Proxecto Educativo de Centro
EEI Taboexa
Escola de Educación Infantil de Taboexa.
Conselleria de Educación e Ordenación
Universitaria. Xunta de Galicia
A Rata
s/n 36448, Taboexa, As Neves, Pontevedra
630 869 185, eei.taboexa@edu.xunta.es
recadosdamoura@blogspot.com
Introdución. Marco Legal
O contexto escolar. Datos do Centro
O edificio escolar
Horarios e oferta educativa
A Proposta pedagóxica
Fins e obxectivos
Metodoloxia
Actividades
Acción e seguimento do proxecto
Introdución_ marco
legal
O artigo 21 do texto consolidado da Lei Orgánica de
Educación, LOE, establece as pautas para a elaboración, aprobación e seguimento
do Proxecto Educativo de Centro, PEC.
Este documento mostra os signos identitarios do Centro e a súa proposta
pedagóxica expresada en termos xerais.
A Programación Xeral Anual, PXA, ofrece propostas máis concretas a
abordar nun curso académico.
o contexto escolar
A Escola de Educación Infantil de Taboexa atópase na aba Oeste do Monte
Sanomedio, no barrio da Rata (hoxe As Barreiras, por fagotización dos barrios
grandes sobre os pequenos case despoboados), pertencente á parroquia de Taboexa,
Concello de As Neves (5.000 hab), comarca do Condado).
Taboexa ten unha poboación de 500 habitantes aproximadamente, que no mes
de Agosto case se dobra polo retorno temporal dos emigrantes (nomeadamente dende
Madrid). A realidade é que un gran número de casas permanecen pechadas e sen
habitantes durante o curso escolar. Situación lamentablemente común en gran
parte do rural galego.
Taboexa é unha parroquia eminentemente rural, case que todas as casas
contan con terreo e horta, de xeito que a conexión co mundo natural permanece
presente e viva no alumnado.
O nivel socioeconómico é medio-baixo.
As oportunidades de ocio e cultura son, despois do vasto espazo aberto
de monte con que contan, un Centro Cultural xestionado pola Comunidade de
Montes e, na Vila de As Neves, a 7 km de distancia, unha Biblioteca e un
Auditorio Municipal. A 7 km tamén se atopa a Vila de Ponteareas, con 15.000
habitantes, que ofrece máis servicios de ocio, comercio e cultura.
O alumnado da EEI Taboexa procede, na súa meirande parte,
da parroquia de Taboexa, pero compre sinalar, que algúns cursos, boa parte do
alumnado procede de outros Concellos. Isto acontece porque as familias son
atraídas pola crenza, fundada, de que unha escola Unitaria ofrece unha óptima calidade
educativa ás crianzas preescolares, que precisan un trato cercano,
individualizado e integrado na comunidade.
o edificio escolar
O edificio escolar ten a singularidade das escolas públicas construídas
a principios do sec XX. É un edificio de sillería, de pedra granítica
construído a principios do século XX
como alternativa a outra escola anterior (Escola Baldeira) (1), construída a
mediados do século XXVIII.
O edificio mide 30m de longo por 8m de ancho, e sitúase, orientado cara o
oeste, ao longo da carretera EP 4202 que une as poboacións de Vilasobroso con
As Neves, (pasando pola saída 267 da Autovía das Rías Baixas , A-52).
No interior consta de
Vestíbulo de 10 m2 que da paso a:
Aula principal de 50m2
Aula anexa de 80m2 con espazo especialmente equipado para
psicomotricidade e Biblioteca.
Baños
Cociña e 2 pequenos almacéns
Patio exterior de 300m2 dotado de árbores e prantas e diferentes
propostas físicas de xogo e movemento, como randeeiras, tobogán, areeiro, cabana…
A pesar da antigüidade do edificio, éste recibe acaída atención por
parte do resonsable do seu mantemento, O Concello de As Neves, polo que as
condicións de habitabilidade son aceptables para o adecuando desenvolvemento
das actividades diarias, precisando, iso sí, atención permanente.
equipamento
A pesar de ser un Centro con pouco alumnado está suficientemente
equipado con todo o material, equipo informático, comunicacións, climatización, mobiliario, material didáctico,
etc, preciso para o desenvolvemento normal das actividades escolares.
