luns, 4 de abril de 2022

Chega a Primavera cargada de agasallos para nós.

Nós xa somos felices dende o Imbolc, alá a principios de febreiro, cando namoran os paxariños. Xa dende entón sentimos a mornura da Primavera que está a achegarse, tal que para o 21 de Marzo xa estourou en nós a alegría das flores e das herbas do monte.

A Fada da Primavera sae do seu acubillo invernal e nos convida a ir á Carballeira do Candón na procura dos carballos e aveleiras recén gromados. Alí, entre a silvardeira, as hedras e o musgo, nos observa a cabeza  abandoada da moneca, que nos dá medo e risa ao mesmo tempo. Alí rubimos o carballo deitado,  exploramos o regato Lodeiro e, en fin, pasamos un bó rato na fraga.

O Mercurio de Taboexa, unha historia de 2.000 anos

Unha historia de 2.000 anos que no 1975 estreou un novo capítulo cando o pequeno Casimiro, de 11 anos, desenterrou aquela estatuiña metálica tan xeitosa.  Era un achado prehistórico e era moi valioso. O museo de Pontevedra andivo detrás del ata que o logrou. Casimiro quedou sen Mercurio pero os afortunados fomos nós porque podemos visitalo cando queiramos. A gran sorte foi que Casimiro acompañounos esta volta a visitar a Mercurio, a nosa misión era recuperalo para Moura,