Se consideramos o inicio da vida escolar como o
principio dunha etapa vital de gran importancia que durará, na meirande parte dos casos 13 anos como
mínimo, aceptaríamos de bo grado poñer unha esmerada atención na organización,
deseño e acompañamento do mesmo. O inicio da vida escolar marca o fin e o
principio de etapas na vida dunha persoa.
A meniña que compartía todo ou case todo o seu tempo coa
familia nunha posición de protagonismo pasa a formar parte dun contexto social
onde os seus pais e familiares participan cun papel secundario. O meniño
acepta soltar a man da nai e quedar nun espazo novo con persoas descoñecidas,
comeza a construir a súa vída “independente” do papá e a mamá á construir
relacións en termos de igualdade cos seus compañeiros e a aceptar a guía dunha
adulta ate o momento descoñecida pero que pasa automáticamente a ser a garante
do seu benestar todas as mañans. Un gran emprendemento para un ser pequeno.
Desfiemos entón este tempo e relexionemos con honestidade e
coidado. Anos despois veremos como as crianzas pasan dun curso a outro
cambiando de aula, de profe e ate de compañeiros e compañeiras, pero nunca
repetirá este momento de cambio total, dispoñamos entón todos os elementos que
estean ao noso alcance para que o viva con confianza e determinación.
É fundamental coñecer, si, o espazo onde van quedar as
ciranzas, asegurarse de que sexa agradable, ordenado, limpo, seguro…, que
ofreza posibilidades de xogo e actividade, que responda, ao fin, á forma en que
se espera que as crianzas sexan tratadas, pero máis importante é coñecer con
quén imos deixalas, de modo que habemos de ter coa profesora, unha coidadosa e honesta conversa onde
as nosas dúbidas sexan despexadas e recibamos unha impresión do trato que vai
recibir o pequeno e amado ser que se lle vai confiar. Non hai que deixar ningunha pregunta atrás. De modo que, a pesar das
presas e compromisos, é impresicindible un achegamento persoal hacia a
profesional. Importante aquí destacar que este é un encontro entre adultos
concentrados na conversa, os meniños/as non deben estar.
É acaído tamén que a meniña en cuestión visite o cole e o
acepte como un espazo amable onde ela pasara o seu tempo, ela recibirá a mesma
impresión que os seus adultos, un espazo
de beleza, de xogo de descanso, de actividades que desafían as súas
inquedanzas, un espacio atractivo e inspirador.
Poden un día tamèn nai e filla visitarnos en horario escolar
e compartir con profe e compañeiros un rato de xogo, así a meniña visualiza de
novo como vai ser a súa participación no cole. Como as crianzas están a gusto e
son felices desenvolvendo as actividades que lle son propias nun ambiente de
respeto e confianza a meniña terá unha impresión positiva desa vivencia, e increméntase
a atracción que despertou o espazo na anterior visita, ou diminúé o medo e a
desazón, según sexa o caso.
Estes tres puntos de contacto que acabo de relatar deben ser
realizados no curso anterior por necesidades burocráticas (o proceso regular de
matrícula comeza en febreiro!) ou de organización familiar. Todo o tempo imos
ter que conciliar as necesidades das crianzas coas circunstancias das súas
familias, tratando sempre de buscar a opción sustentable para todos.
Chega setembro, todavía coa area da praia nos pes e a cabeza
no marabilloso ritmo libre do verán, empezamos o curso: madrugar, horarios,
obrigas sistemáticas, que raro todo, non temos ganas de comezar outro
curso….pánico, perdímos a vocación? Nooooon, só é a dificulatde natural de
cambio de actividade, empeorada se o tempo segue a ser caloroso, como acontece
últimamente. As familias de novo ingreso céntranse nas súas crianzas e en como será a
súa aterraxe na escola, pero tamén o
alumnado antiguo aterra na escola despois do longo verán , lembremos que as
crianzas teñen un concepto do paso do tempo diferente a nós. Estes pequechos
regresan,se cadra algo descolocados e han de recuperar o espazo, as persoas, e as rutinas, eles tramèn
precisan o seu periodo de adaptación. Precisan unha flexibiliación do
horario e das actividades, e, sobre todo precisan que a profesora estea
presente, disponible, cousa que non acontecerá cando chegan as novas nenas, que
acapararán toda a súa atención . De xeito que a primeira concreción do
periodo de adaptación consiste en adiar a incorporaicón do novo alumnado e a
hora de entrada do antiguo. Hai que ter coidado, que mentres miramos só hacia
aos novos alumnos, os antiguos, tamen seres pequenos, resinten o baleiro. Non
sería un bó periodo de adaptación aquel que non tivera en consideración tamèn,
o alumnado antiguo.*
Pasados uns días recuperando as nosas dinámicas as crianzas
son informadas da próxima chegada das novas alumnas, van entendendo que é
importante que elas se sintan a gusto e en confianza, pois é dificil a
separación da nai, e que a profesora vai estar atenta a isto, de modo que eles
deben colaborar na misión tendo coidado neste sentido. É un esforzo que se lles
pide.É unha invitación a madurar.
