Bibliografía suxerida

 

          Estrenamos esta páxina cunha manchea de títulos que a min me axudaron a ordear as miñas ideas, contextualizalas nun marco científico ou alimentarme de outros profesionais, non son os máis importantes, pero sí moi recomendables baixo o meu punto de vista.


Podedes collelos na escola en calidade de empréstito. Podedes preguntarme as vosas dúbidas. Podedes solicitar a compra de outros títulos para compartir entre nós.


Penso que me dirixo máis á profesionais da educación que a familias, pois non quero ser responsable de aumentar a carga de responsabilidades de pais e nais, e considero que coa súa intuición e amor pola crianza, de certo dirixe a súa acción con gran acerto como fixeron as nosas ancestras. Non obstante estarei encantada de prestar os libros a quen lle interese.


Esta lista actualizarase ano a ano (última actualización  novembro 2024)


Aucouturier, Bernard e Mendel Gérrard (2004). Por qué los niños y las niñas se mueven tanto? El lugar de la acción en el desarrollo psicomotor y la maduración psicológica de la infancia

        A motricidade é o medio privilexia que teeñen as crianzas para expresar o seu psiquismo, ordealo, coñecer o mundo e relacionarse con él.


Beaudry Bellefeuille, Isabel (2011). Problemas de aprendizaje en la infancia. Editorial Nobel

     As teorías da integración sensorial son a resposta científica a problemas de aprendizaxe e as súas consecuencias para o bienestar da crianza


Freire, Heike (2011) Educar en verde

          As crianzas de hoxendía pasan a maior parte do tempo en espacios pechados e baixo supervisión adulta, aíllanse domundo natural ese sobrecargan de xoguetes e actividades. O libroaborda esta situaicón y as posibles consecuencias relacionadas con doenzas tamén moi domunod actual: obesidade, dificultade de atención, agresividade, depresión...


Goodard Blyte, Sally(2017). El niño bien equilibrado. Claves del desarrollo neurológico para un buen aprendizaje. Guía práctica para padres y educadores.

       Este libro explica dende o estudio científico do desenvolvemento da crianza, a importancia do movemento nos primeiros anos de vida


Jager,de, Melody (2010). Mente en Acción. Movimientos que mejoran la mente

         Os reflexos son automatismos que veñen "de serie" coa crianza que nace, así pode sobrevivir as primeiras semanas/meses mentres van aprendendo habilidades necesarias para a vida. Unha vez os sentidos o cerebro e os músculos se concectan de forma integrada, os RP deben retirarse, se presisten máis alá do adecuado poden provocar dificultades de aprendizaxe e de todo tipo. A natureza utiliza a urxencia de moverese para axudar  ás crianzas  a desenvolverse, a medida que van avanzando no desenvolvemento , avanzan tamén no control da urxencia de moverese.


Mora, Francisco (2013). Neuroeducación. Solo se puede aprender aquello que se ama

          Sobre a importancia de la emoción y la empatía, de la curiosidad, de los mecanismos de la atención, del propio proceso cerebral del aprendizaje y consolidación de la memoria, de los ritmos circadianos y de tantos otros ingredientes que influyen para innovar y mejorar la enseñanza.


Quintiá, Rafael (2016). Análise estrutural e simbólica do mito da Moura (2016)

         A Moura é a protectora e aliada das crianzas de Taboexa e a directora de actividades da Escola, da man das súas máxicas propostas e desafíos, transcurre o curso escolar nun alegre e entusiasta paseo pola fantasía naturalista e respectuosa de tal señora. Pero a Moura é o mito galego por escelencia, ela nos fala da visión dos nosos antepasadaos sobre a vida e a morte, ela nos cingue á terra e ao que somos como comunidade cultural. O antropólogoRafaél Quintiá investiga o mito e expón nestelibro assúas características. É emocionante coñecer as bases das nosas crenzas sobrenaturais enraizadas hai miles de anos e compartidas con pobos de todo o arco Atlántico.


Varios (2005). Actas das V xornadas de tradición oral.Os mouros e as mouras, máxicos enigmáticos da mitoloxía popular

          Pequenos textos moi amenas sobre o mito da Moura


Wild, Rebeca (2003). Libertad y límites. Amor y respeto. Lo que los niños necesitan de nosotros. Editorial Herder

       Nun ambiente onde os conceptos de liberdade e límites se comprendan como complementos necesarios, será posible unha convivencia harm´nica, baseada no verdadeiro amor e o respectos por TODAS as persoas


Ningún comentario:

Publicar un comentario