Horarios e oferta educativa
A EEI Taboexa ten 20 prazas para alumnado de 3 a 5 anos (3 prazas
reservadas para crianzas con necesidades educativas especiais) e está adscrito
ao CEIP Marquesa do Pazo, de As Neves (o noso alumnado ten praza reservada alí
para primaria). A media de ocupación da Escola nos últimos 5 anos é de 10
alumnos/as.
O horario lectivo do Centro é de 9.00 ata as 14.00 hs.
A proposta pedagóxica
Neste apartado exporánse as características identitarias do Centro en
materia de principios pedagóxicos, ou, cales son as ideas sobre educación e
infancia que impulsan a actividade educativa.
Obxecto da Escola Infantil
A Escola Infantil é a resposta do
Estado á necesidade das familias de delegar a atención das crianzas durante as
xornadas laborais. As crianzas de menos de 6 anos non teñen necesidade de
instrucción académica. Sobre estas afirmacións a Escola de Taboexa ofrece un
acompañamento profesional a crianzas que teñen necesidades de afecto, xogo,
movemento, descanso, interacción persoais, e tamén, de desafíos intelectuais
que impulsan o seu desenvolvemento integral.
É así que, a mestra, como profesional do trato con crianzas, ofrécelles
a éstas un ambiente espacial, temporal, social e afectivo óptimo para que elas,
segundo os seus impulsos innatos desenvolvan os seus potenciais no eido
cognoscitivo, físico, afectivo e social, tendo sempre en consideración os
dereitos e o benestar da crianza como individuo dentro dun grupo como primeira
prioridade (2).
Respecto e confianza, base da relación.
Esta oferta educativa parte entón dunha actitude de respecto e
confianza. Respecto pola persoa e os seus ritmos e riscos individuais, e
confianza nas súas capacidades e nas súas intencións. A mestra alentará ás
crianzas nas súas iniciativas, atenderá ás súas demandas de xogo e actividade
ou descanso e impulsará o seu desenvolvemento integral ao ritmo que vaia
marcando cada unha, todo isto conciliando os intereses individuais e grupais e
promovendo un ambiente de relaxación, harmonía confianza e respecto.
Así, considerando que todo o tempo que as crianzas están a cargo da
mestra é momento educativo, ésta velará polos intereses do alumnado organizando
os tempos, os espazos, as actividades, o material e os agrupamentos nun balance
dinámico e delicado entre as necesidades, os desexos e as propostas do
individuo e do grupo.
O anteriormente exposto non é impedimento para que os límites, referencias necesarias para a seguridade e a confianza
das crianzas, xustificados, explicados e correctamente comunicados, teñan tamén
clara presencia na escola.
A escola como proxecto social.
Considerando tamèn que a Escola é un proxecto social, ésta intégrase na
comunidade de forma activa e proxecta a súa acción hacia o futuro, hacia o
tempo en que as crianzas de hoxe sexan cidadás activos na construcción dunha
comunidade responsable, respectuosa con un propio, cos demais e coa Natureza da
que facemos parte. Cara a ese escenario promóvese unha escola democrática,
plural, social, integradora, pacifista, ecoloxista, feminista, solidaria e
laica.
A escola, como espacio de emancipación persoal debe alentar que as
crinazas vaian formando os seus propios valores e crenzas, polo tanto debe
quedar ao marxe de ningunha posición ideolóxica ou crenza relixiosa, promovendo
o espíritu crítico, a capacidade de diálogo e razoamento e o respecto por todas
as persoas independentemente do seu sexo, etnia, ideas, posición social , etc.
Normalización da lingua galega
A escola de Taboexa, seguindo o mandato legal de usar como lingua vehicular aquela que maioritariamente
teñan as crinazas no seu ambiente, normaliza o uso do galego, pois ésta é a
lingua ambiental do rural galego e en particular da parroquia de Taboexa.
