xoves, 5 de xuño de 2025

sen emoción non hai aprendizaxe*

A emoción é a enerxía que move o mundo.
Sobre esta afirmación, que moitos de nós subscribiriamos de forma intuitiva, hoxe a neurociencia ofrece evidencia e explica algunhas claves dos seus procesos; que son as emocións, como xorden, que función teñen, como inflúen na aprendizaxe, como inflúen os demais nelas …

Xa sabemos que todo o que pensamos, facemos, dicimos e sentimos é o resultado do diálogo do cerebro co exterior, cos acontecementos externos ou internos. O que non sabiamos quizais, é que o motor daquela actividade é a emoción, que compartimos cos mámíferos esta circunstancia e que parte do seu procesamento é inconsciente.

xoves, 22 de maio de 2025

Traballos Comunitarios na Fonte da Cabreira

Pra nós é a Fonte da Moura, vivímola así dende que a
gran Señora do Monte nos deixou mensaxes a primeira vez alá polo 2014, dende entón facemos nosos cada un dos seus recantos cheos de saúde e aventuras, semana tras semana aprendemos a disfrutar deste espazo e a recoñecer e valorar os seus engados, as pozas do liño a fonte que nos regala vida, as ovellas pastando, o bosque de salgueiros que convida a mil e unha aventuras....e xa chegando a fin de curos preparamos o proxeto Montescola co maior esmero, a maxia está servida, pois Mouri xa desapareceu, agora toca expedicións polos montes da Contorna para atopala, a ela e ao Tesouro da Moura, imaxinado entre promesas irresistibeis. E como centro de operacions: A Fonte da Moura, pero hai que adecentala pois a Nai Natura non deixa de medrar. A Comunidade de Montes desbrozou e tócanos a nos algúns detalles sinxelos: angazar, dar protección á madeira,

mércores, 23 de abril de 2025

23 de abril día do libro

Comezamos o derradeiro trimestre celebrando  os libros, eses que nos fan rir e chorar, aprender e comprender,  esquecer e lembrar, viaxar lonxe e para adentro..., e por iso que amamos os libros e coidamos a aprendizaxe das primeiras letras como ouro en paño, do mimo con que se traten estes primeiros esforzos e descubertas, dependerá en parte o goze e aporveitamento de tanteas lecturas que a rapazada ten por diante. Feliz día do Libro! Grazas á COmunidade de Montes e ás Veciñas que se achegaron a pasar un rato con  nós. E á cantina de Geni, por

mércores, 9 de abril de 2025

As crianzas son antifráxiles

 Cando sopla o vento torce a árbore, isto tira das raices do lado de barlovento e comprime a madeira do tronco do lado oposto. Isto fai que o sistema radicular se expanda para procurar unh anclaxe mais firme alí onde se precisa, e as células da madeira comprimida cambian a súa estrutura para facerse máis fortes e firmes.

A árbore é antifráxil, non é que sexa robusta e ature o vento sen quebrar, é que precisamente NECESITA o vento para facerse forte!.

venres, 28 de febreiro de 2025

Orgullo de Unitarias 2/3

Gran éxito do encontro “Orgullo de Unitarias”:
Reflexión académica e comunitaria sobre o valor da escola unitaria rural.

 A escola unitaria de Taboexa (As Neves) foi escenario este sábado do atopo “Orgullo de Unitarias”, unha xornada de análise e visibilización do valor das escolas unitarias rurais no sistema educativo actual. O evento, organizado polas

xoves, 27 de febreiro de 2025

Paisaxes sonoras con Anne Lepere

Xa hai semanas que nos visitou Anne Lepere  https://www.annelepere.net. Xunto con Marion acompañounos nunha das nosas algareiras saídas na procura de Mouri que, como adoita facer cando se enfurruña, ou se aburre, ou ten morriña da nai ou do monte, fuxe da escola nunha alegre invitación ao paseo. Ese día percorrimos os camiños da aba sur de Sanomedio pero , malia que descubrimos algunhas pistas, non logramos traer de volta a Mouri, pero o que sí trouxemos con nós, foi 

