luns, 18 de decembro de 2017

unha simple mesa

Sò unha simple mesa, baixiña e silenciosa en medio da algarabìa infantil, parece que non di nada, mais, se facemos silencio total e arrimamos a cariña sentiremos a sùa mensaxe.
Hai moitos anos unha àrbore liberou o seu froito, un ourizo pinchudo con tres irmàns, e a do medio tivo sorte e prendeuse na terra alimentándose dela, do sol e da chuvia medrando e medrando e cando pasaron moitos minutos, horas, dias, meses e anos a castaña do medio era unha arbore grande e maxestuosa, un castiñeiro xeneroso e abundante que liberaba castañas para todas as persoas, para os animais do bosque e para que as medianas deran en converterse en novos