Programacion
Xeral Anual
EEI
Taboexa, curso 2024/2025
responsable: Karina Mouriño Espiñeira
Aprobada polo Consello Escolar o 9 Outubro de 2024
Presentación. O Marco: PEC e CC
Calendario Escolar e horario de Centro
Consello Escolar e cadro de organización docente
Estratexias didàcticas e ppios
metodolòxicos
Relaciòn Comunidade -Familias- Escola.
ANEXO 5 ADDENDA AO PROXECTO LINGÜISTICO
ANEXO 7 CONCRECION ANUAL DO PLAN DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE
Presentación.
O Marco: PEC e CC
Esta
programación, expón a planificaciòn da actuaciòn educativa da EEI Taboexa para o
curso 2024/2025 integrando:
- As disposicións legais
que sobre materia educativa establecen as Administracións Pùblicas
Decreto 374/1996 (regulamento orgánico),
Orde do 22 de xullo de 1997
(concrecion do anterior),
Decreto 150/2022, de 8 de septiembre, por el que se
establece la ordenación y el currículo de la educación infantil en la Comunidad
Autónoma de Galicia
Decreto 79/2010
(plurilinguismo),
Orde do 5 maio 1993
(avaliaciòn)
Decreto 8/2015 de convivencia
Orde do 30 de maio de 2023
pola que se desenvolve o Decreto 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o
currículo da educación infantil
- As caracterìsticas do
grupo e a sùa contorna
9 alumnos/as : 2 nenas e 7
nenos de 3, 4 e 5 anos, residentes maioritariamente en zona rural de entorno
socioeconòmico medio baixo e lingua ambiental o galego.
- A particular forma de entender a actuaciòn
escolar por parte da responsable:
A escolarizaciòn na etapa
infantil é a oportuna resposta do Estado perante a necesidade da sociedade de
conciliar o tempo laboral co tempo familiar, que, de paso, cubre as posibles necesidades de
socialización entre iguais das crianzas preescolares.. Na escola infantil dispomos
as condiciòns materiais e o apoio profesional para que a crianza medre nun
ambiente seguro, amable e propiciatorio para o seu desenvolvemento integral
como persoa e como cidadán/á, se familiarice coa vida escolar e desenvolva as
aprendizaxes propias do seu momento evolutivo.
Cada momento, cada situación,
cada interrelación e cada actividade está cargada de mensaxes e aprendizaxes para as crianzas, por iso na EEI Taboexa
considera que todo o que acontece na escola é un feito educativo, por tanto
obxecto de reflexión análise e xustificación.
Esta
programación é a concreción para este curso das ideas expostas no PROXECTO
EDUCATIVO DE CENTRO, documento á disposición da Comunidade Educativa
Calendario
Escolar e horario de Centro
O
Centro permanece aberto de luns a venres de 8.40 a 14.20 e os mércores de 15.30
a 17.30.
O
horario lectivo é de 9.00 a 14.00.
A
responsable estarà dispoñible para atenciòn a familias, os luns de 10.30 a
11.30 (clase de inglès), e os mércores de 16.00 a18.00.
O
calendario escolar é o establecido pola administración educativa téndose solicitado como non lectivos o 6 de
Marzo e o 2 de Maio
Consello
Escolar e cadro de organización docente
O
Consello Escolar esta constituído, segundo a lexislación vixente pola
presidenta do mesmo, a responsable do Centro , a representante do Concello de
As Neves Susana Gil e o representante das familias, Daniel Dominguez Gil.
O
Consello Escolar reúnese 3 veces ao ano de xeito ordinario para aprobar (se
cabe) esta PXA, as contas e a memoria do curso, respectivamente. Amáis
reunirase tantas veces como sexa preciso tomar decisións importantes.
Este
curso 2024/2025 exercerán a docencia na escola, a máis da titora Karina
Mouriño, especialista en Educación Infantil, unha especialista en Audición e
Linguaxe , a Orientadora do CEIP de As Neves e unha especialista de inglés .
A
profesora permanece todas as horas lectivas no centro (agás 2 horas de libre
disposición) e con función docente agás
a sesión da especialista de inglés.
Modificacións
ao PEC e CC
Ningunha
significativa, O contro participa no Plan Proxecta no programa de Paisaxe e
sustentabilidade, da Consellería de Medio Rural
Pódese
consultar o PEC en https://www.blogger.com/blog/page/edit/6823809138513100891/2138128011467190904
Obxectivos
Este
curso académico temos como obxectivo máis apremiante aumentar a matrícula, ao
mesmo tempo é intención da responsable do Centro, afianzar as relacións coa
comunidade
Cara
ao alumando os obxectivos son:
·
Asegurar a integridade e seguridade fisica, psíquica e emocional do
alumnado
·
Acompañar, dispor as condiciòns e ofrecer a axuda necesaria para o desenvolvemento
das competencias bàsicas
·
Ofrecer modelos positivos ao alumnado ao respecto de cuestiòns éticas, de
saùde, coidado persoal, relaciòn cos demais, coidado do medio, non violencia,
igualdade de xènero, etc...
No
marco da lexislaciòn vixente e no estrito respecto ao momento evolutivo do
alumnado, concrètanse aquì as ideas que dirixiràn a pràctica educativa :
·
Desenvolver autonomìa nas actividades habituais
·
Avanzar na seguridade afectiva e emocional e na autoconfianza. O
autocoñecmento e a autoaceptaciòn como
base para o desenvolvemento saudable da persoa.
·
Desenvolver actitudes de respecto por un propio, polos demais, e por todos
os seres vivos, adquirindo destrezas que lle permitan incorporarse ao mundo
natural e social no que viven como cidadanìa activa e responsable aprendendo a
resolver conflitos asertivamente. .
·
Desenvolver estratexias de resoluciòn de problemas adquirindo hàbitos de
esforzo e perseverancia,
·
Utilizar a linguaxe verbal de forma axustada a diferentes situaciòns de comunicaciòn
para comprender e ser comprendidos/as nun tono de respecto e coidado.
·
Familiarizarse coa linguaxe escrita e cos códigos da lóxica matemática, así
como nas técnicas de tratamento da información
·
Familiarizarse coas rutinas e actividades escolares preparando actitudes e
aptitudes cara a etapa escolar propiamente dita.
·
Avanzar nas capacidades intelectuais de conceptualizaciòn e razoamento na
bùsqueda do posicionamento responsable ante situaciòns reais, impulsando o
nacemento da emancipación persoal.
·
Control do corpo, os seus movementos e o seu coidado .
·
Enriquecer e diversificar as súas posibilidades expresivas mediante a
utilización dos recursos da contorna, así como aprezar diferentes
manifestacións artísticas propias da súa idade
·
Desenvolver unha actitude de aprecio e identificación cara as
manifestaciòns culturais e artìsticas propias e alleas.
·
Preservar as actitudes de curiosidade e respecto pola contorna natural e
social
Estratexias
didàcticas e ppios metodolòxicos
O
desenvolvemento e a aprendizaxe humanos son basicamente parte dunha actividade
constructiva persoal que a profesora acompaña,orienta e impulsa baseándose en:
Principio de consistencia evolutiva. O que unha persoa é quen de facer e aprender nun
momento determinado depende do seu nivel de desenvolvemento e do conxunto de
ideas e representacións previas:
coñecementos, actitudes, expectativas e motivacións que construíu nas súas
experiencias.
Principio de actividade autoestruturante. A través da actividade (necesidade natural do
neno) o movemento e o xogo experimentan, exploran e descobren propiedades,
relacións...constrúen os seus esquemas de coñecemento e estimulan a creatividade .
Aprendizaxe significativa. Un aspecto da realidade que ata o momento non
percibiramos, comeza a cobrar sentido a partir das relacións que, motivados,
somos capaces de establecer co que xa sabemos, é dicir, cos esquemas de
coñecemento cos que xa contamos.
A
concepción construtivista, aplicada á Etapa Infantil, e en función do modelo
social que se pretende propiciar, conleva implicacións prácticas:
Globalización. Os nenos/as pequenos/as perciben, pensan e actúan de
forma integral, por iso unha metodoloxía globalizadora facilitará aprendizaxes significativas. Así
se concretará esta programación: ao redor dun centro de interese motivador (Proxecto
de Traballo), dunha incidencia
inesperada, ou calquera asunto que sexa do interés do grupo, integrándose as
diferentes actividades de ensino/aprendizaxe
interconectadas.
Principio de individualización. O tratamento educativo da diversidade rexeita un
método único para todos, porque a verdadeira individualización consiste en
adaptar os métodos de ensino e o tipo de axuda pedagóxica ás características do
neno/a e ás súas necesidades, ao seu momento evolutivo, intereses e estilo de
aprendizaxe. Incidindo na autonomía das crianzas e cunha boa programación, nun
grupo pequeno é perfectamente factible.