Trasladando na normalización da lingua un apego polas nosas raices,
tamén se transmite unha actitude de tolerancia, respecto e curiosidade por
todas as linguas do Estado Español e do mundo, nun exercicio de valoración e
respecto pola cultura propia sen deixar de observar con simpatía e interés as
outras culturas.
Relación coas familias
A escola é aliada das familias nomeadamente nesta primeira etapa onde,
por unha banda a escolarizacion supón a primeira gran separación da crianza da
figura de referencia, e por outra banda, os contidos a traballar achéganse máis
á tarefa educativa entendida de xeito xenérico que á instructiva. Entón a
Escola alenta a participación das familias ao mesmo tempo que lles pide
respecto hacia a funcion da mestra e a súa liña pedagóxica. As crianzas son
aínda moi novas e lles será de gran axuda no seu proceso de confianza no
sistema educativo, ver como as familias participan do proxecto escolar. Por
outra banda as familias son fonte inestimabel de recursos valiosos para o noso
traballo, ademais de que son unha gran axuda en termos loxísticos
(acompañamento, mellora das instalacións, aportación de material ou comida…)
As familias manterán reunións periódicas individuais para compartir
aspectos sobre a vivencia escolar de cada crianza.
O proxecto educativo da escola de Taboexa non se podería facer realidade
sen a colaboración das familias. Éstas son convidadas a participar na mellora e
mantemento das instalacións físicas. O espazo é un elemento educativo de gran
importanciaeo seu coidado deseño e organización require gran esforzo de tempo.
O espacio exterior, a conexión coa Natureza
As persoas facemos parte do ecosistema natural, necesitamos un medio
ambiente san se queremos sobrevivir con saúde, éstas ideas transmítense ás
crianzas a traves das palabras e dos feitos. A escola declárase explícitamente
ecoloxista e a nosa aspiración sería “Residuos 0” nomeadamente na hora da
merenda.
O espacio natural é o contexto máis saudabel para as persoas. Nel, cada un
atopa o desafío que responde as súas
necesidades individuais e sociais. A natureza ofrece o contexto ideal para o
desenvolvemento óptimo das crianzas na súa dimensión física, social e afectiva.
No movemento libre a crianza madura os órganos e as conexións neuronais
precisas para os futuros desafíos e actividades académicas, en particular, no
movemento libre, o órgano da visón fortalécese e agudízase. Unha correcta
madurez do mesmo é primordial para abordar a tarea da lectoescrita con éxito e
sen efectos secundarios adversos.
É necesario e urxente que a cidadanía reconecte coa entorna natural. As
crianzas espontáneamente senten moita atracción por todas as formas de vida, a
escola debe comprometerse a non bloquear esa inclinación natural da crianza.
Xogo e movemento
Xogo libre e movemento son dereitos da infancia e as máis poderosas
ferramentas de maduración integral da mesma. Observando o xogo libre dunha crianza
descubrimos os seus puntos de interés, o seu estadio evolutivo, riscos de personalidade
e carácter, estado emoiconal, etc. Para iso hai que dispoñer o espazo
-estímulos, materiais, riscos- e o tempo
para que o xogo libre flúa.
As crianzas de 3 a 6 aprenden e relaciónanse co mundo a través dos seus
sentidos, por tanto priorízane as experiencias con obxectos reais e con
presencia persoal por riba das tenolóxicas, nomeadamente porque somos
conscientes do problema de adición-entre outros moitos na sociedade-que causan
éstas. Aspiramos a ser un cole 0 pantallas.
Valoración do esforzo e o autocontrol a responsabilidade e o respecto
hacia os demáis.
Nun momento
histórico onde a comodidade, o pracer,a satisfacción inmediata de desexos e a
facilidade imperan na nosa sociedade, a valoración do esforzo e o autocontrol
en función dunha meta será un obxectivo a traballar co alumnado. A satisfacción
de ser quen de realizar unha tarea empodera a crianza e aléntaa a emprender a
seguinte, un pouquiño máis dificil. A mestra monitoriza eses procesos
propoñendo tarefas coa dificultade xusta para cada momento e cada individuo.
