venres, 29 de xaneiro de 2021

o vello que pratou a viña ou a maxia dos contos de tradición oral

Era un vello que plantou unha viña
antesdonte na madrugada no Outeiro da Penafurada

E víu a ovella e rillou a viña 
que plantara o vello 
antesdonte de madrugada no Outeiro de Penafurada

E víu o can e trabou á ovella 
que rillara a villa
que plantara o vello 
antesdonte de madrugada no Outeiro de Penafurada

E víu o pau e bateu no can
que trabara á ovella
que rillara a viña
que plantara o vello

o orgullo de ser encargada

Eu trato de non afondar na división entre os diferentes cursos do cole e fomentar a percepción de un só grupo, pero é inevitabel a conciencia de curso, pois ao comezar un novo, botamos en falta ás que marcharon para primaria porque eran as maiores, dando paso a un novo grupo de maiores, que fachenda!, que marcharán o ano que ven. 

As pequenas é patente quen son, son o novo alumnado que non coñeciamos; moitas delas acusan unha gran diferencia de madureza e falta de práctica nas dinámicas de grupo por ser novas na experiencia escolar, (moitas delas deixan o niño por primeira vez na súa vida),  por tanto, o resto do grupo e a profesora  flexibiliza as normas  para facilitar a súa familiarización e acomodamiento ao

luns, 18 de xaneiro de 2021

a maleta do avó

David hoxe elexíu o recuncho do xogo simbólico (A casiña),  parece que vai de viaxe, ou se cadra só vai traballar, de picnic ou facer a compra ao super, ao fin, no universo mental infantil un obxecto pode facer infinitas funcións só coa forza do maxín.

Se David poidera ler a etiqueta sabería que esa maleta foi do seu avó e andivo por paises exóticos e afastados da terriña, pero non pode, aínda non lle chegou o tempo de xuntar as letras. O seu avó tampouco pode ler, a él, en troques, o tempo rematoulle cedo de máis, non lle deu nen para coñecer ao neto. 

domingo, 17 de xaneiro de 2021

as voltas ao sol

As adultas transmitímoslles a paixón polas efemérides, que sumada á súa ansia por facerse "maior", fai que moitas crianzas vivan a proximidade do aniversario  con nerviosismo e grandes espectativas (eu creo lembrar a experiencia infantil de decatarme de que o día do aniversario era un día normal e e eu non medraba especialmente...). Así tamén algunhas familias téñenme feito propostas ás veces demasiado rimbombantes, que superaban a motivación do neno/a en cuestión. Ao longo dos anos fun axustando a forma en que na escola vivimos os días de aniversario hacia un estilo sinxelo e non por iso
desprovisto de sentido para o neno/a en cuestión e para toda a aula.