Principio de afectividade e
socialización. Preténdese potenciar no
neno/a desenvolvemento dunha afectividade sa e positiva que o leve a aceptarse
e valorarse a el mesmo e propicie relacións sociais de empatía e
colaboración.
Aprender a pensar e Aprender a aprender na busca da
autonomía. O alumno/a desenvolverá
habilidades de pensamento que o leven a buscar e construír o seu propio
coñecemento. A partir da orientación do mestre/e e interrelación cos
compañeiros/as, o alumno/a dispón as condicións para que, cando o seu momento
evolutivo o permita, será quen de rexerse polos seus propios criterios.
En busca dunha sociedade democrática. Os alumnos de E. Infantil de hoxe serán os
cidadáns e cidadás de mañá, e toparanse cunha contemporaneidade que, se cadra,
nos é difícil prever, por iso é importante que adquiran espírito crítico para
facer unha análise permanente do que sucede e valorar posibles respostas. Non
se pode agardar á “maioría de idade”;
desde ben cedo débese colaborar no desenvolvemento dunha sociedade democrática
creando ambientes abertos á discusión e á diversidade, e propiciando prácticas
que privilexien o exercicio da convivencia. As normas e límites
definidos, comprendidos e aceptados entre todos/as e as habilidades sociais
axudarannos neste cometido.
Valoración do esforzo e o autocontrol. Nun contexto social onde a comodidade, o pracer,a
satisfacción inmediata de desexos e a facilidade imperan na nosa sociedade, a
valoración do esforzo e o autocontrol en función dunha meta será un obxectivo a
traballar co alumnado.
Apego e valoración da cultura galega. Valorar a
as nosas características identitarias favorecerá que apreciemos e respectemos
as outras culturas e aceptemos a multiculturalidade en que, cada vez máis,
estamos inmersos. Isto axudarános a medrar como colectivo e como individuos.
Os
ùltimos estudios cientìficos relacionados co mundo educativo coordinan a visiòn
da psicoloxìa (estudio da conduta humana e o seu sustrato biolòxico) a
pedagoxìa (o estudio dos procesos de ensino-aprendizaxe) e a neurociencia (o
estudio do cerebro e o seu funcionamento propiciado polo avance nas tècnicas de
imaxe da actividade cerebral) e danse en denominar neuroeducaciòn. A
neuroeducaciòn mòstranos que para darse o proceso de aprendizaxe ten que
existir unha estrutura fisiolòxica competente , unha disposiciòn emocional
positiva e un mètodo eficaz que atenda aos dous requisitos
anteriores.
A
estrutura fisiolòxica ven marcada, non solo pola idade senòn tamèn polo ritmo
de maduraciòn de cada persoa, è por iso que a agrupaciòn en plurigrado è un
valioso recurso que nos permite flexibilizar a actuaciòn educativa e que todo o
alumnado se sinta incluido sen ser estigmatizado por razòn da sùa idade. É
fundamental, sobre todo na primeira etapa da escolarizaciòn, respectar os
ritmos madurativos de cada alumno/a e asì aproveitar todo o potencial de
aprendizaxe sen menoscabar a motivaciòn, o tesòn, a confianza e a autoestima.
A
motivaciòn na etapa infantil està disponible, o alumnado de infantil mostra de
forma patente interès por aprender todo ao seu redor. Basta unha mìnima
sensibilidade e observaciòn para captar o seu interès.
Cun
mètodo que respecte o momento evolutivo da crainza e estea baseado na
observaciòn da forma en que os nenos e nenas aprenden, seremos quen de axudar
ao desenvolvemento de todos as estruturas fisiolòxicas que interveñen nos procesos de aprendizaxe
Competencias
bàsicas
Competencia
é a capacidade dunha persoa de desenvolver habilidades en contextos e
situacións cotiás, nas que son precisos coñecementos vinculados a diferentes
saberes, e por tanto transversais. Ser competente implica comprender as
situacións, reflexionar sobre o que está a pasar, discernir sobre a mellor
acción a desenvolver de acordo coa dimensión social de cada situación e
executar físicamente a resposta.
O
termo competencia inclúe tanto os saberes (coñecementos teóricos) como as
habilidades (coñecementos prácticos ou aplicativos) e as actitudes (compromisos persoais). O termo vai máis alá do saber e do saber facer, porque inclúe tamén o saber ser ou estar e o saber aprender. Trátase de aprender a ser e actuar
de modo autónomo, aprender a pensar e comunicar, aprender a descubrir e ter
iniciativa e aprender a convivir e habitar no mundo.
O
currículo establece as competencias
consideradas básicas para toda persoa que remata a educación primaria :
a) Competencia en comunicación
lingüística (CCL).
b) Competencia plurilingüe
(CP).
c) Competencia matemática y
competencia en ciencia, tecnología e ingeniería (STEM).
d) Competencia digital (CD).
e) Competencia personal,
social y de aprender a aprender (CPSAA).
f) Competencia ciudadana (CC).
g) Competencia emprendedora
(CE).
h) Competencia en conciencia y
expresión culturales (CCEC).
Para
promover as competencias básicas non só
se considera importante o traballo na aula, senón que tamén se ten moi en conta
as relacións persoais que se establecen, a propia comunicación entre todos os
membros da comunidade educativa e a relación coa contorna. Todo xunto, co día a
día nos Centro, contribúe a que o alumnado poida adquirir as denominadas
competencias básicas.
Atenciòn
à diversidade.
Este curso non hai ningún alumno matriculado con NEAE, non
obstante, a responsable do Centro è consciente de que cada individuo ten a sùa
particular circunstancia vital, a sùa forma de aprender e vivir a actividade
escolar, o seu ritmo, etc. E, dado que o grupo è pequeno, terà a oportunidade
de responder individualmente a esa diversidade adaptando tempos, agrupamentos,
actividades e incluso estilo de trato ás caracterìsticas e momentos
determinados.
Tamén atendemos á diversidade
ofrecendo, nos nosos materiais didácticos, contos, etc, e nas nosas accións e
verbalizacións modelos de respecto e de visibilización da diversidade.
A atención á diversidade
relacionada con Audición e Linguaxe se concreta no plan de atención á
diversidade exposto no Anexo, así como a atención a dificultades máis
importantes que presntan algúns alumnos.
Temas
transversais e valores
A
educación moral e cívica, ambiental, sexual, vial, para a paz, para o consumo, para
a igualdade de oportunidades, para o coidado do medio ambiente e para a saúde
atravesan a totalidade da práctica docente a través das actividades e
experiencias que realizan os nenos e nenas no seu traballo cotiá na aula e as
interrelacións entre todas as persoas implicadas no proceso educativo.
Os
contidos integrados nestes temas: forman parte das actividades expostas en
todas as áreas e, sobre todo da actitude do docente na súa práctica diaria, que
ofrecerá modelos de identificación coherentes que facilitarán a interiorización
das actitudes referidas. Trátase de estar atento/a aos contidos implícitos das
nosas mensaxes, materiais, accións, etc, como se expón na presentación deste
documento. Todo momento é educativo e
está cheo de mensaxes implícitas pode que non intencionadas, pero que adoitan estar
no eido dos temas transversais,e son de
central importancia para esta Escola.
O espazo
No
edificio escolar temos a aula principal, o vestíbulo, os baños e a aula anexa.
Fora doedificio está o patio, e maís aló está toda a contorna próxima,
nomeadamente A Fonte da Moura.
A
aula principal (70m2) está organizada en recunchos.
Son subespazos delimitados fisicamente,
deseñados e equipados para desenvolver un tipo de actividade.(ver anexos)
·
A roda(1), para as asembleas e algunhas actividades de
psicomotricidade, construciòns e xogos regrados. Para actividades de gran grupo
·
A mesa grande(2), crebacabezas
e xogos de lectoescrita e lòxica-matemàtica
·
A mesa pequena(3). Xogos de
mesa (oca dominó...), maquillaxe
·
A mesa dos libros
especiais(4). Libros de gran formto ou que requiren especial coidado
·
Contos. Lectura-visionado de
libros (5),
·
Pintura(6). Para actividades
de pintura, modelado, e plàstica en xeral
·
A casiña(7). Para xogo
simbólico
- Sala oscura. Mesa de luz,
lanternas e retroproxector
6 5
2
3
7
1
4
Ambientación de aula: A beleza, a limpeza e a orde son criterios importantes,
nun ambiente agradable, ordenado e co material ao alcance do alumnado poderanse
desenvolver os obxectivos de autonomìa respecto, harmonìa antes enumerados.
O
Centro dispón tamén dunha aula anexa de 90 m2 habilitada como sala de
psimotricidade e gran movemento, tamén dispoñen de disfraces, contos,
crebacabezas e xogos de construción.
Pero
o espazo eduativo non se circunscribe só á aula . O patio escolar é un espazo
eminentemente educativo onde as crianzas toparán multiples recursos e desafíos
para as súas actividades autoestruturantes, determinadas pola posibilidade do
gran movemento e expansión.
