A ESCOLA E DO PAPEL
DA MESTRA. IDEAS BASE
Respecto polas
persoas
A escola è un lugar e un tempo onde as persoas se respectan
e se tratan ben, hai un ambiente de confianza e cariño entre todos/as. Por ser
pequenos de idade non merecen os nenos/as menos respecto que calquera persoa
Confianza nos
nenos/as e respecto e admiración polo seu momento evolutivo
A mestra confía na capacidades dos seus alumnos/as, sabe e
sinte que o neno/a vai desenvolvendo en
cada etapa da sùa vida, habilidades, vocaciòns e intereses que responden à sùa
evolución, non tratamos de apurar fases, sabe e sinte que o neno/a ten una
forza interior que o leva a querer aprender en cada momento, aquilo que està
preparado para aprender.
Papel da mestra
·
Buscar e garantir esa atmosfera de respecto e
confianza onde as vocaciòns e os interesas agroman, e o enon desenvolva una
mente estruturaada
·
Estimular e dar saìda as habilidades e
potencialidades dos alumnos/as
·
Dispoñer todas as circunstancias (organización de
grupos, espacios, tempos, materiais, …)
para que cada neno/a constrùa as
aprendizaxes axeitadas ao seu momento evolutivo
·
Acompañar e guira ao neno/a no camino do seu
desenvolvemento intelectual emocional e físico de acordó coas sùas necesidades.
·
Responder às necesidades dos nenos/as
(seguridade, xogo…)
A escola como
proxecto social.
Somos partícipes de etapas cruciales no desenvolvemento de
persoas que no futuro serán cidadàns e axentes sociais, por iso, sempre cunha
perspectiva de responsabilidade social, e comezando dende a integración coas
familias, a escola entèndese como un ente permeable e en contacto activo co
resto da comunidade, participando na sùa vida social.
Acentuamos as ideas de ecoloxìa e coeducación porque
entendemos que son asuntos problemáticos a nivel social nesta coxuntura na nosa
comunidade. O respecto e valoración da
natureza, e a igualdade de dereitos e trato entre homes e mulleres guìan a nosa
pràctica educativa.
O ambiente e os
materiais.
O ambiente organizase cuidadosamente para fomentar a
aprendizaxe eo desenvolvemento integral (emocional, social, físico e mental)e
responde as necesidades de orden, seguridade, simplicidade e beleza.
Os materiais están ao alcance dos nenos/as e fomentan a sùa
autonomía. Deben captar a curiosidade e
guialo polo desexo de aprender, desafiando con dificultade gradual e
autoregulable intelectualmente aos nenos/as
Metodoloxìa
O desenvolvemento e a aprendizaxe humanos son basicamente
parte dunha actividade constructiva persoal que a profesora trata de impulsar,
soster e ampliar baseándose en:
Principio de consistencia
evolutiva. O que unha persoa é quen de facer e aprender nun momento determinado depende do
seu nivel de desenvolvemento e do conxunto de ideas e representacións previas: coñecementos,
actitudes, expectativas e motivacións que construíu nas súas experiencias.
Principio de actividade
autoestruturante. A través da actividade e o xogo (necesidade natural do
neno), experimentan, exploran e descobren propiedades, relacións...constrúen os
seus esquemas de coñecemento e estimulan
a creatividade .
Aprendizaxe significativa.
Un aspecto da realidade que ata o momento non percibiramos, comeza a cobrar
sentido a partir das relacións que, motivados, somos capaces de establecer co
que xa sabemos, é dicir, cos esquemas de coñecemento cos que xa contamos.
Esta concepción constructivista conleva implicacións
prácticas:
Globalización. Os nenos/as pequenos/as perciben,
pensan e actúan de forma integral, por iso unha metodoloxía globalizadora facilitará aprendizaxes significativas. Así
se concretará esta programación: a redor dun centro de interese motivador (UD),
dun contexto globalizador, ou dunha incidencia inesperada, integrándose as
diferentes actividades de
ensinanza/aprendizaxe interconectadas.
Principio de individualización. O tratamento
educativo da diversidade mediante unha ensinanza individualizada debe rexeitar
un método único para todos, porque a verdadeira individualización consiste en
adaptar os métodos de ensinanza e o tipo
de axuda pedagóxica ás características do neno/a e ás súas necesidades,
intereses e estilos de aprendizaxe.
Principio de afectividade e socialización. Preténdese
potenciar no neno/a desenvolvemento dunha afectividade sa e positiva que o leve
a aceptarse e valorarse a el mesmo e propicie relacións sociais de amor e
colaboración.
Aprender a pensar e Aprender a aprender na busca da
autonomía. O alumno/a desenvolverá habilidades de pensamento que o leven a
buscar e construír os seu propio coñecemento. A partir da orientación do
mestre/e e interrelación cos compañeiros/as, o alumno/a dispón as condicións
para que, cando o seu momento evolutivo o permita, será quen de rexerse polos
seus propios criterios.
En busca dunha sociedade democrática. Os alumnos de
E. Infantil de Hoxe serán os cidadáns e cidadás de mañá, e toparanse cunha
contemporaneidade que, se cadra, nos é difícil prever, por iso é importante que
adquiran espírito crítico para facer unha análise permanente do que sucede e
valorar posibles respostas. Non se pode agardar á “maioría de idade”; desde ben cedo débese
colaborar no desenvolvemento dunha sociedade democrática creando ambientes
abertos á discusión é á diversidade, e propiciando prácticas que privilexien o
exercicio da convivencia. As normas e límites definidos, comprendidos e
aceptados entre todos/as e as habilidades sociais axudarannos neste cometido.
Valoración do esforzo e o autocontrol. Nun momento
histórico onde a comodidade, o pracer,a satisfacción inmediata de desexos e a
facilidade imperan na nosa sociedade, a valoración do esforzo e o autocontrol
en función dunha meta será un obxectivo a traballar co alumnado. A
competitividade sana, dirixida hacia un mesmo “podo facelo mellor a p`roxima
vez” será alentada.
Apego e valoración da cultura propia. Valorar a as nosas características
identitarias favorecerá que apreciemos e respectemos as outras culturas e
aceptemos a multicultralidade en que, cada vez máis, estamos inmersos. Isto
axudarános a medrar como cultura e como individuos.
Expoño a continuación algunas ideas que serán, sempre dentro do respecto à normativa vixente, e às características evolutivas do alumnado, as que orienten a miña pràctica educativa:
· Respecto polo alumnado,
· Respecto polo seu momento evolutivo
· Cariño e bondade
· Responder às sùas necesidades de xogo, aprendizaxe e descubrimento
· Autonomía nas sùas actividades habituais, toma de decisiòns e iniciativa persoal
· Seguridade afectiva e emocional. Confianza en un mesmo. Autocoñecemento
· Respecto hacia os demais e as diferencias. Socializaciòn
· Respecto hacia todos os seres vivos e à natureza
· Igualdade de xéneros
· Resoluciòn non violenta dos conflitos
· Creatividade
· Convenciòns sociais, normas de educación
· Expresarse con corrección
· Aprender a aprender .
· O valor da cooperación
· Aprendizaxe activa
· Actividades ligadas a situaciòns reais
· Investigar
· Razonar, espíritu crìtico
· Gusto pola relacion cos demais e a comunicaciòn
· Iniciación à linguaxe escrita
· Iniciación a conceptos de lòxica-matematica
· Expresión artística e cultural
· Comprensiòn do mundo e integración
· Responsabilidade , valores
· O esforzó e a superaciòn persoal
Maio 2018
Ningún comentario:
Publicar un comentario