Atender ás
necesidades das crianzas non significa conceder todos os seus desexos. Aprender
a pospor unha satisfacción ou xestionar unha frustración fortalece a
personalidade do individuo e o prepara mellor para a vida en comunidade.
Sobre a lectoescrita e o tránsito a primaria
A Escola é coñecedora da polémica social e profesional ao respecto do
ensino da lectoescrita: cándo e cómo. A pedagoxía actual baseada nas últimas
descubertas da neurociencia afirma que os órganos cerebrais encargados da
lectoescrita non están maduros, como norma xeral, ate os 6, 7 anos. E por iso que ahí comeza a escolarización
obrigatoria. Entende entón esta escola, que todos as intervencións de
achegamento e familiarización coa linguaxe escrita son probablemente prematuras
e polo tanto deben ser deseñadas e executadas con máximo coidado e respecto
polos ritmos individuais.
Na EEI de Taboexa fúxese da hiperacademización da etapa (3). Pero, nun
esforzo para facilitar o paso a primaria, no derradeiro curso deséñanse
actividades conducentes a facer unha transición harmónica, nomeadamente
relativas á adquisición da conciencia fonolóxica e o proceso
lectoescritor, sempre dende o o respecto
ao individuo e aos principios pedagóxicos expostos neste documento.
Asimesmo o Centro mantén comunicación fluída co Centro de Primaria
adscrito para axustar accións e espectativas.
O plurigrado
O feito de mesturar crianzas de diferentes idades é un gran recurso
educativo que lamentablemente non se utiliza en Primaria. O plurigrado favorece
o respecto aos ritmos madurativos individuais porque non encasilla ás crianzas
polo seu ano de nacemento. O plurigrado favorece que unhas crianzas axuden
noutras en infinidade de tareas o que beneficia ás pequenas e tamén ás maiores,
que, por unha banda, empodéranse ao sentirse competentes e por outra, traballan
o sentido da empatía, moi difícil na estapa preescolar.
Periodo de adaptación
Cada inicio de curso chegan novas
crianzas que probablemente non estiveron nunca escolarizadas, por tanto é un
momento trascendente na súa vida, ábrese ante eles un novo mundo onde non está
a mamá, novos espazos, novas persoas, novos horarios…é a vida escolar, que
durará, alo menos, 12 anos. Paga a pena deseñar e xestionar este momento con
moito coidado, empatía e calma, ofrecendo seguridade e confianza e con gran
respecto polo esforzo que está a facer. Neste proceso están implicados mestra,
nai /pai e o resto do grupo.
Pero cada inicio de curso tamén hai outro grupo de crianzas que veñen de
pasar o verán, veñen do tempo non estruturado, se cadra as súas circunstancias
de vida mudaron…. Non son tan pequenas como as novas pero tamén son pequenas. Xa
coñecen a Escola pero tamén hai cambios, faltan compañeiros/as, e hai nenos
novos que absorben a atención da mestra. Hai tamén un periodo de adaptación
para eles.
O periodo de adaptación vai mási aló da flexibilización horaria para as
novas incorporacións. É un esforzo colecctivo por reconfigurar o grupo e
encamiñar un novo curso, comprensón dos límites, hábitos rutinas, actividades,
tareas, responsabilidades. É un periodo complexo e longo que paga a pena
transitalo a conciencia, pois sentará bases sólidas para que o transcurso do
curso escolar sexa harmónico e distendido. A Escola poderá suxerir ás familias,
alongar aflexibilización horaria do novo alumnado durante todo o primeiro curso
de escolarización.
Fins e Obxectivos
Os fins e obxectivos da Escola de Taboexa extráense case que
literalmente dos establecidos polo currículo establecido polas autoridades
educativas (4) Decreto 330/2009, do 4 de xuño, polo que se establece o
currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG do 23 de
xuño de 2009).
