venres, 26 de abril de 2024

III xornadas de traballos comunitarios na Fonte da Moura

Voltamos coas xornadas de voluntariado. A Fonte da Moura (en realidaade chámase a Fonte da Cabreira) é un espazo de monte comunal que os comuneiros/as de Taboexa nos deixan disfrutar e encher de vida. Case todas as semanas imos alí a pasar unhas horas de lecer e aprendizaxe, e, en Xuño facemos unhas semana de experiencia de Escola na Natureza, Montescola. Para que cada ano o lugar estea mellor acondicionado para as nosas actividades, e tamén para o disfrute de todo o que por alí se deteña, organizamos unhas xornadas de traballos voluntarios e pedimos a amigos/as, viciños/as, e comunidade educativa se achegue a botar unha man.

A Comunidade de Montes estarán o día 4 de Maio e a Comunidade educativa o día 11 de Maio con diferentes tarefas, todas adaptadas a diversas capacidades e cometencia, 

amorosa veciñanza

Un ano máis Miriam e Ángel recibíronnos co agarimo de sempre na Casa Uma. O cariño que se entrega nese lugar é patente, cada recuncho fala do coidado con que o miman, como a nós, ás crianzas e ás adultas que as acompañaron. Foi un encontro sinxelo e disfrutado, unha merenda no xardín e un pouco de xogo para as pequechas mentres as adultas charlábamos e disfrutabamos do café, acaso non é ese un dos pequenos grandes praceres da vida?

Máis  a esta mestra págaselle popr traballar, non por andar a tomar café por ahí. En efecto, hai unha

casas si! guerras non!

Eu teño unha casa, forte e resistente

nin o vento máis potente a pode destruir

eu teño unha casa, forte e resistente

e nela segura, eu podo durmir.

domingo, 10 de marzo de 2024

os cabalos de Xián

Os cabalos de Xián agasalláronnos cun día de excursión deses sabedeiros, deses que nos deixan ganas de repetir, todo tan fácil, todo fluíndo cheo de sentido, como se non fora detalladamente planificado polo pai de Xián para ese preciso propósito.

As familias colaboran e levan as crianzas á Chan de Tortoreos, alí agardaban Lenda Raiana, Moura e Artai, ansiosos de saír, de comer, de moverse..Para iso estabamos nós, o mellor equipo de mozos e mozas de corte para cepillalos, limparlle os cascos e levalos a correr á finca.

E nos merendando na Fonte da Chan, e despois camiñando polo barrio ata chegar...ao Río Miño, pode haber mellor colofón que o Pai Miño agardando baril e poderoso baixando entre os paises irmáns? 

luns, 26 de febreiro de 2024

138 primaveiras máis para Rosalía de Castro...

 ...e que nunca deixemos de lembrala, pero non como aquela poeta/mártir melancólica, enfermiza, fráxil e contemplativa que canta á paisaxe e láiase permanentemente de todo cal Cristo na Paixón, se non como a muller forte e loitadora que dende a súa magnífica sensibilidade denunciaba valentemente o clasismo e a exclusión, o machismo e as inxustizas, e que soubo facelo a pé de rúa e dende a máis alta literatura. Así é hoxe recoñecida (non na súa época), non só como a poeta de Galicia, a que elevou o galego a idioma literario contemporátneo,  se non como figura fundamental da literaura do Estado Español, e poeta europea de primeiro orde precursora da poesía moderna e o feminismo

Só cantos de independencia e liberdade balbuciron os meus labios, aínda que arredor sentise, desde o berce xa, o ruído das cadeas que debían aprisionarme para sempre, porque o patrimonio da muller son os grillóns da escravitude.” Lieders (1858)

trampas para velutinas

As abellas son axentes polinizadores  esenciais para a continuación da vida no planeta. As abellas son seres vivos parte do noso ecosistema e só por iso xa son importantes. as velutinas son máis grandes e voraces, e carnívoras, viñeron de Asia e comen ás nosas abellas, causando verdadeiros estragos nas súas poboacións. Non sei se as nosas trampas caseiras son abondo eficaces, pero como actividade escolar paréceme altamente axeitada. 

  1. É unha actividade con significado para o alumnado
  2. Involucra aspectos cognitivos e manuais

respectar os ritmos 3/3

No último parágrafo da anterior entrada (respectar os ritmos 2/3) xa apuntaba a idea que hoxe considero amerita unha entrada propia: Respectar os ritmos non significa que as crianzas fan o que queren todo o tempo. Ás veces teñen que facer cousas que non queren facer ou deixar de facer aquilo que desexan. Como a vida real.

É raro que unha crianza desexe recoller os xoguetes. É moi habitual que, ás 2 da tarde, cando chegan as nais (son a maioría) eles e elas queiran seguir xogando e non desexen ir para casa. É tamén habitual que as cazadoras queden no chan se a

mércores, 31 de xaneiro de 2024

proxecto Mercurio

 

O proxecto Mercurio é unha exposición itinerante da réplica dun achado prehistórico procedente de Taboexa, que está custodiado e exposto no Museo de Pontevedra. Ao abeiro da mostra propomos varias actividades de intercambio entre o alumnado de Taboexa e outras persoas (alumnado de outros centros, centros de día de persoas maiores, clubs deportivos, etc)

A Escola de Educación Infantil de Taboexa é un centro público que acolle arredor de dez crianzas de entre 3 e 6 anos.

Sabedoras de que a aba sur do Monte Sanomedio está inzado de restos prehistóricos (petróglifos, o Castro de Altamira…), lendas e lugares emblemáticos, que as crianzas, ao ritmo da súa idade e entusiasmo, coñecen e gozan, deixámosvos con ilusión esta pequena proposta que aúna pracer, aprendizaxe e

martes, 30 de xaneiro de 2024

respectar os ritmos 2/3

Dito concepto precisa unha mención especial para as meniñas
do primeiro ano, aquelas que entran no cole con 2 ou 3 anos, aquelas que por primeira vez na súa vida (na meirande parte dos casos) deixan o acubillo do fogar todos os días para enfrontarse á vida social, aos iguais, a unha figura de protección nova, a mestra, a unhas novas rutinas, normas, dinámicas...

Respectar os ritmos pode ser adaptar o horario (para quen poida), rebaixar a xornada escolar de 5 a 4 horas (decatástesvos de que estes pequechos teñen a mesma xornada que nenos e nenas de 12 e 16 anos?). Agardanlles 10 anos de escolarización. Paga a pena unha familirización lenta e ben saboreada.

Respectar os ritmos tamén inclúe non someter a estas crianzas a ningunha tarea propiamente escolar máis aló das súas propias iniciativas e do que poden captar polo ambiente no que se moven. A didáctica das letras non vai dirixida a elas, máis, se queren poden

portas abertas Na EEI de Taboexa


Aquí andamos outra vez anunciando que a Escola de Taboexa abre as súas portas para quen queira coñecernos. Unha escola pública para crianzas de entre 3 e 5 anos. Un proxecto de coidado, acompañamento e guía no proceso de madurez, socialización e aprendizaxe do alumnado, nun contexto de respecto entre as persoas, coidado da natureza, integración comunitaria, igualdade e compromiso cos valores dun mundo mellor. Ese é o anceio.

Convidámosvos a coñecernos o día martes 20 de Febreiro ás 16.00 horas na Escola. 

Prégase confirmación a través dalgumnha das opcións que aparecen ao final deste artigo.

respectar os ritmos 1/3

 

5 alumnos/as, 4 exercicios. A profe observa e rexistra pero ninguén fala de idades nen niveis. Cada un coa tarefa que representa para sí, un desafío acorde á disposición de ánimo, a motivación e a súa capacidade de atención. Unha dificultade situada na zona de desenvolvemento próximo da que falaba Vigotsky a principios do século XX, un concepto deses pouco comúns que cando os aprenden parece que poñen orde no cerebro e reconcilian ao estudante coa súa tarefa. A zona de desnvolvemento próximo é aquel tramo de difucultade que se sitúa entre o que un persoa sabe/pode facer e o que non. No medio sitúase aquela dificultade que, con algún tipo de axuda, a persoa sería quen de solventar. Así a ZDP vai avanzando cara a dificultades cada vez máis altas, e a persoa segue a elaborar a sensación de competencia e a mellorar o seu autoconcepto, o cal, impulsaráa a acometer desafíos