Non obstante o asunto amerita, baixo o meu criterio un esfornzo de reflexión e consecuente flexibilidade que aquí explico:
Todas as prácticas profesionais requiren unha reflexión permanente a prol da mellora constante. No eido educativo en especial por ser os nosos usuarios persoas expostas á nosa influencia, e sendo menores, con limitacións á hora de valorar o trato recibido, expresar a súa valoración, emitir unha queixa, ser considerados en serio, etc.
A reflexión de base na escola infantil versa sobre a
necesidade ou oportunidade da propia escolarización aos 3 anos de idade e xa se abordou anteriormente.
Hoxe centrámonos na realidade das familias que decidiron escolarizar ás
crianzas e que se preguntan acerca da cantidade de horas que un neno/ade 3 anos
debe pasar no cole e o horario ao que se se somete.
Qué necesidades atende o horario de 5 horas diarias para
unha nena de 3 anos que ten que erguerse antes das 8 da mañán no inverno? Non é
extraño que un neno de 6º de Primara teña o mesmo horario de unha de Infantil ?
Parece claro que o horario e calendario escolar, alo menos
no que atinxe á Infantil, responde máis ás necesidades familiares ou do sistema
que ás necesidades das crianzas. Por outro lado, nos centros transportados, que
son a inmensa maioría sería un contratempo ter 2 horarios de entrada diferentepolo
tanto concluímos que responde a intereses económicos.
Penso entón, dende a Escola de Taboexa, e sen saírme do sistema
que nos acolle (A Administración Pública), en cómo deseñar horario e calendario
atendendo ás necesidades das crianzas mais que do sistema, e penso naquelas
crianzas que teñen oportunidade, por circunstancias familiares, de acortar a
estancia no cole.
A Escola de Taboexa ten unha clara vocación scocial e é por
iso que non me podo prestar a liberar o horario completamente deixando que cada quen faga uso dela según as súas necesidades
individuais. A escola está sendo para as
nosas crianzas o primeiro contexto social onde se van a relacionar en termos de
igualdade, considero que dende a escola temos a responsabilidade de crear
comunidade. É por iso que me resisto tozudamente a renunciar ao noso rito de
saudo inicial da mañan, a roda,e polo
tanto non son quen de flexibilizar a
hora de entrada mais aló dos 15 minutos . Pero a base de moita reflexión,
consulta e debate albisco outras posibilidades de flexibilización temporal
·
A posibilidade de acortar o calendario escolar a
4 días semanais.
· Pódese explorar tamèn a posibilidade de entrar
as 10.00,
Quen queira facer uso de unha de estas posibilidades debe falar conmigo e
estableceremos entón un horario
personalizado e estable para o
neno/a en cuestión.
Isto non e óbice para que un día solto un neno/a chegue no
medio da mañán ou sexa recollido fora de hora (polo motivo que for,médico,
excursión, visita de familiares, malestar,
durmir mal…), non hai ningún problema con estas incidencias, somentes pido que
se me anticipen. Non obstante prégovos encarecidamente que non nos
interrumnpades entre 9.15 e 10 e entre
13.00 e 14.00. Son tramos horarios nos que estou con todo o grupo e non me podo
ausentar para abrir a porta. Entre 10.00
e 11.00 estou medianamente dispoñible, pois o grupo está con actividade non
dirixida, e, finalmente entre 11.00 e 13.00 facemos a merenda e o recreo, de
modo que é a mellor hora para calquera atención.
Lembrade entón:
A posibilidade de acortar a semana a 4 días
A posibilidade de entrar 10.00
Non interrumpir a nosa actividade entre 9.15 e 10.00 e entre
13.00 e 14.00
Se unha crianza chega ao cole mentes estamos na roda, será
un compañeiro/a quen abra a porta, entón entrará a crianza soa e , mentres nos
seguimos coa roda ela se prepara no vestibúlo,despois, incorpórase discretamente
á actividade, saudando a todos. Non intervimos nen a profe nen a mamá.
Calquera das
posibiliades de recorte de horario volas ofrezo cun gran esforzo pola miña
parte xa que, como sabedes, teño serias dúbidas sobre cómo se resentiría o
proceso de integración no grupo e sobre a importancia das actividades que se
“perden”, pero estou disposta a explorar estas vías se algunha familia sinte
que estas opcións satisfacen unha necesidade seria e real. De modo que espero
de vos moita responsabilidade na xestión de estas posibles adaptacións persoais
de horario/calendario.
Ningún comentario:
Publicar un comentario