1. A finalidade da educación infantil é a de contribuír ao
desenvolvemento físico, afectivo, social e intelectual das nenas e dos nenos.
2. Na educación infantil atenderase progresivamente ao desenvolvemento
afectivo, ao movemento e aos hábitos de control corporal, ás manifestacións da
comunicación e da linguaxe, ás pautas elementais de convivencia e relación
social, así como ao descubrimento das características físicas e sociais do
medio. Ademais, facilitarase que nenas e nenos elaboren unha imaxe de si mesmos
positiva e equilibrada e adquiran autonomía persoal.
3. Potenciarase a transmisión daqueles valores que favorezan a liberdade
persoal, a responsabilidade, a cidadanía democrática, a solidariedade, a
tolerancia, o respecto, a xustiza, a prevención de conflitos e a súa resolución
pacífica, a non-violencia en todos os ámbitos da vida persoal, familiar e
social, así como o desenvolvemento da igualdade de dereitos e oportunidades e o
fomento da igualdade entre homes e mulleres.
metodoloxía
Non é o mestre o que ensina, e a crianza a que aprende nunha actividade
construtiva persoal que depende de:
1. O nivel de maduración orgánica xeral ou estrutura fisiolóxica
2. Os coñecementos previos
3. As habelencias
4. A actitude e motivación
A traves do xogo, o movemento e a creatividade as crianzas preescolares
experimentan, exploran e descubren propiedades, relacións, leis físicas…, en
consecuencia, constrúen os seus esquemas de coñecemento
O papel da mestra é moi importante á hora de facilitar e encamiñar esas
aprendizaxes. Ela observa qué é o que impulsa a un neno/a a acción e á
experimentación,e a partir de esa observación rigurosa e sistemática:
1. Deseña espacios e tempos
2. Ofrece materiais e actividades
3. Secuencia dificultades
Nunha dinámica circular que a leva a revisar e mellorar permanentemente
as propostas, así, a aprendizaxe que se autoimplusa polo patrón interno do neno
que o leva, coa nosa colaboración e control, a apropiarse de novos coñecementos
e habelencias.
A autonomía é un concepto
cheo de significado na Escola de Taboexa. Alude á habilidades físicase ao
librepensamento. É fin e medio. Na Escola ofrése á crianza a axuda xusta para
que a crianza avance. Todo axuda innecesaria é un obstáculo para o
desenvolvemento (María Montessori).
A motivación é compoñente
necesario da aprendizaxe. Por norma as crianzas preescolares manteñen un nivel alto de motivación se se respecta as
súas necesidades e inclinacións naturais.
O esforzo. A Escola confía na
capacidade das crianzas de desenvolver unha disciplina que pode ser impulsada
por motivación interna e tamén, por qué non, dende fora. Así, o alumno/a confía
na mestra cando ela o impele á perseverancia e o esforzo encamiñados a un fin
que será beneficioso para él/ela. A capacidade de esforzo é , en sí mesma un
obxectivo da Escola, sempre acordeaomomento evolutivo.
O espacio como axente educativo
A Escola entende
que o espacio é un axente educativo de primeira importancia. Un espazo ben
deseñado e organizado:
1.
Favorece a autonomía. Os materiais ao alcance da crianza econsitios
fixos e ben comunicados fan posible que ela seautoxestione para realizar as
actividades.
2.
Favorece a responsabilidade. Un espacio ordeado debe quedar ordeado ao
rematar a actividade. Obxectos fráxiles ou valiosos apelan ao coidado e a
responsabilidade na crianza.
3.
Favorece o sentido da beleza. Un espacio belido é o contexto visual
óptimo para desenvolver gusto pola beleza e a harmonía. Os materiais nobres
apelan ao noso ser conectado coa natureza e ofrecen sensación de benestar e
calma. Na Escola de Taboexa o plástico é un material non grato.
4.
Favorecer as distintas agrupacións. Unha aula organizada en diferentas
ambientes convida ao alumnado a agruparse dediferente xeito según intereses ou
afectos.
5.