E
por suposto toda a Contorna Natural é Social
é considerada espazo e oportunidade eduactiva, e, polo tanto serán comúns as
actividades planificadas fora do Centro. En particular, a área chamada por nós,
a Fonte da Moura, espazo natural na
contorna do cole, é un lugar moi querido por todos, pois a Moura de Taboexa
(ver PEC) elíxeo para intercambiar co grupo mensaxes e agasallos. As
suficientemente avaladas recomendacións pedagóxicas sobre os beneficios da
natureza e o aire libre, foron, a partir da pandemia COViD, refrendadas coas
recomendacións sanitarias sobre o ar libre para evitar a propagación da
pandemia, de xeito que impulsaremos aínda máis as visitas alí.
Agrupamentos
As
actividades e os espacios escolares están deseñadas para ser desenvolvidas en
diferentes tipos de agrupamentos:
Gran grupo: Asemblea, murais, obradoiros, dramatizacións, xogos
psicomotores colectivos na aula
e no patio, cancións, bailes, contos, habilidades sociais, linguaxe oral...
Pequeno grupo/parellas . Nos recunchos, no patio, xogos de mesa, xogos
espontáneos...
Individual. Tarefas concretas propostas e supervisadas
individualmente. Momentos de introspección libremente elixidos polas crianzas.
Observarase
cómo se agrupan os alumnos/as espontaneamente, e tratarase de que participen
oportunamente dos diferentes agrupamentos e
se relacionen con tódos os compañeiros/as.
Relaciòn
Comunidade -Familias- Escola.
As
relaciòns Escola-Comunidade son fundamentais . O Centro pretende ser un núcleo
dinamizador social integrado na vida comunitaria e asì tratarà de coordinarse
co resto dos axentes sociais (Concello, Asociaciòns, empresas, outros centros
educativos...). Trataremos este ano de recuperar o dinamismo propio do Centro
en cuanto á relación con outras entidades e coa comunidade en xeral: O Centro de Interpretaciòn do Patrimonio de
Taboexa, A Casa de Turismo Rural Casa Uma, o Concello de As Neves, a EEI
Rubiòs, a Charanga de Taboexa, o Centro de Dìa para Persoas Maiores o IES de
Tortoreos, EFA A Cancela...
Especialmente
precisamos do apoio das familias para que o Proxecto Educativo sexa exitoso
nestas idades temperàs. A escola è unha continuidade da vida familiar e
participa das sùas liñas de crianza, os adultos de confianza (pais/nais e profesorado) guìan ao neno/a pequeno/a a
traves do mundo,e asì èste sìntese seguro e querido, condiciòns necesarias para
a realizaciòn das sùas potencialidades. Familia e escola da man, valorando ao
neno/a, o seu entrono inmediato e a contorna xeral proveeràn a éste das
ferramentas para deselvolverse con soltura.
Dende
o Centro tratarase de integrar às familias no proceso educativo, convidándoas a
visitar a aula, organizar actividades e aportar elementos que serviràn para os
exercicios escolares, asimesmo o grupo visitarà diferentes espazos interesantes
da contorna contando, se è posible, coa colaboraciòn das familias.
A
acción coordinada e coherente entre familia e escola determinará en boa parte
os resultados do proceso educativo, por iso buscarase o intercambio constante
de información, a confianza e valoración positiva mutua e a colaboración (con
máis ou menos grao de implicación ou dedicación de tempo). Os contactos
presencias coas familias serán
Diarios. comentarios puntuais nas horas de levar e recoller ao
neno/a
Periódicos. Para tratar, colectivamente, aspectos relativos a
comportamentos, actitudes, evolución do
grupo ... Unha primeira reunión ao comezo de curso e máis unha reunión por
trimestre.
Entrevistas individuais Ao principio da escolarizaciòn as familias son
convocadas individualmente para intercambiar impresións sobre a etapa de
adaptación do alumnado. A màis de ser convocados os pais/nais cando se detecta
algùn trazo preocupante ou extraño na conduta ou rendemento dos alumnos/as,
esta titora recomenda encarecidamente às familias solicitar 2 entrevistas
individuais por curso.
Visitas Recibiremos
a cotìo visitas das mamás e papás na aula para participar na rod ou dirixir un
obradoiro.
Festivos-saídas-proxectos As familias
participan na organización e desenvolvemento das saídas e os proxectos da aula.
Colaboración na mellora e mantemento do
Centro. Trimestralmente convocamos ás familias para traballos de
adecentamento e mellora das instalacións.
As familias tamén poden comunicarse coa responsable a
través dos teléfonos do Centro e das contas de correo electrónico eei.taboexa@edu.xunta.gal e cole.taboexa@gmail.com
O
periodo de adaptación
Se
consideramos que unha persoa que chega a esta escola está iniciando unha etapa
que terá unha gran trascendencia na súa vida e durará alo menos, 13 anos,
molestarémonos en preparar o momento de entrada e integración na escola con
sumo coidado, os cambios e os novos desafíos son moitos e moi grandes, ao mesmo
tempo, o alumnado que xa ven do curso anterior tamén se enfronta a unha nova
realidade despois do longo verán, uns e outros precisan unha gran atención.
Para poder atender a todos/as da mellor maneira posible deseñamos o periodo de
adaptación asi:
- Os primeiros día de cole é só para o alumnado
antiguo
- Durante o mes de setembro realizaremos saídas.
O alumnado novo que se vai incorporando pode participar destas saídas
sempre que o fagan a cargo da nai/pai, etc.
- Flexibiliación horaria. Consiste en 2 fases de
4 ou 5 días de duración cada unha. A partir do 3º día lectivo empeza a
incorporarse individualmente o novo alumnado con 1 ou 2 días de separación
entre cada un.
Na 1ª fase o neno/a entra as
11.30 da mañá ao patio, o grupo está xogando, a nai
permanece un rato e despois marcha. No espazo exterior a familiarización co
grupo é máis fácil. Aquí terá que acomodarse a novas persoas, a novos materiais
que terá que coidar e compartir, a novos espacios cos seus riscos e posbilidades
e a figura de autoridadee protección que é a mestra.Unha vez que o novo
alumno/a acepta quedar só no cole e disfruta do mesmo pasamos á 2a fase.
Na segunda fase entra ás 10.15, o resto do grupo está dentro da aula nos
recunchos de xogo e traballo, a mestra pode atender e acompañar
individualmente. Aqui familiarizarase con outros materiais e organizacións
moito máis numerosos e complexos e outros ritmos mais calmos.
- A mestra e a familia consensúan cando
normalizar completamente o horario. Pódese agardar tanto tempo coma sexa
necesario. Ao alumnado de 4º curso se lle suxire que durante o primeiro
trimestre entre ás 10 da mañá. 4 horas de cole son suficientes e a
primeira hora é a máis esixente para eles.
- As crianzas son informadas detalladamente do
escenario que van topar no cole cada día e dos cambios de fase. Isto permitirá
que o neno/a anticipe o contexto e saiba conducirse nel con mais
competencia.
- Consideramos todo o mes de setembro como
período de adaptación no sentido de que as crianzas de continuación
precisan, por unha banda recuperar a nova rutina de vida tras as
vacacións, os novos horarios, compañeiros/as, normas, etc, e por outra
banda, integrar a perda dos alumnos que marcharon e acoller ao novo nun
exercicio de reestruturación do grupo.
A
adaptación do novo alumnado pódese alongar máis aínda no tempo, a atención da
mestra diríxese entón a este obxectivo. Durante varias semanas hai de parte da
mestra e do grupo antiguo unha mirada amorosa e ao mesmo tempo firme sobre as
novas crianzas que están facendo un gran esforzo de separación e de adaptación
ao novo espacio, á profe, aos compañeiros, ás normas, ás rutinas, un gran paso cara
a autonomía, un gran desafío para un ser pequeno. Será un delicado e dinámico
equilibrio entre tratar de que se sinta a gusto e seguro, e ao mesmo tempo ir integrando
á crianza na dinámica escolar, todo un desafío para todos.
É
importante que se establezan bases firmes de confianza, respecto e comprensión
da dinámica escolar, así deste xeito facilitarase a compenetración do grupo e
coa mestra no futuro. Paga a pena deterse nun periodo de adaptación ben
realizado.
O
periodo de adaptaciòn tamèn se refire a cómo a mestra vai recibindo a confianza
do novo alumnado, vai coñecendo as sùas particularidades persoais e as
potencialidades no que atinxe à actividade escolar. Asì è que nos primeiro
meses de curso imos achegàndonos como grupo e sentando as bases do ritmo
colectivo do que faremos parte
Contidos
Conceptuais
·
Eu. O meu corpo e as
capacidades sensitivas e expresivas. As miñas emociòns
·
Os outros. Normas básicas de
relación humana. Como nos tratamos. As familias
·
A saúde e o benestar. Normas
básicas de seguridade e hixiene. Alimentaciòn saudabel
·
Nocións espazo-temporais
·
Contextos cotiás (casa,
escola, aldea...) e os seus elementos: construcións obxectos, costumes, traballos
de campo, manifestacións artísticas e culturais, deportes, persoas,
alimentos...
