jueves, 18 de abril de 2019

o pan de millo do Quequé

Este día era moi agardado. Roi leva mais dun ano traendo pan de millo (e biscoito) ao cole para disfrute de todas e todos. xa tiñamos a canción do pan de millo aprendida. Houbo que agardar, a casa está lonxe e o Roi aínda pequeno, os bisas estan maliños (xa marcharon  pero comimos o pan do millo debullado por eles...).
Pero o día ansiado chegou e non defraudou. Botamos a andar monte arriba con determinación e ...que sorpresa ao ver a Mouri agardando por nós no cruce para axudarnos a cruzar a carretera!
Chegar a casa dos avós de Roi foi unha festa, que excitación! roi non cabía en sí, quería mostranolo todo! Creo que non menos contentos estaban Quequé e Tina, orgullosos de compartir cos amigos do neto unha pequena parte da súa vida. Cantamoslle a canción do Pan de Millo e eles nos convidaron a merendar mentres o pan se cocía no forno de pedra quecido con lume. Qué experiencia mais proveitosa para as crianzas! Qué sorte temos de que haxa Quequés e

Saudamos a chegada da Primavera

O 21 de Marzo sentimos a chegada da Primavera, de Ostara no noso calendario celta, que verdes tan tenros se ven nas puntas das árbores, e cómo os brotes puxan por agromar á vida!. As prímulas nos anuncian que comeza outro ciclo para os seres vivos, da fonda osuridade da Terra a vida esperta buscando as mornas raiolas do Sol, que hai pouco voltou dende o Inverno. Na carballeira do Candón intercambiamos agasallos coa terra, alí deixamos a pegada alegre das crianzas e recibimos pequenos carballiños que serán prantados por nós, en diferentes lugares das nosas aldeas. a

avelás en Casa Uma


No outono pasado Angel agasallounos cunha boa manchea de avelás, e foi tan proveitoso o xesto (a partir de ahi os que acaban antes a merenda abren avelás para o resto), coma outros que teñen tido él e Miriam con nos, que este ano, vendo que xa non nos quedaban no caneco, voltamos a Casa Uma para facer unha interesada visita. Camiñar polos carreiros da aldea xa é de por sí ben interesante, un can atado, pobriño, unha casa abandonada, unha horta chea de legumes, se