E así un día, na hora de patio chega unha ou dúas meniñas
novas coas súas mamás, que, despois de acompañarnos un rato (quizais toman un
café coa profe) despídense asegurando ás nenas que dentro dun rato voltarán por
elas. Se non é posible a separación ese día, marchan para casa coa
determinación de conseguilo ao día seguinte. En este punto son as mamás ou
papás mais que a profe, quen saben se é oportuno forzar a separación ou
intentalo de novo ao día seguinte, ahí é onde a mamá debe facer un esforzo por
determinar que estratexia é mais útil para a separación amable e o
empoderamento da crianza. Quedan xogando no patio cos compañeiros e, cando a
profe indica, xuntámonos para a hora do conto, pero antes hai que recoller. A pouco que observemos con atención decatámonos de que nun par de horas a crianza en cuestión tivo que traballar o proceso de adaptarse a tantos cambios: persoas, espazos, xoguetes, normas....Remata o conto e remata o día, despedímonos e, tachán! As mamás xa van chegando! comprobado! non pasa nada, as
mamás regresan polas crianzas!, outra fase superada. Durante os vinderiros
días outras meniñas iranse incorporando con este mesmo sistema.
Unha vez superada a separación e asegurado o regreso das
mamás imos aumentando gradualmente o tempo de permanencia no cole ,e dentro
deste imos experimentando as diferentes rutinas coas súas correspondentes
normas (recunchos, merenda, relaxación, asemblea, traballo na mesa…), así
despois dunhas semanas xa podemos recuperar o funcionamento normal do cole e a
sucesión de rutinas que lles dá seguridade e confianza.
De modo que chamamos periodo de adaptacións as primeiras
semanas de cole de cada ano, onde o alumnado antiguo ha de acomodarse ás case
esquecidas rutinas escolares e tamèn facilitar a incorporación do novo
alumnado; e a profesora moi presente, observando de cerca todos os procesos e deseñando
coa delicadeza e a pericia do ciruxán, tempos, espazos e modos de facer para
encamiñar a uns e outros hacia a vida en comun e as actividades que nutrirán os
días de curso que lles agardan.
Son días de moita esixencia psicolóxica para a profesora, é
un estar moi moi atenta a que cada persoa que se incorpora viva ese momento con
confianza, ao mesmo tempo que o resto do grupo a acolle con alegría e coa dose
xusta de entusiasmo. Un pequeño fallo (e sempre os hai) pode desencadear un
malestar contraproducente neste delicado momento.
É tamén apaixoante sentir como un meniño vai entregando a
confianza á profesora , e é ahí cando nace o acordo silandeiro e profundo entre os dous, profe e crianza, eu quedo aquí conforme porque me sento seguro e porque así o decidíu miña nai/pai en quen confío, a cambio da túa proteción e garantía de benestar, responsabilizándote da miña vulnerabilidade e defendendo os meus dereitos e
necesidades coa firmeza a que a miña entrega te compromete. E este acordo
segue, así debe ser, vixente durante toda a vida escolar, malia que mude a profesora!
E a adaptación continúa varias semanas despois de
regularizar tempos, o novo grupo ha de reconfigurarse con todos os seres que o
conforman, a profe atenta, dispoñendo en todo momento as condicións idóneas
para que se dea o encaixe feliz.
E a partir de ahí é a profe a que sae gañando pois as
crianzas nos aprenden ese xeito máxico de ser eles, é é un privilexio beber del
a diario e rescatar a crianza que se agocha detrás do corpo adulto.
OUTROS APUNTES
fases do proceso de achegamento e
integración na escola:
antes de comezar a escolarización
• reunión
de adultos, primeiro contacto en horario non lectivo
• visita
da alumna ao centro en horario non lectivo
• visita
da alumna ao centro na hora de Patio
empeza a escolarización:
o novo alumnado incorpórase ao cole varios días despois do
antiguo e participarán dás saídas acompañados dos seus pais/nais.