·
A natureza, o mundo, o medio
ambiente. Animais e plantas. O lixo. Os diferentes materiais.
·
Formas de expresión e
representación: plástica, música, letras, números, medidas, gráficos,
mapas...As letras, as palabras e as mensaxes
Procedimentais
·
Linguaxe oral, expresiòn e
conciencia fonolòxica
·
O corpo en movemento,
Psicomotricidade grosa
·
Exploración e observación
·
Investigación: adiviñar,
averiguar, formular hipóteses, intentar, probar, imaxinar...
·
Conceptualización e análise:
comparar, definir, agrupar, clasificar, seriar...
·
Razoar: Xustificar, inferir...
·
Aplicación e expresión:
Explicar, interpretar, expresar a través das diferentes linguaxes, dramático,
plástico, musical...
·
Manipulación física de
obxectos e materiais. Psicomotricidade fina.
·
Habilidades sociais: pedir
permiso, pedir desculpas, dar as grazas, pedir amablemente, eloxiar, disculpar,
saber escoitar, sobrepoñerse ao fracaso...
·
Inventar, idear, crear...
·
Atención ás indicacións da
mestra, planificación da tarefa e os materiais necesarios, postura correcta e
correcto agarre do instrumento, e atención plena na mesma.
Actitudinais
·
Respecto, valoración e
atención por sí mesmo/a, polos demais e pola vida en xeral
·
Gusto por compartir e interrelacionarse
·
Valoración e respecto do medio
natural
·
Gusto e respecto polas
manifestacións culturais e artísticas
·
Gusto e respecto polas
producións propias e alleas
·
Gusto por descubrir e aprender
·
Esforzo e perseverancia en
funcion dunha meta a acadar
·
Tolerancia ao fracaso e
resiliencia
·
Habilidades sociais.
Actividades
Na aula hai diversidade de
propostas de actividade (en cada espazo
da aula) que o alumnado realizarà (en forma de gran grupo, pequeno ou
individual) seguindo os seus impulsos e as propostas da mestra.
As relacionadas coas rutinas e
coa loxistica escolar. Situacións de aprendizaxe:
As chegadas e saídas: Saudar, Poñer e quitar a roupa e
pantuflas, colocala no seu sitio, saudar, agardar polos compañeiros/as
A orde nos espazos escolares
O tratamento do lixo
Rutinas de alimentación
Rutinas de hixiene
O xogo libre: Patio / sala de xogos / Fonte da Moura
O coidado do xardín
O saber escoitar un conto e participar nel.
Os obradoiros
As saídas e as visitas
Tarefas do axudante (ver PEC)
Hai actividades autorreguladas
ou semirreguladas:
Pezas soltas para construciòns e estruturas
Actividades de aproximaciòn à lectoescrita
Actividades de aproximaciòn à loxica-matemàtica.
Actividades de observaciòn e experimentaciòn
Xogo libre (en calma) na aula e xogo libre (con
movemento) no patio
Xogo simbòlico
Xogos de mesa
Actividades de modelaxe
Actividades de debuxo, pintura e expresiòn plàstica
Xogos de montar e clasificar, ordenar, etc
Xogos coa luz
Visionado de libros
Descanso e introspección
E hai actividades dirixidas:
A
roda (asemblea), unha longa ao principio do día e outra ao rematar o recreo
Contacontos
Teatriño
de mesa
Saídas
Xogos
de psicomotricidade
Corrillos
e xogos de linguaxe e movemento
Música
Actividades
dirixidas á lectoescrita, lóxica-matemática, tratamento da información e a
postura, prensión e atención durante a realización da tarefa.
Manualidades
e plástica
Actividdades
de percepción espacial (os planos)
Resaltar que hai actividades
que non se mencionan nen se clasifican, mais interveñen con gran protagonismo
na evolución das crianzas na Escola, son as relacións persoais,e , en
consecuencia, o xeito en que cada crianza aprende a xestionar as emocións
involucradas nesas relacións e a sentirse parte do grupo e a súa
interdependencia.
O alumnado recibirá clase de
inglés unha hora semanal e a orientadora do CEIP As Neves intervirá os mércores
durante 1 hora e media. Unha profe especialista en Audición e Linguaxe
acompañará os martes durante 1 hora e 45 minutos, facendo intervencións grupais
e tamén individuais co alumnado que o precise segúndo o que se acorde entre
ela, a titora e a Orientadora.
Actividades
complementarias
· Saídas semanais á contorna próxima, nomeadamente á Fonte
da Moura
·
Unha vez por trimestre iremos
à escola de Rubiòs e eles viràn à nosa (pendente de confirmación por parte da
Escola de Rubiós).
·
Outros anos fomos convidados a
celebrar, no Auditorio Municipal, o Aniversario de Rosalìa de Castro e o Dìa
das Letras Galegas con obras de teatro e outras actuaciòns.
·
Cada familia farà unha
intervenciòn formal na aula deseñando e dirixindo unha actividade, previa
planificaciòn conxunta coa mestra.
·
Ampliaremos as nosas relacións
con outras entidades locais: Centro Cultural, Casa de Turismo Rural,
Charanga...
·
Proxecto Mercurio (ver PEC).
Intercambio co IES e o CEIP de As Neves e visita ao Museo de Pontevedra
·
Proxecto Montescola: 1 semana
de actividdes ao aire libre
Actividades extraescolares
Realizaremos
varias saìdas en autobús a algùn destino interesante a nivel educativo
e integrado nun Proxecto de Traballo, sempre que a situación da pandemia así o
permita. Por exemplo:
Museo de Pontevedra
Auditorio de As Neves
Paraños:
Museo da cera
Helicóptero
de extinción de incendios
Castro
de troña
Actividade
con cans de rescate acuático
Proxectos de Traballo
Hai
varios focos de interès ao redor dos que se organizaràn algunhas actividades específicas
ao longo do curso (anexo):
Froitos de outono. Cabazas. Magosto
Aninovo
Aniversario de Rosalía de Castro
A Primavera. Sementeira. Hansel e Grettel
Cociña Pan
de millo, zumes e licuados, galletas, as cabazas, as castañas, as uvas...A
transformación dos alimentos é un punto de grande interese, aproveitaremos
todas as ocasións para organizar obradoiros de cociña e probar novos sabores.
A Moura de Taboexa. O mito da Moura alumea agarimosamente o noso cole
levándonos da man por moitas aventuras que afortalan, se cabe, o entusiasmo das
crianzas. O colofón é unha búsqueda do Tesouro da Moura polo Monte Sanomedio
que ocupará ás ultimas semanas do curso.
O día do libro (colaboración co CIPC Taboexa
As Letras galegas. Os maios
As herbas silvestres. Herbas de San Xoan (colaboración co CIPC Taboexa)
Montescola: As actividades escolares trasládanse durante a primeira
semana de xuño á área de monte comunal: A Fonte da Moura, como xeito de
preparar a despedida de curso e a despedida dos que marchan para primaria.
Colaboración da EFA A Cancela.
Exposición itinerante: O Mercurio de Taboexa: Despois de varios anos xestións e visitas escolares ao Museo de Pontevedra, en
maio do curso pasado recibimos emocionadas unha réplica a tamaño real de
Mercurio (estatuiña de bronce prehistórica achada no Castro de Altamira,
Taboexa,e custodiada no devandito museo). O proxecto consiste en deixar un
expositor con Mercurio durante 2 semanas en diversas entidades (CEIP, IES;
Centro de Día...) Un docente ou varios poden aproveitar este evento para
introducir ou motivar leccións de historia co seu grupo. Ao remate da
exposición un grupo da entidade en cuestión visitará Taboexa: O Centro escolar,
a contorna natural cos petróglifos, e coñecerá a historia da Moura de Taboexa,
gardiana e señora do Monte. Conto co apoio do Centro de Interpretación da
Cultura e o Patrimonio de Taoexa, que acompañará estas visitas guiadas. Para a
realización deste proxecto contamos coa axuda do Plan Proxecta.
Temporalizaciòn
Nos
anexos expòñense as rutinas de traballo secuenciadas e pormenorizadas. Semanalmente
concrètanse as tarefas a realizar.
O xogo libre no patio (almorzo
incluìdo) realizarase de 11.30 a 13.00 h. e serà custodiado pola mestra responsable
do centro.
Andando
o curso as actividades medran en complexidade a medida que as criazas van
madurando e o grupo vai cohesionándose, así mesmo tamén medra a confianza da
mestra no grupo e por tanto a súa autonomía, as rutinas como estruturas de orde
e seguridade vanse flexibilizando dando paso a un fluir orgánico que responde
ás necesidades individuais e de grupo.
