domingo, 22 de novembro de 2015

As tarefas do encargado/a



O primeiro que comeza a traballar no cole è o encargado, às 9 debe de estar no cole , se non è asì perde o turno e pasa ao seguinte da lista.
 O encargado axuda à profe nalgunhas tarefas, ao principio do dìa elixe 2 compañeiros/aspara que lle axuden, pois ten bastantes responsabilidades...hai que colocar os coxìns, pasar lista, cambiar a toalla sucia por unha limpa, rexitrar o tempo atmosfèrico e a temperatura do dìa, rodear o dìa no calendario e por ùltimo deseñar o plan do dìa de acordo às rutinas diarias.
Non todo son traballos, tamèn ten certos privilexios, por exemplo, sentar ao lado da profe ou elexir a actividade para despois do recreo, sempre de acordo cos compañeiros e a profe...
Ao longo da mañán terà mais tarefas: repartir as libretas e as pinturas, etc.
Despois do recreo entrarà na aula mentres os demais recollen os xoguetes do recreo, coloca os coxìns para a relaxaciòn e elixe a mùsica.

E ao marchar para  a casa, os coxìns e as tarxetas deben quedar gardados.
O encargado/a asume un certo protagonismo ese dìa, asume certas responsabilidades e practica habilidades acadèmicas, interpersoais,  de organizciòn etc.,  Case todos gustan de ser encargado, pero mesmo aos que non gustan, por timidez ou sensaciòn de non saber facer ben as tarefas, precisamente a eses, è que lles convèn practicar estas tarefas. Deste xeito vanse relaxando e ganañando autoestima ao verese capaces de aumir esas tarefas.