadades e vocacións para todos. Está lonxe e alta máis, como tantas cousas na vida, paso a paso acabamos por chegar e por recuperar a Mouri. Ledicia por atopala,  a satisfacción propia despois dun esforzo recompensado, ou a alegría que da estar nun punto alto da natureza e mirar ao lonxe, tan

domingo, 12 de xaneiro de 2020

auténtico interés

Iso pensei eu cando vin cómo as crianzas se achegaban á táboa de letras recién adquirida. Eles adoran xogar nas colchonetas, brincar e saltar e desparramarse uns contra outros, máis ela estaba ahí enriba da mesa, e silandeira chamaba por eles e viñan e practicaban , parece que o desafío era acertado. é interés real e auténtico. A lectoescrita atrélles, entenden que ser quen de ler e escribir os trasladaría a unha fase superior da súa madurez, unha fase que arelan con deleite.e, ao ver a táboa entenden que lles facilita a escrita correcta, e proban a ver como vai, un anaquiño, e logo voltan á colchoneta a brincar.

Festival de Inverno ou a celebración de Yule

E chegou o solsticio de Inverno, e o Sol nace de novo na Roda do Ano, facendo os días un pouquioño mais longos, e chegan as vacacións (que rápido pasa un trimestre!) e a nosa querencia polas historias e polas dramatizacións lévanos a preparar un plan para sorprender e agasallar ás familias. Elas, que diariamente proveen e dispoñen as circunstancias de vida dos seus fillos, hoxe só teñen que deixarse sorprender. Nas semanas pasadas concentrámonos en ensaiar, en preparar o escenario (que cuco quedou verdade?) ata en preparar o biscoito que fará a nosa actuación aínda máis completa. Todo naceu cunha canción moi popular no cole, adaptámos á ela a historia e os persoaxes, custo cero, (aquí neste cole as ilusión non sepagan con diñeiro). Preparamos un

Mago Marco outravolta con nós

O Festival de Inverno honrouse este ano de acoller o bo facer e a habelencia dun profesional cheo de humanidade. O noso querido benfeitor Mago Marco volveu a inspirarnos coa súa maxia persoal chea de sensibilidade e pericia. Emocionámonos coa forma cercana ,mais non por iso menos profesional, de enlazar trucos con simpatía. Abraiámonos cos sus feitizos imposibles Rimos a cachón co seu espectacular número do mago entre o público. En fin, Mago, non deixes de vir de cando en vez por este recunchiño para facernos soñar un anaco. 
Espero que todas as persoas que estaban no público disfrutaran coma nós dun festival pequeno, pero moi grande en calidade profesional e humana.

focalizar a atención

Se me preguntaran en qué me fixo eu ao mirar a un neno para tratar de facer unha valoración sobre a súa traxectoria escolar  (léase: avaliación), un dos aspectos, un de tantos, despois de aspectos de estabilidade emocionalemaduración xeral, sería a focalización da atención.
Atendendo á función didáctica da Escola, esa que na Etapa Infantil está tan confusa sen que ningunha autoridade poña orde, (parecera que interesa que nos pelexemos entre nós acerca de cál é a función da escola infantil máis aló dos

sábado, 9 de novembro de 2019

obradoiros

 Dende o meu primeiro día de profesión valorei moi en alto a implicación das familias na vida escolar. Se o cole chega a ser tan importante na vida das crianzas (demasiado ao meu entender), as familias non se poden desentender desa realidade. Especiamente na etapa da Educación Infantil, que supón para aquelas, a primeira separación dos seus adultos de referencia, e o inicio da construción dunha vida privada. Neste inicio, escola e familia han de entenderse para facilitar o proceso de desconexión ao meniño/a . Desconexión e conexión. Conexión con él propio, coa súa identidade, construida e identificada agora en relación aos iguais.


martes, 29 de outubro de 2019

desafíos invisibles

Tirei a foto porque fun consciente do momento, consciente do que estaba a acontecer detrás da operación aparentemente sinxela. En realidade hai moitos asi: son esceas que, reflexión mediante, alcanzan unha beleza e un significado que quero plasmar nunha foto. Pero non sempre está a cámara preto, otras veces non quero deixar de mirar e degustar e sacrifico a foto. Son momentos que enternecen e me fan baixar á terra. As novas alumnas adoitan ofreceren moitos deses, ( cando tratan de calzarse ou descalzarse, vestirse, abotoar o mandilón...) que parece que me estean a dicir, "pero profe, non te decatas do esforzo que supón para mín iso que tí me indicas con tanta lixeireza, como se o puidera facer automáticamente, como facedes vos, os maiores?

domingo, 13 de outubro de 2019

reencontros

Hoxe chove a cachón. É raro porque eu me dispuña a escribir a primeira reseña do curso neste altofalante das miñas inquedanzas que é o blog, cun espìritu postvacacional onde se mesturaba a señardade polo verán que despedimos con preguiza,  e a ilusión que agroma ao ver cariñas ilusionadas coa volta ao cole. Naqueles días aínda quecía o sol e o corpo tiraba hacia a praia e o río e non hacia o cole, era raro tamén.