Avaliaciòn
Nos
meus anos de experiencia como mestra de Infantil, a avaliación ten sido o
aspecto mais conflitivo e ingrato amén da burocracia. Calificar resultados
escolares, e polo tanto encasillar crianzas tan novas e criterios de
observación é sumamente difícil e implica un risco de academización da etapa.
Por outro lado, a avaliación en sí parece que choca contra o meu criterio de
respecto ás persoas e ao seu ritmo de desnvolvemento individual. Pero non é menos certo que as mestras
observamos ao noso alumnado cotexando o seu comportamento con determinadas
ideas prefixadas sobre cómo agardamos que se conduza un neno/a, de 3, 4 ou 5
anos.
De
modo que, entendendo que hai que facer avaliación sistemática, emprendo (unha
vez máis) un novo esforzo de organización da información ao redor da pregunta: En
que aspectos focalizo a miña atención sobre unha crianza para obter informacion
desenvolvemento integral sano e unha preparación acaída cara a próxima etapa
escolar? Ou tamén, qué espero que
un neno/a de 3, 45 anos sexa quen de facer? Son aspectos moi similares os
que centran a tención das mamás e papás, pois a mestra de infantil e unha
pseudomamá, unha adulta que vela
profesionalemente polo benestar integral (físico, mental e emocional) das
crianzas e docemente puxa polo súa
maduración a través de relacións humanas, materiais, agrupacións de crianzas,
propostas de xogo etc, observando a súa actividade durante o tempo de escola e
preparando as crianzas para a etapa escolar propiamente dita.
E
trato de clasificar criterios dificilmente encasillables, pero faise un esforzo
de síntese e clasificación e podo
aventurar que os aspectos máis importantes onde eu poño o foco nunha crianza
son aqueles que teñen que ver co seu desenvolvemento persoal :
Autoconcepto e autoconfianza, como se ve a si mesmo,se se sinte capaz e competente
Autonomía, como
resolve as súas necesidades diarias (roupa, baño hixiene….) ou problemas que
lle poidan acontecer (a billa non abre, a gaveta non abre, a friameira non
abre, non son quen de pelar o plátano, cómo comer un iogur correctamente, o
rotu non pinta…), e se pide axuda cando a precisa e como o fai.
Responsablidade
(asunción de normas, recoller o material, seguir as indicacións da mestra…)
Regulación dos impulsos e as emocions, tolerancia ás frustracións….
Capacidade de esforzo
Iniciativa e emprendemento
Convivencia e relación coas compañeiras. Asertividade e colaboración, non dominación nen
submisión
Ateción e organización : atende ás instrucións da profesora, organiza a súa tarefa,
escolle o material necesario, disponse a executala con atención e
determinación, resolve dificultades, a postura, orden, organización gráfica,
conclusión e peche da mesma.
Tamén
focalizo a miña atención noutros planos da maduración xeral
Comprensión do espazo-tempo
Mantemento da
atención
Comprensión das relacións persoais (familiares)
Coidado dos seres vivos e a naturerza
Organización das propias actividades
Capacidade de relaxación
Conciencia corporal
E especificamente
no aspecto do desenvolvemento da
linguaxe oral
Fala con fluidez? Constrúe
frases progresivamente máis complexas? Pronuncia ben? Contesta cando se lle
fala?, presenta un discurso coherente? Emprega fórmulas convencionais de
cortesía? Sabe escoitar?
…e
o da expresión corporal
Presenta coordinación de
movementos? Gusta dos xogos de movemento? Asume riscos físicos? É prudente ou
intrépido,ou aloucado nos seus xogos físicos?
En
aspectos máis cercanos ao académico observamos
No eido da psicomotricidade fina
Abotóase? Cose? Fai unha
pulseira? Como agarra a tixeira? O punzón?
A psicomotricidade fina se concreta na grafomotricidade xa avanzada a etapa
infantil: o trazo, prensión e presión
Lectoescrita: recoñece
as letras, os nomes dos compañeiros/as? Escribe o seu nome? Escribe máis
palabras? Escribe as letras con trazo decidido e limpo? Fai hipóteses
escritoras? Silábicas? alfabéticas? Ten
unha postura axeitada ao escribir ou debuxar?
En crianzas cun gran
desenvolvemento escritor podemos observar se fai hipóteses lectoras
No
eido da lóxica matemática observamos
Xoga a oca, dominó,
cinquillo...? (conteo, quendas), fai estimacións numéricas? Conta cousas?
Hipóteses aritméticas?
Fai series? Clasifica? Ordena
elementos atendendo a un criterio? Discrimina formas? Comprende un diagrama de
dobre entrada?
…e
ao respecto da expresión plástica,
qué observamos?
Gusta de facer creacións
plásticas? No uso do utensilio gráfico ocupa todo o espazo? Gusta de usar cores?
É expresivo? Ou introspectivo? Experimenta con diferentes materiais plásticos?
….ao
respecto da expresión musical…
Gusta de participar en
actividdades que implican o canto ou o ritmo?
Non
debemos deixar atrás a observación de como a crianza vive a escola….ven
contento/a ao cole?, está adaptado/a ás rutinas de aula?, disfruta das
actividades propostas e fai novas propostas de actividade?
Adáptase
a programación ás necesidades das crianzas? …a idoneidade das interrelacións
afectivas e de comunicación entre as persoas implicadas …. o grao de adecuación das condicións
organizativas e recursos.
Esta
parrilla de observacións e unha proposta viva e cambiante e servirá de guía de
avaliación para o presente curso, e dado que as familias desexan e teñen
dereito (orde do 5 de maio de 1993) a coñecer as miñas impresións sobre a
evolución dos seus fillos/as de xeito
sistematizado e formal recibirán un informe escrito (modelo en Anexos)
sobre os progresos do alumnado en torno a estes criterios aquí exoplicados, 2
veces por curso.
Recursos
·
Edificio escolar consistente nunha aula principal de 70 m2, unha aula anexa
de 90m2, un patio de 100m2 e entrada cuberta de 20m2.
·
A contorna natural e social e a comunidade son tamèn un recurso educativo,
en particular, as familias.
·
A Administraciòn local colabora coa climatizaciòn, limpeza, mantemento e
melloras no edificio escolar
·
Mobiliario e material axeitado ao alumnado
·
Orzamento da Consellerìa para o Centro
·
O proxecto O MONTE NACE NA ESCOLA. Colaboración con EFA A Cancela
·
Traballo voluntario das familias en canto a mellora e acondicionamento das
instalaciòns
·
Voluntariado externo
·
Material didáctico elaborado pola mestra adaptado às necesidades do grupo
·
Museo de Pontevedra
·
O centro participa no programa de innovacióneducativa, Plan Proxecta.
·
Material curricular de elaboración propia
Avaliaciòn
da programaciòn
A
programaciòn è sometida a unha valoraciòn continua para vixiar o grao de
adecuaciòn de obxectivos, contidos e metodoloxía, temporalización, organización
de espacios, etc.,ás necesidades e competencias das crianzas.
Ao
final dos trimestres e, especialmente ao final de curso fanse propostas para
axustar aqueles aspectos que mostran debilidade e solicìtanse os recursos extras necesarios.
Anexos
ANEXO 1 AS RUTINAS
ANEXO 2 OS ESPAZOS DA AULA
A RODA, construcións
Xogos de ensartar
Bolos
Pezas soltas, sobre todo pezas soltas
Pizarra velleda
MESA GRANDE, traballo
Crebacabezas
Xogos de lòxica matemàtica
Xogos de estruturaciòn espacial
Regretas cuissenaire (ordear, seriar, reproduciòn
en cadrìcula…)
Formas xeomètricas
Que escriban letras ao chou
Clasificar palabras
Fariña-plasti
Crebacabezas de letras
Montar nome
Etiquetas
Texto libre
Libro das palabras difíciles
Libro das vogais
Libro das familias
Libro das mascotas
Tarxeteiro
Bingo de palabras
Relaciona
Xogos de lectoescrita
Pizarra velleda
A CASA DE
MOURI, xogo simbólico
Reproducción dunha casa para o xogo simbólico
SALA OSCURA
Retroproxector
Mesa de luz
Lanternas
CONTOS
Libros de ficción e non ficción e elementos de
descanso
MESA DOS CONTOS ESPECIAIS
Libros de gran formato ou que requiren especial
coidado
MESA PEQUENA
Cinquillo e xogos de cartas
Oca
Bingo
Maquillaxe
Dados
Dominò
Oca
Pai fillo nai
Comenùmeros
Bingo
PINTURA, plástica e manualidades
Recortar
Picar
Pegar
Mandalas
Rolos papel hixiènico
Decorar a aula
Collage
Debuxar e pintar
Barro
Fondos-texturas
Troqueis
Pinceis
Area
Ensartar
A SALA GRANDE, psicomotricidade
Psicomotricidade e movemento
Disfraces
O PATIO, xogo libre
No exterior as crianzas atopan variedade de
estímulos e desafíos cercanos á natureza para continual coa súa actividade
formativa de forma autorregulada
A FONTE DA MOURA, natureza
Espazo do monte comunal considerado área anexa ao
Centro escolar para as nosas saídas á natureza
ANEXO 3 PLAN DE IGUALDADE
A situación de discriminación da muller na nosa
sociedade é patente, os datos sobre a brecha económica, o teito de cristal, as
violencias sexuais, a división de tarefas asociadas a coidados ou domesticas
son suficientemente claros. A cultura
machista está detrás de esta situación que, na súa expresión mais siniestra,
asasina cada ano ao redor de 80 mulleres no Estado Español, a mans de parellas
ou exparellas.