Favorece a confianza. Un espazo emateriais deseñados a conciencia para
as crianzas ofrece unha atmósfera de confianza que propicia o relax e a
distensión , desafios físicos para o desenvolvemento motor, ou propostas de
tarea intelectual. Como un autoservicio onde a mestra dispón e a crianza elixe.
O espazo escolar
non é só a aula, ou o patio de recreo, na escola de Taboexa consideramos toda a
contorna natural e social cercana como espacio escolar. Así son moi frecuentes
visitas e saídas.
En particular
sinálase a área chamada Fonte da Moura
(Fonte da Cabreira). É unha área de 4.500m2 de monte comunal situada a 500m da
Escola. A EEI Taboexa considera esa área como unha extensión do espacio
escolar. Ali desenvólvense moitas actividades escolares, especialmente as
relacionadas coa Moura de Taboexa .
Actividades
A Programación Xeral Anual ofrece unha visión mais concreta sobre as
actividades a realizar cada curso educativo, non obstante todas as
programacións responderán ás pautas expostas neste documento
Para que o alumnado sinta
confianza sobre a súa presencia na escola, haberá unha estrutura xeral
de actividades fixas que se repetirán cada día, ofrecendo unha marco de
referencia para as crianzas. Así, elas irán ao cole sabendo qué é o que van
facer cada día: As rutinas. As
rutinas conforman un cadro de tipos de actividades. Éste repítese diariamente
sometida á observación da mestra e flexibilizada por ela según sexa acaído para
cada momento.
A xornada estructúrase así en propostas de tempo, espazo, agrupacións e
tipos de actividade que articulan o sosego co movemento, a individualidade coa
socialización, o xogo libre coa atención dirixida e a concentración coa distensión.
Polo xeral as rutinas do centro son
1. Ao chegar ao centro celebramos unha reunión a modo
de saúdo incial e planificación do día,
2. Momento de traballo tipo académico individualizado
(para os de 6º e/ou 5º, o resto pasa ao punto 3) individualizado e adaptado ás
motivacións e necesidades cambiantes,
3. Actividade libre nos recunchos do interior da aula
(hai 8 recunchos nos que poden estar e xogar según normas de uso e recollida)
4. Almorzo (coa súa preparación previa) e xogo libre
no patio
5. Momento de relaxación e actividade grupal de
despedida (conto, cancións, xogos dinámicos…).
Estas rutinas que se repiten diariamante van coadxuvando na autonomía
individual , na interiorización das normas e na cohesión do grupo, de xeito
que, xa no final do primeiro trimestre está preparado para abordar actividades especiais;
Os obradoiros semanais: persoas, nomeadamente familiares, que veñen a ofrecer unha sesión especial
(cociña, manualidades, arte…)
As saídas: na escola
de Taboexa as saídas son unha parte fundamental, nomeadamente as saídas á
contorna próxima. O monte e a aldea tamén son escola.
As visitas: Convidamos
a persoas a visitarnos, compartir o seu tempo e os seus saberes con nós ou
ofrecernos unha actuación artística. As crianzas vivencian a acollida a unha
persoa dende o punto de vista do anfitrión, aprenden a estar cun extraño, a
tratalo ben, a comportarse nunha actuación artística, un paso máis na autonomía
e no saber estar.
O/a axudante
O axudante é unha Unidade de Traballo moi común nas escolas da etapa
infantil, trátase de que as crianzas, individualmente e por quendas rotativas
desempeñen algunhas responsabilidades e disfruten de certos privilexios de
maiores.
Na EEI de Taboexa tamén existe a figura do axudante (encargado) e o
cometido deste proxecto e
• Iniciar
á crianza na asunción de responsablilidades con crecente grao de complexidade,
o que está conectado con
• Impulsar
na crianza a elaboración de un auutoconcepto positivo que o prepare para asumir
desafíos de creciente complexidade.
• Iniciar
á crianza na comprensión da necesidade da colaboración nos colectivos.