E nun mes todo mudou, o tempo atmosférico e a miña mente, que xa mira hacia o cole con ilusión e plans a estrenar, e repaso as fotos e resulta que

xoves, 27 de xuño de 2019

despedidas


Despedimonos Moura, agradecendo ás familias a confianza de deixar o mais prezado nas miñas mans, ás crianzas a alegría e o amor entregado a chorros, e a ti, Moura, o alento e a inspiración constantes  para traer cada día novas aventuras ás nosas vidas, aventuras que nos ciñen máxicamente á terra e á comunidade que nos acollerá no noso paso polo mundo.
Penso que se acompañou o desenvolvemento emocional  físico e intelectual do grupo de crianzas baixo os criterios de respecto e confianza que guían o proxecto, con todos os fallos que un humano pode ter. Penso tamèn que a relación coas familias foi de colaboración e respecto en xeral e agradezo o apoio ao proxecto. Non é menos certo que algunhas familias non toparon no Centro o proxecto esperado, e que o centro non topou nalgunhas familias o apoio necesario para facilitar a labor, moi gratificante, claro que sí, pero dificil e cansada, de asistir á vivencia escolar con criterios de excelencia. Isto acontece todos os anos, non todas

o Tesouro da Moura

Si, outravolta topamos o Tesouro, outra vez , xunto co cole de Rubiós procuramos as pistas da Raposa entre petroglifos, fontes, penedos e pozas ate dar coa Raposa.
A Raposa Raquel Queizás, que, coma sempre, sabe conectar coas crianzas pondo nelas esa cara de pasmo e espectación cando escoitan as súas historias, deulles a axuda final para o encontro tan ansiado, Mouri, Poké e o tesouro metidos dentro da Cova. Os maiores poñen as botas, pois a cova ten auga no fondo e van recuperar os nosos amigos, topan o tesouro de lambetadas e xoias para todos e topan tamèn a mensaxe

as letras galegas

A nosa fala nos explica como identidade colectiva e nos une aos nosos antergos, é a raíz que penetra na nosa terra e,en conxunción co mundo subterráneo de clima, composición quimica dos elementos,sensacións sentimentos, orografía, historia...afortala esa unidade de forzas vivas actuais, pasadas e futuras que chamamos cultura.

xoves, 18 de abril de 2019

o pan de millo do Quequé

Este día era moi agardado. Roi leva mais dun ano traendo pan de millo (e biscoito) ao cole para disfrute de todas e todos. xa tiñamos a canción do pan de millo aprendida. Houbo que agardar, a casa está lonxe e o Roi aínda pequeno, os bisas estan maliños (xa marcharon  pero comimos o pan do millo debullado por eles...).
Pero o día ansiado chegou e non defraudou. Botamos a andar monte arriba con determinación e ...que sorpresa ao ver a Mouri agardando por nós no cruce para axudarnos a cruzar a carretera!
Chegar a casa dos avós de Roi foi unha festa, que excitación! roi non cabía en sí, quería mostranolo todo! Creo que non menos contentos estaban Quequé e Tina, orgullosos de compartir cos amigos do neto unha pequena parte da súa vida. Cantamoslle a canción do Pan de Millo e eles nos convidaron a merendar mentres o pan se cocía no forno de pedra quecido con lume. Qué experiencia mais proveitosa para as crianzas! Qué sorte temos de que haxa Quequés e

Saudamos a chegada da Primavera

O 21 de Marzo sentimos a chegada da Primavera, de Ostara no noso calendario celta, que verdes tan tenros se ven nas puntas das árbores, e cómo os brotes puxan por agromar á vida!. As prímulas nos anuncian que comeza outro ciclo para os seres vivos, da fonda osuridade da Terra a vida esperta buscando as mornas raiolas do Sol, que hai pouco voltou dende o Inverno. Na carballeira do Candón intercambiamos agasallos coa terra, alí deixamos a pegada alegre das crianzas e recibimos pequenos carballiños que serán prantados por nós, en diferentes lugares das nosas aldeas. a

avelás en Casa Uma


No outono pasado Angel agasallounos cunha boa manchea de avelás, e foi tan proveitoso o xesto (a partir de ahi os que acaban antes a merenda abren avelás para o resto), coma outros que teñen tido él e Miriam con nos, que este ano, vendo que xa non nos quedaban no caneco, voltamos a Casa Uma para facer unha interesada visita. Camiñar polos carreiros da aldea xa é de por sí ben interesante, un can atado, pobriño, unha casa abandonada, unha horta chea de legumes, se

martes, 12 de marzo de 2019

abusos sexuais na infancia

En torno a un 20% dos nenos e nenas sufren abusos sexuais en España.  Dato demoledor, un de cada 5. Pito pito colorito...A maior parte perpetrados por homes do seu entorno cercano. Incomoda ler isto neste espazo tan cheo de dozura e de momentos felices, pero é un acto de responsabilidade sacar á luz un problema (un delito) moi grave e moi común,que en grande parte permanece oculto.  Moitos dos nenos/as abusados non son quen de contalo a ninguén, o abuso é reiterado, e xa cando son adultos, nun esforzo desgarrador, falan ou denuncian. Outros moitos non o contarán nunca. As consecuencias sobre a saúde emocional son devastadoras. Debemos aprender a afrontar o asunto e preparar ás crianzas para identificar unha hipotética situación de abuso e reaccionar ante ela.

