venres, 25 de marzo de 2016

Mouri vai de fin de semana á casa de Luci... ou tratar de comprender a maxia

Que emociòn, è a primeira vez que Mouri foi durmir fora do cole. Levou na maleta roupa para mudarse (xa era hora) e o cepillo de dentes! seica o pasou moi ben e agora sò pensa en comer lasaña, està moi contenta e gustoulle moito a casa de Mina (que pena que non a coñeceras Mouri!).

 






O animismo è unha das caracterìstcas do pensamento infantil entre os 2 e os 7 (ou mais) anos. Ësta caràcteristica està asociada ao feito da non diferenciaciòn entre o eu e o resto do mundo coa que nacemos e que vai pasando por diferentes etapas na vida todas sempre ao redor desta relaciòn (eu-o resto do mundo) e que na època da adolescencia toma intensidades ben visibles.
Este animismo, este comprender as cousas como vivas e dotadas de intenciòns forma parte dese momento marabilloso no que estàn os nosos peques, è un tesouro a coidar con mimo, pois è base da formaciòn da sùa persoalidade e competencias.
Abracemos entòn esta capacidade màxica das nosas crianzas (e non sò o 6 de xaneiro) e, se somos quen de deixarnos contaxiar e abandoar por un momento esta rìxida mente adulta, rescataremos a nena que temos dentro, disfrutaremos da maxia coma ela o facìa.
( Seis estudios de psicoloxìa, Jean Piaget )