Lectoescrita


Toparedes no histórico do blog, no apartado pedagoxía, algunhas entradas relacionadas con este asunto, polémico onde os haxa.
A pesar de que a lexislación é clara en indicar que o tratamento da lectoescrita en infantil ten o grado de ACHEGAMENTO, a realidade das aulas é que se está abordando esta habilidade de forma sistemática na Etapa infantil, cousa que considero un grave erro pedagóxico, contraindicado por todas as voces científicas e con posibles graves consecuencias a nivel académico e emocional.
O cerebro do neno menor de 6 anos pode non estar sufientemente formado para abordar a aprendizaxe da lectoescrita, se se forza a un neno a aprender a ler e escribir antes de tempo podemos estar causando disfuncións intelectuais que se mostrarán no futuro, aparte de minar a motivación por aprender e, o que é mais grave, privar á crianza da súa actividade natural, plataforma inigualable para posteriores aprendizaxes académicos,  e sobre todo o seu dereito: XOGAR.
En tanto que a escola de define como respectuosa non podemos mais que ofrecer o mundo das letras como unha posibilidade amable inserida dentro de situaicóns reais e práticas, deixando que cada individuo se achegue a él ao ritmo que o seu desenvolvemento vaia marcando e dunha forma adecuada ao momento madurativo de cada un.
De modo que abordamos a lectoescrita, sí, no cole hai letras e palabras escritas por moitos sitios , pero non se forzan procesos, só se convida sutilmente, o interés da crianza e a súa capacidade marcan o ritmo. O interés ven coa crianza de forma natural e a capacidade é estimulada mediante o xogo libre principalmente e a gran variedade de materiais e propostas de actividade diarias.
Ao chegar ao último ano de infnail, e para aqueles nenos/as que vaian a incorporarse á escola convencional , no caso de ser necesario, deséañase, en acordo coas familias,  un plan de achegamento mais sistematizado ,  pero sempre preservando os dereitos do neno/a e o seu benestar.

Marzo 2019


Ningún comentario:

Publicar un comentario