Para ter unha convivencia harmónica na que todos os
membros da sociedade poidan desenvolverse con liberdade e sen medo en igualdade de condicións
independientemente do seu sexo, debemos apurar a reconstrucción desta cultura
que oprime á metade da nosa poboación. É unha necesidade social urxente e
ineludible.
O sistema educativo é interpelado xa que logo para
facelo, pois a escola (xunto á familia) e o contexto onde as crianzas adoptan
os rasgos culturais propios. Pero tamén
é a Escola onde un individuo en formación, adquire as ferramentas persoais para
superar estereotipos e mandatos culturais e construír, con espiritu crítico,
creativo e liberador, unha cultura mais avanzada, por tanto, ante a emerxencia feminista, elaboramos un plan
de acción que consiste en:
1 Observación e diagnostico.
2 Obxectivos
3 Accións
4 Seguemento, avaliación e redefinición do plan
1 observación e diagnóstico
Como responsable do centro e case única profesora
do mesmo (o especialista de inglés e o orientador acuden cadansúa hora semanal)
observo, sí, riscos machistas na indumentaria, no comportamento, nas linguaxes,
nas expectativas de futuro, etc.
Tamén observo conductas e situacións sexistas na
relaicón coas mamás (a maioría son mamás, non papás) que os veñen deixar no
cole.
Indumentaria: A cor rosa e as súas
variantes está presente dunha forma extremadamente prominente en roupa e
complementos (mochilas, gorras, pantuflas…) das nenas e é inexistente na dos
nenos.
Tamén observo como a maior parte da roupa e
accesorios levan estampacións de marcas e persoaxes de animación, que tamén
reproducen estereotipos machistas.
En canto á prenda inferior, os nenos usan chandal e
as nenas mallas, non se dá ao contrario.
Socialización diferenciada:
Observo unha actividade física mais exacerbada nos varóns, tendencia a xogos
mais movidos e violentos.
ás nenas gústalles pintar as uñas e maquillarse. Os
nenos teñen rexeitamento ante pintar as uñas e cuestionan ao que se atreve a
facelo.
Na linguaxe .As crianzas de taboexa
apenas din tacos pero se algún se escoita, é na boca dun varón. As nenas poden
chegar a afirmar que hai que maquillrse para que os chicos as queiran
Expectativas de futuro .
Cando falamos das profesión e expresan os seus plans, as respostas obedecen á
separación de roles, mesmo se chega a corrixir a unha nena que expresa que, de
maior , quere ser piloto de fórmula 1, “as chicas non poden ser pilotos de
Formula 1”, contesta un compañeiro. Efectivamente, todos os pilotos de Formula
1 que ven son varóns.
Nas familias .Observo que a
repartición de tarefas é a tradicional (en familias con estrutura tradicional,
ou como maximo monomarentais), os pais traballan e as nais quedan ao coidado
dos fillos na maior parte das familias.
Por tanto creo que hai elementos abondo para
afirmar que, xa estas idades tan temperás, as crianzas comezron a interiorizar
o rol que o mandato cultural machista lles asigna polo seu sexo.
Podemos revertir esta situación? A que podemos
aspirar?
2 obxectivos
A ver indumentarias libres de estereotipos de
xénero e de mercadotecnia.
A escoitar espectativas de futuro guiadas por
verdadeiras inclinacións persoais e non mandatos culturais sexistas.
A normalizar diferentes modelos de familia
A que a expresión corporal non sexa tan
diferenciada
A que os xogos non sexan diferenciados
A aprender o bo trato e a non violencia
Á expresión e coñecemento das emocións
Cómo imos conseguir estes obxectivos?
3 Accións
As crianzas de 3, 4 e 5 anos, absorben o ven ao seu
redor, se queremos cambiar algunha conduta habemos de incidir na xénese da
mesma. Corresponde entón desenvolver un proceso de reflexión profunda dos
adultos que nos relacionamos con eles para analizar en qué medida somos
responsables da súa deriva sexista.
Na nosa linguaxe
Nos modelos que lles ofrecemos
Nas nosas accións
Nas expectativas que poñemos sobre eles
Nos produtos culturais que lles achegamos
4 Revisión do plan
Anualmente o plan será obxecto de revisión e
redifinición
ANEXO 4 PLAN DE CONVIVENCIA
Escola de Educación Infantil de Taboexa
Introdución
O plan de convivencia do centro é o documento
no que se articula a convivencia escolar, que garante unha educación no
exercicio dos dereitos e das liberdades dentro dos principios democráticos de
convivencia, así como na prevención de conflitos e a súa resolución pacífica.
Según se recolle no artigo 121.2 da LO
8/3013, unha das tarefas fundamentais que teñen encomendadas os centros
docentes é a de elaborar o seu plan de convivencia. Así mesmo, no preámbulo
desta mesma norma dise que “ocupa un lugar relevante, na relación dos
principios da educación, a transmisión daqueles valores que favorezan a
liberdade persoal, a responsabilidade, a cidadanía democrática, a
solidariedade, a tolerancia, a igualdade, o respecto e a xustiza”. Ademais,
“propóñense o exercicio da tolerancia e da liberdade dentro dos principios
democráticos de convivencia e a prevención de conflitos e a resolución pacífica
de estes” como un dos fins do sistema educativo, e para a súa consecución faise
extensivo a todos os niveis educativos e a todos os membros da comunidade
escolar o obxectivo de traballar “a convivencia e a relación social e
exercitarse na resolución pacífica de conflitos”.
A normativa actual da Comunidade Autónoma
de Galicia referida á convivencia escolar, é dicir, a actual Lei 4/2011, do 30
de xuño, de convivencia e participación da comunidade educativa, no seu artigo
10, fai mención ao plan de convivencia e normas de convivencia.
Así mesmo, o artigo 11 do Decreto 8/2015,
do 8 de xaneiro, polo que se desenvolve a Lei 4/2011, do 30 de xuño, de
convivencia e participación da comunidade educativa en 5 materia de convivencia
escolar, establece que o proxecto educativo de cada centro docente incluirá un
plan de convivencia que recolla e desenvolva os fins e principios establecidos
no artigo 3 da Lei 4/2011 e os regulados nas leis orgánicas sobre a materia.
Devandito plan de convivencia integrará o principio de igualdade entre mulleres
e homes e establecerá, sobre a base dun diagnóstico previo, as necesidades,
obxectivos, directrices básicas de convivencia e actuacións, incluíndo a
mediación na xestión dos conflitos, e conterá actuacións preventivas,
reeducadoras e correctoras.
O plan de convivencia no noso caso pola
condición de unitaria é elaborado polo equipo directivo, e aprobado polo
consello escolar do centro (artigo 10.1 da Lei 4/2011), estando, por tanto,
representados todos os sectores da comunidade educativa.
A análise da situación,
As Escolas Unitarias poseen as
características ideais para minimizar os problemas de convivencia, de ahí que
sexa case innecesaria a elaboración dun plan específico a tal fin, pois é
precisamente a convivencia harmónica entre os membros da comunidade educativa
aquelo do que presumimos estas escolas.
A cercanía de trato coas familias, co
coidado que estas poñen na relación cos seus fillos e coas súa recién estreaada
escolarización, e a relación cercana da profesora con toda a comunicade
educativa, facilitan unha atmósfera de comunicación e respecto
Mesmo así, en prevención de situacións de
difícil resolución, elaboramos o plan de convivencia adaptado ás peculiridades
dunha Escola Unitaria que acolle a un número reducido de crianzas de entre 3 e
6 anos, que recibe das familias as crianzas e entrega ás familias as crianzas
(non hai transporte nen comedor) e que está integrada na comunidade.
Axentes implicados
A consecución dunha estratexia integral e
ambiciosa coma esta require a participación e a implicación dos múltiples
sistemas nos que se atopan inmersas as crianzas. A realidade socioeducativa é
complexa e non podemos acadar o éxito se non existe unha actitude de
cooperación entre os axentes implicados. Pola condición de unitaria a relación
entre estes axentes é moi estreita o que permite levar a cabo un maior número
de iniciativas. Estoume a referir á relación familia-escola tan importante á
hora de garantir o desenvolvemento integral do noso alumnado.