• Iniciar
á crianza na familiarización coa lectoescrita, o calendario, e outros contidos
académicos
O proxecto consiste en que as crianzas, a medida en que se van sentindo
competentes (e na medida en que se precise na escola) asumen a función de
axudante que consiste en:
• Ao
entrar no cole colocar os coxíns para facer a asemblea inicial
• Cando
xa están todos o case todos os nenos indicar que se senten (e os nenos han de
facelo)
• Pasar
lista a ver quen víu e quen falta (1º tarea escolar de lectoescrita)
• Establecer
(con tarxetas) as rutinas do día
• Elexir
a actividade final (conto, música ou xogos)
• Rodear
o día no calendario.
• Ao
rematar o recreo, mentres os compañeiros recollen os xoguetes do patio, él
entra na aula a gardar os coxíns, recoller as tarxetas e elixir o conto, así
como coller un vaso de auga para a mestra.
• axudar
á mestra, tanto na loxística do conto como no relato/dramatización.
• Algunha
outra responsabilidade que a mestra lle asigne
• Algunha
aque outra actividade especial para él: a árbore xenealóxica,unha masaxe de
todos, que lle fagan un agasallo (debuxo, pulseira, etc)
Esta Unidade de traballo ten gran importancia na escola infantil porque
marca de forma nautral e autoxestionada
un hito, quizais o primeiro, en canto ao nivel no que se sitúa unha
crianza na escola: cando unha nena pasa a ser axcudante, a súa vida na escola
dá un xiro , pois empeza a traballar (exercicios académicos despois da asemblea
incial), antes de xogar nos recunchos, como facía antes directamente e como
seguen a fecer os máis pequenos.
Estímase que as crianzas comezan a ser axudantes no curso intermedio. No
caso de que un meniño queira ser axcudante no primeiro curso non se lle vai
impedir, do mesmo xeito indúceselle a un neno do curso alto a que asuma a
responsabilidade de ser axudante anque él non queira, non é habitual pero ás
veces danse estes últimos casos en nenos con pouca seguridade en sí mesmos ou
con un ritmo madurativo máis lento.
En resumo, o rol de axudante e causa e efecto de un noo impluso na
maduración das crianzas, a nivel xeral e no eido académico, e vivénciase con
orgullo por ser competente e poder serútil á comunidade
A Moura de Taboexa
Compre sinalar tamén neste documento, que, na liña de procurar que a
escola sexa axente social dinámico, vivo e integrado na comunidade, ésta faise
eco das potencialidades educativas existentes na contorna e as incorpora na súa
práctica. Sendo Taboexa, terra rica en vestixios prehistóricos de gran
importancia, o patrimonio arqueolóxico é fonte de inspiración para moitas
actividades, pero en especial o patrimonio inmaterial. A Moura de Taboexa convírtese
entón en protectora e aliada das crianzas do cole e alenta tareas e aventuras
ao longo do curso escolar, culminando éste cunha excursión polo monte na
procura da súa Cova e o Tesouro, que finalmente atopamos no medio de
emocionantes sucesos.
acción e seguimento
do proxecto
A acción escolar é realizada nomeadamente pola responsable do Centro con
puntual participación de mestres especialistas enviados dende o Centro
Adscrito.
O Consello Escolar, que é o
organo de máxima autoridade no Centro Escolar e está conformado pola
responsable do Centro, unha representación do Concello e unha representación
das familias, reúnese cada trimestre para
1. revisar e aprobar, se procede, a Programación Xeral
Anual (PXA), a declaración económica de gastos do Centro e, a final de curso, a
Memoria de actividades
2. Dar seguimento ás obras de mantemento e mellora que
realiza o Concello
3. Calquera outra cuestión que sexa de importancia
para a comunidade educativa.
No blog A Moura de Taboexa, recóllense os documentos de planificación
escolar deinterés para as familias (PEC; PXA; Memorias) e publícanse
periódicamente reflexións da responsable sobre a acción docente, a infancia e a
crianza.
PEC aprobado en sesion de Consello Escolar en Outubro de 2021
Karina Mouirño Espiñeira
Responsable de Centro EEI Taboexa
Ningún comentario:
Publicar un comentario