- entrada ás 11.30/12.00, a mamá chega coa nena ao patio e despois dun rato marcha. Se a nena non está preparada para quedar soa pois marchan as dúas.ESCEA: Nenos e nenas xogando no patio, individualmente e en grupos. A profe disponible para recibir á nena. Esta fase dura varios días, como mínimo ata que a nena despide á nai ao entrar ao cole.
- entrada ás 10,15, a mamá chega coa nena ao vestíbulo, e marcha o antes posible (pode quedar un ratiño se é preciso). TOPAN: O vestíbulo baleiro. A profe e os nenos en actividade libre nos diferentes recunchos da aula. A profe está dispoñible para recibir á nena. Esta fase pode alargarse durante o primeiro trimestre, e, se é o caso, o curso enteiro (agás o mes de Xuño, no que entran todas ás 9.00, por mor do proxecto Montescola)
- entrada ás 9,00, a mamá chega coa nena ao vestibulo e marcha (pode quedar un ratiño se é preciso). TOPAN: o vestíbulo cheo de persoas: mamás (adultas case descoñecidas) e nenas sacando as chaquetas e ponda as pantuflas. A profe non está disponible exclusivamente para 1 persoa, ten que atender aos que a precisen.
Cada unha das fases ten a súa complicación, ás veces aceptan facilmente soltar a man da nai e quedar sós no cole pero se lles fai moi longa a xornada,
outras veces un pequeño conflito pode revertir á boa disposición do neno para
vir ao cole ao día seguinte. A chegada ás 9 ten unha complicación especial,
pois despois de madrugar e verse forzada a almorzar a deshoras, a nena non topa
a mesma escena dos días anteriores, pódese sentir intimidada coa xente que hai
no vestíbulo e o barullo de nenos chegando. Calquera detalle pode desencadear
un malestar que a faga retroceder no proceso de integración no cole. Neste caso
tócalle aos adultos levar o control do proceso e actuar axeitadamente. Se cadra
compre ...
… marchar os dous para casa e
retroceder ao punto anterior (chegada 10,15),
… marchar os dous para casa e intentalo
outra vez ao día seguinte anticipándolle axeitadamente o novo escenario (moita
xente no vestíbulo, crianzas e mamás)
… se cadra pode quedar o pai no
cole un rato
… forzar a separación confiando
en que o malestar é superficial. A profe farase cargo da situación e a
conducirá de modo que en cuestión de minutos a nena supere a dificultade e
comprobe que ela está a gusto nun sitio e grupo seguros.
De novo son as mamás as que mellor saben como tratar a uns
nenos que a profe aínda non coñece, elas deben, pois, facer un esforzo de discernimento
sobre qué opción é a mellor para o empoderamento e a integración do seu fillo/a no cole.
en Outubro-Novembro
· Ademáis do contacto diario onde intercambiamos impresións, a fnais de Outubro ou principios de Novembro realizaremos un encontro formal individual coas novas familias (só adultos) para
compartir impresións sobre a adaptación, espectativas sobre o que cole e
familias poden agardar un do outro… outra vez dúbidas, informacións de
interese…
Cambios que experimenta a crianza e
aprendizaxes a realizar
• Ritmos de
sono e vixilia
Separación continuada da nai e pai
Ritmos de comidas
Un novo espacio
Novas persoas
Construción da figura da profe como referente de seguridade
Maior esixencia de autonomía e orde
Relacións en termos de igualdade con moitos nenos/as
Resolución de conflictos con iguais
Normas no uso dos espazos e materiais
Normas na hora da merenda
Organización dos tempos, dos espazos e das actividades a cargo da profesora
Separación continuada da nai e pai
Ritmos de comidas
Un novo espacio
Novas persoas
Construción da figura da profe como referente de seguridade
Maior esixencia de autonomía e orde
Relacións en termos de igualdade con moitos nenos/as
Resolución de conflictos con iguais
Normas no uso dos espazos e materiais
Normas na hora da merenda
Organización dos tempos, dos espazos e das actividades a cargo da profesora
m Multitude de obxectos, xogos e xoguetes cunhas normas de uso e recollida.
En definitiva a construción dun mundo propio onde o pai e anai xogan un papel secundario por primeira vez na súa vida.
* lembrade: dentro da posibilidade das familias, as crianzas de nova incorporación comezarán o cole 2 días despois do comezo oficial e non participarán das saídas que fagamos á contorna durante o primerio mes, agás que estean acompañados polas súas familias.
Ningún comentario:
Publicar un comentario