Directrices xerais de entrada e saída. Son o resultado de moitos díasexperimentando, reflexionando e deseñando estratexias para estes momentos delicados. serán modificadas no momento en que sexa preciso.
Entrada
9.00
Van entrando ao vestíbulo as crianzas, se é preciso co acompañamento do adulto.
As crianzas deben chegar camiñando e cargar a súa mochila, estamos dando os primeiros pasos na incorporación do sentido da reponsabilidade e autonomía
por iso no vestíbulo, por sí mesma: quita o abrigo, mochila e calzado, coloca as súas prendas no sitio correcto e pon as pantuflas. Lembrammos: unha axuda innecesaria é un obstáculo para o seu desenvolvemento (María Montessori).
A persoa axudante (encargado) vai colocando os coxíns para todos e todas.
9.15
Comezamos coa primeira actividade
do día: A Roda. As familias marchan. Non se pode interrumpir a roda, unha vez que ésta termine, ao redor das 10.00 ábrese a porta de novo para que entre algún pequeno (algúns pequenos teñen establecida a entrada ás 10.00 como alargamento do periodo de adaptación) ou outro alumno/a que por algún motivo non puido chegar á roda (previo aviso)
Se chegas ás 9.15 e a roda xa está comezada, por favor, as familias xa non entran, só a crianza. Se chegas ás 10.00 e inda estamos na roda, agarda uns minutos, cando remate a roda abrimos a porta e entra só a crianza.
Saída.
A saída farase nomeadamente polo patio.
A partir das 13.50 o adulto que chega ao cole pode acceder ao patio pola canceliña de madeira, a maioría das veces xa andaremos nós dispersados polo patio agardando por vos (no caso de que aínda estiveramos en actividade baixo a pérgola pode agardar uns minutos nun plano discreto). Así podemos durante eses minutos comentar algunha cousiña ou a persoa que queira marchar pode facelo, debe indicarllo ao neno/a en cuestión e o neno/a debe atender as indicacións do adulto.
Neste punto é moi importante que a cancela permaneza sempre pechada. Non debedes enredar estado a cancela aberta.
Ás 14.00 marchan todos.
Os días de choiva as crianzas saen pola porta principal do Cole.
A partir das 13.50 deixo saír a aquelas crianzas que están preparadas (abrigo e mochila correctamente postos) mentres eu axudo aos que faltan e así tamén despexamos o vestíbulo. Entón, no patín encóntranse co seu adulto ou agardan por él, neste último caso as crianzas non poden saír do patín, é o adulto o que ten que subir a recollelo persoalmente. Cando están todos listos xa podo saír eu
As crianzas están baixo a miña responsabilidade ata que vos
chegades ao patín, elas deben agardar ahí e non saír
pola costa abaixo ao encontro da mamá, normalmente eu non estou presente nese
momento porque estou axudando aos últimos en prepararse e para non facer
agardar a todos ata que remate o último. Unha vez que chega a mamá, xa está a
crianza a cargo dela. É unha cuestión de seguridade que quero ter baixo
control. Os riscos son para outros momentos, basta unha mirada ao patio ou ao
interior da escola para ver que entendemos o risco como axente de maduración
persoal, pero como sempre, con límites,
e o da saída, coa carretera tan cerca, é un deles.
E falando de riscos, quero mostrarvos este parque de xogos
tan singular, para quen pense que o patio de Taboexa está desordenado ás veces,
ou abandonado…veredes
Ningún comentario:
Publicar un comentario