Os obxectivos específicos
Entendemos por plan de convivencia o conxunto de
accións encamiñadas hacia:
a) A garantía dun ambiente educativo de respecto
mutuo que faga posible o cumprimento dos fins da educación e que permita facer
efectivo o dereito e o deber de aproveitar de forma óptima os recursos que a
sociedade pon á disposición do alumnado no posto escolar.
b) A educación no respecto dos dereitos e
liberdades fundamentais, na igualdade de dereitos e oportunidades entre homes e
mulleres e na igualdade de trato e non discriminación das persoas.
c) A prevención das situacións de acoso escolar
mediante medidas eficaces.
e) A corresponsabilidade das nais e dos pais ou
das titoras ou titores no mantemento da convivencia nos centros docentes.
f) A promoción da resolución pacífica dos
conflitos e o fomento de valores, actitudes e prácticas que permitan mellorar o
grao de aceptación e cumprimento das normas.
g) O avance no respecto e a sertividade entre
todos os membros da comunidade educativa e na mellora da convivencia escolar.
h) A promoción da sensibilización dos distintos
sectores que interveñen na educación sobre a importancia da convivencia como
parte fundamental para o desenvolvemento persoal e social do alumnado.
Actuacións a desenvolver
Observación constante das relacións entre o
alumnado, entre o profesorado e o alumnado, entre as familias e o alumnado,
entre as familias entre sí, e entre as familias e o profesorado.
Establecemento de canles eficaces de comunicación
entre todos os membros da comunidade educativa,
Deseño e organización de xornadas de convivencia
e de xornadas de reflexión sobre educación e crianza.
Posta en marcha dunha escola de familias
O protocolo para a prevención, detección e
tratamento das situacións de acoso escolar
De conformidade co establecido no artigo 30.2 da
Lei 4/2011, do 30 de xuño o protocolo de detección consistirá en:.
•
Realización de campañas de sensibilización hacia
a cultura de paz e respecto
•
Especial atención á resolución pacífica de
conflitos
•
A posible mediación de persoal cualificado do
CEIP Marquesa do Pazo (As Neves)
•
Comunicación á Inspección Educativa de calquera
incidencia que ameace a convivencia pacífica no Centro.
Normas de convivencia do centro
As Familias teñen dereito a ser informadas de
todo o concernente aos seus fillos e fillas de maneira formal. Para iso a PXA
establece horarios de titorías.
Asimesmo, teñen dereito a participar da vida escolar nos términos
expresados na Programación Xeral Anual, teñen dereito a un trato respectuosos
por parte do profesorado
As familias deben respectar as decisións
profesionais do profesorado e colaborar con eles para o beneficio dos seus
fillos e fillas, deben asimesmo respectar horarios e peticións do profesorado
en canto a merendas, recursos a aportar ao centro, etc.
O profesorado ten dereito a que se lle respecte a
liberdade de cátedra e a ser tratado como corresponde, asimesmo debe ofrecer a
familias e alumnado ese mesmo trato respectuoso.
O profesorado ten o deber de protexer os dereitos
do alumnado e actuar en caso de detección dunha situaicón de abuso ou
neglixencia por parte das familias.
O alumnado ten dereito a ser tratado con
respecto, cariño e consideracion, a
comprender as accións que se realizan no Centro, a ser escoitados nas súas
demandas e a que as súas necesidades intelectuais, físicas e emocionais sexan
atendidas debidamente polo profesorado.
O alumnado ten dereito a ser protexido polo
profesorado nos seus dereitos, mesmo en contra das súas propias familias.
En caso de observar signos que amosen unha
situación de alerta cara a saúde psicofísica do menor débese informar canto
antes os servizos correspondentes
Establecemento das condutas contrarias á
convivencia
As condutas contrarias á convivencia son aquelas
que, faltando ás indicacións do profesorado, quiebren o clima de paz e orde do
espacio escolar
Agredir verbal ou
físicamente a outro membro da comunidade educativa.
Calquera trato
incorrecto entre as persoas
especialmente hacia as crianzas
Faltas de
puntualidade ou asistencia reiteradas
Seguimento ao plan de convivencia
Nas reunións de familias, de frecuencia
trimestral, establecidas pola PXA, se considerará a convivencia como punto a
tratar.
Comisión de Convivencia
O Consello Escolar funcionará como Comisión de
convivencia e reunirase cada tres meses.
Debido a que nel está representado o concello, as familias e o profesorado é un
bo axente á hora de tomar decisións relativas á mellora da convivencia escolar.
Difusión
O plan de convivencias será debidamente difundido
entre a comunidade educativa nas reunións de familias, mediante cartelería,
medios electrónicos...
Avaliación e mellora
A eficaciá e pertinencia do Plan de Convivencia
será revisado permanentemente e anualmente modificado incorporando as melloras
derivadas da avaliación constante concretadas nas reunións de familias e de
Consello Escolar.
ANEXO 5 ADDENDA AO PROXECTO
LINGÜISTICO
A
procedencia da totalidade do alumnado è rural ou semiurbana e na maiorìa de lingua materna-ambiental o galego,
consecuentemente o profesorado utilizarà esta lingua como vehicular,tendo
sempre en conta que se busca unha competencia similar nas dùas linguas oficiais
(lei 3/1983 de normalizaciòn linguìstica, artigo 14).
Obxectivos xerais para o fomento da
lingua galega.
• Incidir na comunidade
educativa para vencer prexuízos cara ao galego e para promover actitudes
favorables a esa lingua, axudando así a superar o desequilibrio social no que
se atopan o galego e o castelán.
• Promover a interacción entre
a escola e a súa contorna para facer máis rendibeis os recursos e os esforzos
deses dous ámbitos a prol da normalización do galego e partir das experiencias
proximas para ampliar o vocabulario
• Garantir, dentro das
posibilidades existentes, unha oferta de materiais didácticos en soportes
diversos que fagan atractivo o proceso de aprendizaxe, que axuden a percibir a
utilidade da lingua e que capaciten para o seu uso correcto e eficaz.
Este curso están
matriculados no centro 9 crianzas, das que 6 teñen como lingua ambiental o
galego, confirmando así a tendencia a ser lingua predominante.
Consecuentemente, o galego será a lingua vehicular, sen ignorar o castelán que
será utilizado tamén a traves de contos cancións, audiovisuais,etc.