xoves, 28 de febreiro de 2019

portas abertas para o curso que vén



E despois doutra volta paseniño ao redor do Sol, a caròn dos piscos e as curuxas, medrando á par dos carballos e as margaridas, na Escola Pùblica de Taboexa abrimos novamente às portas para dar a coñecer o noso proxecto cara ao curso vindeiro para as crianzas de 3 a 6 anos: Acompañamento e guìa respectuosa no máxico camiño de crecemento persoal dos meniños e meniñas.
Ven coñecernos!
Estamos en As Neves, Pontevedra.
O prazo de inscriciòn abrangue do 1 ao 15 de Marzo, concerta unha cita no 618849998 e estaremos encantadas de recibirte e compartir.

-

momentos máxicos

Amalia parece interesada no sistema dixestivo, pero non é a única, Roi se contaxia tamén do entusiasmo, pero nun segundo plano resulta que Uma está atenta tamèn, non sabemos se mira ben ou non a imaxe, ou se en realidade está mais ben hipnotizada pola conversa entre Amalia e Roi. Ate Mouri está atenta!. Momentos sagrados coma esta cada día en Taboexa, non me atrevomais que a coller silandeira a cámara para rexistrar o momento máxico onde se produce a aprendizaxe, por iniciativa propia, baseada na curiosidade e na imitación.
Angel está practicando a suma coas regretas Cuisenaire (ollo, non se fala de sumas, sóestá facendo unha formación con pezas...) e Sara, que anda por alí, e, por certo, ten unha gran predisposición para aprender cousas de cole,

os Cabalos da Coutada

Vaia aventura!, Mouri fuxíu outravolta, e mandamos a Gato Pelao ao monte para que a trouxera de volta, pero aconteceu o de sempre, que quedaron os dous no monte. A aventura está servida, as nenas e os nenos de Gándara acompañáronnos ao monte, eles querían axudar a prantar árbores, sensibilizados pola traxedia do incendio do 15 de Outubro de 2017, nos queríamos recuperar a Mouri. Así o venres pasado subimos a costa do Sanomedio ate as abas do Coto Morgallón, mentres uns prantaban outros xogaban nos troncos (ahh, que recurso de diversión, aprendizaxe e crecemento marabilloso, as pilas de troncos no monte)e na

a curiosidade para aprender

A curiosidade é o primeiro paso, o entusiasmo por aprender e ser cada día mais competentes (ser maiores, din eles), a alegría do descubrimento, o feito de probar dun xeito e doutro ate topar a solución, ou sen solución algunha, probar dun xeito e doutro polo pracer de ver, de descubrir, de aprender  de tirar conclusións e elaborar leis e teorías que en cinco minutos van ter que reaxustar pois unha experiencia nova desequilibra a seguridade anterior.  Conceptos que me veñen á cabeza de ao chou. Recibir información do medio a traves de ollos e mans, sí, pero tamèn do resto do corpo, ese resto que os adultos temos xa esquecido, soa raro dicir que unha nena está a aprender a ler cando salta nunha colchoneta ou cando trepa a unha árbore, cando xoga coa auga ou cando salta

mércores, 13 de febreiro de 2019

un día normal


Encantanmos os días normais, é como se tiveramos a sensación pola mañán,de que bon que teño un tempo por diante para facer o que xa sei que me gusta!Despois de entrar e compartir no vestíbulo uns minutos coas mamás poñemos pantuflas e entramos na aula, para saudarnos formalmente, e comentar as novidades, facer pequenas reflexións, compartir intereses, dar recados ou planificar o día. No entorno das 10 imos á mesa grande a traballar un pouquiño, Angel e Abel deciden xogar unha partida de Oca (celebramos un campionato con semifinal e final), Iris e Uma se interesean por pintar nun folio mentres Amalia e Mikaela ordenan as bolas do Bingo (pronto botaremos a nosa primeira partidade Bingo en varios anos!!) Roi e Carla fan o quebracabezas das sombras, nen tan facil, nen tan difícil, un pequeño desafío diario que os impulsa a medrar.
A medida que rematan as crianzas van xogar aos recunchos, 
hai moitas opcións, en cada recuncho hai material específico: xogo simbólico, construccions, ensartar, pintar, area, barro,