Nos meus anos de experiencia como mestra de Infantil, a
avaliación ten sido e será sen dúbida o
aspecto mais conflitivo (despois da burocracia). Calificar resultados
escolares, e polo tanto encasillar crianzas e criterios de observación é
sumamente difícil e implica un risco de academización da etapa. Por outro lado,
a avaliación en sí parece que choca contra o meu criterio de respecto ás
persoas e ao seu ritmo de desnvolvemento individual. Pero non é menos certo que as mestras
observamos ao noso alumnado cotexando o seu comportamento con determinadas
ideas prefixadas sobre cómo agardamos que actúe un neno/a, de 3, 4 ou 5 anos.
Ademáis, as familias desexan e teñen
dereito (orde do 5 de Maio de 1993) a coñecer as miñas impresións sobre a
evolución dos seus fillos/as de xeito
sistematizado e formal.
De modo que , entendendo que hai que facer avaliación
sistemática emprendo (unha vez máis) un esforzo de organización da información
ao redor da pregunta: En qué
aspectos focalizo a miña atención sobre
a actuación dunha crianza que me
indiquen un desenvolvemento integral sano e unha preparación acaída cara a próxima
etapa escolar? Son aspectos moi similares os que centran a tención das mamás
epapás, pois a mestra de infantil e unha pseudomamá, unha adulta que vela profesionalemente polo benestar
integral (físico, mental e emocional) da crianzas e docemente puxa polo súa maduración a través de
relacións humanas, materiais, agrupacións de crianzas, propostas de xogo etc,
monitoreando a súa actividade durante o tempo de escola e preparando as
crianzas para a etapa escolar propiamente dita.
E trato de clasificar criterios dificilmente encasillables,
pero faise un esforzo de síntese e clasificación e podo aventurar que os aspectosmais importantes
onde eu poño o foco nunha crianza son aqueles que teñen que ver co seu desenvolvemento persoal :
Autoconcepto e
autoconfianza, cómo se ve a si mesmo,se se sinte capaz e competente
Autonomía, cómo
resolve as súas necesidades diarias (roupa, baño hixiene….) ou problemas que
lle poidan acontecer (a billa non abre,a
gaveta non abre, o tupper non abre, non son quen depelar o plátano, o
rotu non pinta…), e se pide axuda cando a precisa e cómo o fai.
Responsablidade
(asunción de normas, recoller o material, seguir as indicacións da mestra…)
Regulación dos
impulsos e as emocions, tolerancia ás frustracións….
Capacidade de esforzo
Iniciativa e
emprendemento
Convivencia e
relación coas compañeiras. Asertividade ecolaboración, non dominación nen
submisión
Tamén focalizo a miña atención noutros planos da maduración xeral
Comprensión do
espazo-tempo
Mantemento da atención
Comprensión das
relacións persoais (familiares)
Coidado dos seres
vivos e a naturerza
Organización das
propias actividades
Capacidade de
relaxación
Esboza a figura
humana
E especificamenteno aspecto do desenvolvemento da
linguaxe
Fala con fluidez? Constrúe frases progresivamente mais
complexas? Pronuncia ben? Contesta cando se lle fala?, presenta un discurso
coherente? Emprega fórmulas convencionais de cortesía? Sabe escoitar?
…e o da expresión corporal
Presenta
coordinación de movementos? Gusta dos xogos de movemento? Asume riscos físicos?
É prudente ou intrépido,ou aloucado nos seus xogos físicos?
En aspectos
mais cercanos ao académico observamos
No eido da psicomotricidade fina
Como agarra o rotu? Prension e presión, domina o trazo?
Recorta? Usa o punzon correctamente? Abotóase? Cose?
A psicomotricidade fina se concreta na expresión escrita xa avanzada a etapa infantil
escribe o seu nome? Escribe máis palabras? Escribe as letras
con trazo decidido e limpo? Fai hipóteses silábicas ou alfabéticas? Ten unha
postura axeitada ao escribir ou debuxar?
En crianzas cun gran desenvolvemento lectoescritor podemos
observar se fai hipóteses lectoras
No eido da lóxica matemática observamos
Xoga a oca? (conteo, quendas), Fai estimacións numéricas?
Conta cousas?
Fai series? Clasifica? Ordea elementos atendendo a un
criterio? Discrimina formas? Comprende undiagrama de dobre entrada?
…e ao respecto da expresión plástica, qué observamos?
Gusta de facer creacións plásticas? No uso do pincel ocupa
todo o espazo gráfico? Gusta deusar cores?
….ao respecto da expresión musical…
Gusta de participar en actividdades que implican o canto ou o
movemento rítmico?
Esta parrilla de observacións e unha proposta viva e
cambiante e servirá de guía de avaliaciónpara o vindeiro ano, así nos
reuniremos ao redor deste documento coincidindo cos finais de trimestre. Ate
entón saúde e sorte! Karina
Maio 2018
Ningún comentario:
Publicar un comentario