O Consello
Escolar valora positivamente as actividades relacionadas co fomento da lingua,
especialmente aquelas relacionadas coa revaloración do entorno natural e o
patrimonio material e inmaterial , xeneroso na nosa parroquia. As visitas aos
petróglifos, a apropiación da lenda da Moura e o estudio dos achados
prehistóricos son vías de fomento do uso do galego en toda a comunidade, ao
tempo que facilita a promoción da contorna como fonte de contidos curriculares
ANEXO 6 BOLETÍN DA AVALIACIÓN
Mostro aquí as
páxinas centrais do boletín de calificacións da escola, cos items a calificar e
o desglose e desenvolvemento de cada un para unha maior comprensión:
ANEXO 7 CONCRECION
ANUAL DO PLAN DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE
Mª
Matilde Villanueva Mosquera |
|
Nome membros |
Nivel/Especialidade |
Karina Mouriño Espiñeira( mestra e directora da
EEI de Rubiós) |
|
Alba
Nogueira Martínez ( especialista de
Audición e Linguaxe) |
|
|
|
|
|
Proposta de medidas de atención á diversidade do
alumnado contando cos recursos existentes no centro
Curso |
Medidas
ordinarias |
Medidas extraordinarias |
Seleccione |
Adaptación aos distintos ritmos de aprendizaxe da aula mixta de Educación Infantil |
Intervención
da especialista de Audición e Linguaxe |
Seleccione |
Establecer agrupamentos que permitan contextos de aprendizaxe colaborativos. Considerar diferente tempo de realización das actividades en
función dos diferentes ritmos de aprendizaxe. Utilizar recursos e materiais diferenciados- gráficos,
audiovisuais, manipulativos para completar os distintos estilos de
aprendizaxe dos alumnos/as. Aplicar criterios de avaliación que contemplen diferentes graos
de logro. Incluír actividades de reforzo/recuperación para aqueles
alumnos/as que ó final da secuencia non acadasen os obxectivos previstos. Propoñer actividades de ampliación. |
Flexibilización
da duración da etapa educativa ( para o cal de momento non hai previsión) |
Seleccione |
Establecer secuencias de contidos que aseguren aprendizaxes
básicos para todos e coñecementos de maior complexidade para algúns. |
|
Seleccione |
Deseñar actividades de ensinanza-aprendizaxe variadas e con
diferente nivel de dificultade. |
|
Concreción do Plan de Acción Titorial
·
Concreción
anual dos obxectivos marcados no mesmo e actuacións que se van desenvolver ao
longo do curso
Obxectivo 1:
Coñecer
os membros da Comunidade Educativa do curso 24-25 |
|||||||||||
Acción 1 |
Convocatoria de reunión principio de curso |
||||||||||
Indicador/es |
Celebración da reunión centro-familias “curso 24-25” |
||||||||||
Criterio de aceptación |
|
||||||||||
Temporalización |
Xullo |
||||||||||
Responsable |
Equipo Directivo |
||||||||||
Recursos/materiais |
Sala da escoliña, PDI, presentación |
||||||||||
Acción 2 |
Reunión de titoría principio de curso |
||||||||||
Indicador/es |
Celebración da 1º reunión titora-familias a nivel individual. |
||||||||||
Criterio de aceptación |
|
||||||||||
Temporalización |
Xullo |
||||||||||
Responsable |
Titora |
||||||||||
Recursos/materiais |
Aulas, PDI, |
Obxectivo 2:
Acoller
ao alumnado o 1º día de clase |
|||||||||||
Acción 1 |
Benvida ao alumnado a o novo curso e presentación. |
||||||||||
Indicador/es |
Celebración dunha “recepción” a todo o alumnado da escola. |
||||||||||
Criterio de aceptación |
|
||||||||||
Temporalización |
Xullo |
||||||||||
Responsable |
Equipo Directivo e profesorado dispoñible. |
||||||||||
Recursos/materiais |
Sala da escoliña, PDI |
||||||||||
Acción 2 |
Presentación das instancias habituais de traballo e xogo |
||||||||||
Indicador/es |
|
||||||||||
Criterio de aceptación |
|
||||||||||
Temporalización |
Xullo |
||||||||||
Responsable |
Titora |
||||||||||
Recursos/materiais |
Aula, PDI |
Obxectivo 3:
Dar a
coñecer as normas do centro e as de clase |
|||||||||||
Acción 1 |
Explicación das normas da escoliña ao alumnado |
||||||||||
Indicador/es |
Sesión conxunta na que a Directora repasa as normas do centro |
||||||||||
Criterio de aceptación |
|
||||||||||
Temporalización |
Xullo |
||||||||||
Responsable |
Titora |
||||||||||
Recursos/materiais |
Aulas, PDI |
||||||||||
Acción 2 |
Elaboración/redacción das normas de aula |
||||||||||
Indicador/es |
Elaboración/redacción das normas de aula polo alumnado. |
||||||||||
Criterio de aceptación |
|
||||||||||
Temporalización |
Xullo |
||||||||||
Responsable |
Titora |
||||||||||
Recursos/materiais |
Aula, PDI con imaxes |
Obxectivo 4
: Traballar as emocións |
|||||||||||
Acción 1 |
Coñecemento das principais emocións e sentimentos |
||||||||||
Indicador/es |
Traballo e desenvolvemento de actividades conducentes á identificación
das emocións e dos sentimentos |
||||||||||
Criterio de aceptación |
|
||||||||||
Temporalización |
Xullo |
||||||||||
Responsable |
DO, profesorado |
||||||||||
Recursos/materiais |
Libros de lectura, curtas, gennialy, xogos... |
||||||||||
Acción 2 |
Elaboración de murais/producións plásticas na que o alumnado plasme as
súas emocións |
||||||||||
Indicador/es |
Elaboración de murais/cartesis por aulas |
||||||||||
Criterio de aceptación |
|
||||||||||
Temporalización |
Xullo |
||||||||||
Responsable |
Titores/as |
||||||||||
Recursos/materiais |
Aula, PDI, material funxible de plástica |
Obxectivo 5:
Traballar
as habilidades sociais e as fórmulas de cortesía |
|||||||||||
Acción 1 |
Coñecemento das principais habilidades sociais |
||||||||||
Indicador/es |
Traballo e desenvolvemento de actividades conducentes ao coñecemento
das habilidades sociais básicas |
||||||||||
Criterio de aceptación |
|
||||||||||
Temporalización |
Xullo |
||||||||||
Responsable |
DO, profesorado |
||||||||||
Recursos/materiais |
Libros de lectura, curtas, gennialy, xogos... |
||||||||||
Acción 2 |
Coñecemento das fórmulas de cortesía |
||||||||||
Indicador/es |
Traballo e desenvolvemento de actividades conducentes ao coñecemento
das fórmulas de cortesía |
||||||||||
Criterio de aceptación |
|
||||||||||
Temporalización |
Xullo |
||||||||||
Responsable |
Titores/as |
||||||||||
Recursos/materiais |
Aula, PDI, material funxible de plástica, ordenador |
Concreción
do cronograma de actuación do DO
·
O cronograma figura no anexo do documento Plan de
Atención á diversidade.
·
ACTUACIÓNS |
RESPONSABLES |
DESTINATARIOS |
TEMPORALIZACIÓN |
|
1 |
Proposta de apoio
ANEAE |
Orientadora |
Dirección |
Setembro |
2 |
Proposta de
organización da atención e os horarios de apoio. |
Orientadora, PTs
e ALs |
Xefatura Estudos |
Setembro |
3 |
Participación nas
reunións de acollida aos pais |
Orientadora |
Familias |
Setembro |
4 |
Elaboración e
aprobación do Plan Anual de Actividades do Departamento de Orientación. |
Orientadora |
DO, Claustro,
Dirección. |
Outubro |
5 |
Revisión do Plan
de Orientación |
Orientadora |
Claustro,
Dirección |
Primeiro
trimestre |
6 |
Revisión do Plan
de Convivencia |
Orientadora |
Claustro,
Dirección |
Primeiro
trimestre |
7 |
Revisión Plan
Atención á Diversidade |
Departamento de
Orientación |
Claustro,
Dirección |
Primeiro
trimestre |
8 |
Recollida de
estatísticas de atención á diversidade na aplicación DRDADI |
Orientadora |
Administración
Educativa |
Primeiro
trimestre |
9 |
Realización de
avaliacións psicopedagóxicas, ditames e informes. |
Orientadora |
Demandantes,
equipos docentes, alumnado e familias |
Todo o curso |
10 |
Visita ao ceip do
Pazo da Mercé co alumnado que remata a etapa de EI. |
Titores de 6º,
Orientadora |
Alumnado de 6º |
Maio - xuño |
11 |
Avaliación do
Plan Anual de Actividades do Departamento. |
Departamento de
Orientación |
Membros do DO |
Maio - xuño |
12 |
Avaliación do
Plan de Orientación |
Departamento de
Orientación |
Membros do DO |
Maio - xuño |
13 |
Elaboración dos
informes de tránsito para o alumnado que remata EI e foi obxecto dalgunha
avaliación psicopedagóxica |
Orientadora |
Dirección/
Responsables dos centros |
Xuño |
14 |
Redacción da
memoria do Departamento de Orientación |
Orientadora |
DO, Claustro e
Dirección. |
Xuño |
15 |
Recollida de
estatísticas de orientación na aplicación DRDORIENTA |
Orientadora |
Administración Educativa |
Xuño - xullo |
16 |
Participación nas
sesións de avaliación |
Orientadora |
Equipos docentes |
Ao remate de cada
trimestre |
17 |
Reunións mensuais
do Departamento |
Departamento de
Orientación |
Membros do DO |
Mensual, todo o
curso |
18 |
Abril, maio |
Realización dunha exploración
psicopedagóxica a totalidade do alumnado de
6º |
Orientadora |
|
19 |
Maio xuño |
Dar información e orientacións, se fora o
caso, das necesidades atopadas aos alumnos aos que se lles realizou a
exploración psicopedagóxica de 6º EI |
Orientadora-titores/as |
|
20 |
Asesoramento á
Comunidade Educativa |
Orientadora |
Comunidade
Educativa |
Todo o curso |
21 |
Proposta de
adquisición de material do Departamento |
Orientadora |
Dirección |
Todo o curso |
22 |
Asesoramento na
realización e seguimento das medidadas de atención adoptadas |
Orientadora |
Equipos docentes,
profesorado de apoio |
Todo o curso |
23 |
Solicitude de
intervención aos especialistas do EOE, sempre que sexa necesario |
Orientadora |
EOE |
Todo o curso |
24 |
Asesoramento
xeral na acción titorial |
Orientadora |
Profesorado |
Todo o curso |
25 |
Asesoramento e
colaboración na elaboración e revisión dos documentos do centro |
Orientadora |
Claustro, equipos
directivos (responsables centros) |
Todo o curso |
26 |
Actuacións
promotoras da convivencia e coordinación da comisión de convivencia. |
Departamento de
Orientación |
Comunidade
Educativa |
Todo o curso |
27 |
Coordinar acción
na AEE e velar pola correcta comunicación entre titore/as, AL e PT. |
Departamento de
Orientación |
Alumnado AEE |
Todo o curso |
Ningún comentario:
Publicar un comentario