luns, 24 de febreiro de 2025

os misterios da motivación

Ao principio dixo que sí, que quería facer o crebacabezas, pero cando víu as pezas todas desordeadas enriba da mesa unhas encima das outras, eu dinlle a instrución (moi común en xogos de pezas, dominós, etc) de por todas as pezas boca-arriba (a planificación, sistema, e orde na execución dunha tarea precisa dun maior desenvolvemento da corteza prefrontal). Daquela debilitouse o seu convencemento, pero a profe nese intre sostiven a situación aportando a firmeza que faltaba, así que, confiando na súa ascendencia e confiando nela, o

mércores, 29 de xaneiro de 2025

Portas abertas 2025/2026

A Escola Infantil de Taboexa (centro público dependente da Xunta de Galicia) comprácese en anunciar a xornada de Portas Abertas que se celerará o día xoves 20 de febreiro pola tarde. 

Teremos oportunidade, nunha conversa clamada e honesta,  de explicar o Proxecto Educativo, as metodoloxías empregadas e o noso día a día, así como de dar resposta, dentro das nosas posibilidades, ás vosas dúbidas e inquedanzas. 

Para confirmar asistencia e tratar de acordar a hora entre todas as persoas interesadas contactade ao 618849998 ou eei.taboexa@edu.xunta.es.

Neste vídeo podes coñecernos un pouco máis: vídeo do cole 

A 2 km da saída 287 da A 52   ubicación da escola


luns, 20 de xaneiro de 2025

Orgullo de Unitarias 1/3

A Escola da Rata, en Taboexa, que vén albergando crianzas da aldea dende os anos 50, convídavos a un encontro ao redor do feito das Escolas Unitarias que, con raices no pasado, son hoxe a vangarda da Educación Infantil ofrecendo unha escola cercana e integrada na comunidade.  

No mesmo contarase con distintos axentes educativos,  dende a Universidade de Santiago de Compostela ata as Escolas de Taboexa e Rubiós e o CRA Antía Cal (Gondomar), entre outras.

 Tamén se contará con representación da Comunidade de Montes de Taboexa e do Concello de As Neves.

 Sería moi grato contar coa participación da veciñanza e de todas as persoas interesadas no mundo da educación de

xoves, 9 de xaneiro de 2025

Aprendizaxe baseado na contorna, escola comunitaria...Orgullo de Unitarias

Non sabía que tiña nome a escola a que eu aspiraba: Unha
escola que traspasara os muros do edificio e se infiltrara no medio natural e social como punto de partida e de destino das aprendizaxes.

Aprendemos a través dos elementos da contorna para voltar a eles co ánimo de mellorar, de construir, sí, dende o noso terruño, un mundo mellor, ese é o noso cometido.

Especialmente a educación sostida con fondos públicos. A sociedade no seu conxunto, cada quen según a súa capacidade ofrece ás crianzas e mocidade según a necesidade, as ferramentas para ser quen de xestionar a súa vida eficazmente: o sostén económico, a realización persoal e, a modo de devolución do recibido, unha aportación á sociedade que faga desta un ecosistema tendente a que todas as persoas teñan as súas necesidades vitais cubertas e as desigualdades sexan

mércores, 8 de xaneiro de 2025

feliz 2025!

A noso xeito de felicitarnos o fin de ano en Taboexa consiste en, despois de adornar discretamente con algúns detalles ornamentais (a nai de xián nos axudou a facer coroas de Nadal),  preparar postais de Aninovo, pequenos e sinxelos traballos plásticos que chegarán ás casas dos compañeiros e compañeiras durante as vacacións levando unha mensaxe de agarimo e debuxando un sorriso nos agraciados/as. Amáis do alumnado da Escola, unhas 20 persoas recibirán as nosas postais: O equipo de bombeiros do helicóptero que visitamos en