Alimentos na escola


Na Escola de Taoexa podemos diferenciar 3 momentos nos que as crianzas inxiren alimentos:
Diario. As merendas diarias que veñen de casa:
Temos por norma que os alimentos respondan a criterios moderados de saúde e respecto polo medio ambiente. Así ,non vemos na nosa mesa papel de alumiinio nen bollería industrial. Hai bocadillos, iogures (simples ), comidas caseiras, froitos secos, hortalizas…
Preparamos colectivamente uns anacos de froita para compartir. Cada día un neno/a pela e pica froita que foi mandada dende as casas, para compartir. Deste xeito practícase a psicomotricidade fina aplicada a situacións reais, a experiencia de compartir e a acción servicio á comunidade, moitos aproveitamentos nunha cto tan sinxelo e cotián.
Debo comentar que estou barallando a posibilidade de facer toda a merenda colectiva, dado o éxito co afroita, xa vos informarei.
Quincenal. As comidas que preparamos no cole:
A cociña é unha das actividades centrais do cole, de xeito que cada quincena, como media, preparamos algo de comer, sexa marmelada, galletas, zumes, pan, ensalada, tortas de cabazo… Seguimos nestes momentos  os criterios de saúdepersoal e ecolóxica mencionados antes.  Ás veces é dificil non deixarse atraer por ingredientes moi resultóns pero pouco recomendableis nutricionalmente falando, facemos o esforzo tratando de mellorar ano a ano. Ao facer as galletas sustituímos o trigo por espelta, o azucre por panela, parte da mantequilla por aceite…en fin, queda moito camiño aínda por mellorar.
Bimensual. Picnics
Algunhas veces xantamos xuntos no cole (familiares, crianzas, profe, algún exalumno…). En lugar de marchar para casa ás 14.00 cada familia leva algo para disfrutar dun tempiño xuntos, neses momentos tecemos lazos de confianza e cordialidade entre nós que fortalecen a a vida escolar. As familias son libres (dentro duns límites) de levar o que consideren oportuno facendo o cole un chamado á responsabilidade sobre o que lles ofrecen aos seus fillos - e o exemplo que isto supón cara os fillos dos demáis- , sensibilidade hacia novos estilos de crianza  e, como nón tamén,  tolerancia hacia aquelas familias que pensan e actúan diferente, entendendo que na escola conflúen moi diversas sensibilidades. A convivencia na diversidade é a clave da pervivencia do grupo.
Marzo 2019


1 comentario: