Acompañamento respectuoso


Eu imaxino e trato de construir no caso particular da Escola de Taboexa, unha escola que respete e que confìe, e pouco mais; como son de ciencias o meu cerebro gusta de buscar o concepto matrio; a risco de excederme na miña tendencia à sintese sigo a defender ese binomio:
Respeto ás crianzas significa unha formaciòn do profesorado seria e actualizada. Significa que o profesorado sae dos seus estudios cun coñecemento inicial de calidade en canto à psicoloxìa infantil, á didàctica , pedagoxìa, etc, e tamèn unha conciencia plena da importancia da nosa labor e as implicaciòns na vida persoal e social da comunidade, da especificidade do trato con persoas, en concreto menores, e xa que logo, conscientes da necesaria vocaciòn.
Respeto ás crianzas significa tamèn que o deseño dos contidos (que è o que hai que aprender)  sexa resultado dun estudio minucioso das necesidades da sociedade e das potencialidades e necesidades  do alumnado en cada estadio evolutivo e sexa actualizado e flexible para poder adaptarse aos diferentes contextos.
Respeto ás crianzas significa usar unha metodoloxìa eficaz baseada en coñecementos actuais e contrastados de psicoloxìa e pedagoxìa e, por suposto nas nosas intuiciòns persoais ao servicio da mellor atenciòn aos nosos usuarios.
Respeto ás crianzas significa comprender (e saber, pois asì o terìamos estudiado na carreira) que cada persoa trae dentro potencialidades (intereses, vocaciòns, fortalezas…) moi diversas, todas igualmente válidas e necesarias para a sociedade, e que cada persoas avanza na sùa madurez a ritmos diferentes, de novo todos válidos e necesarios. E tamèn que as persoas nos seus diferentes estadios de maduraciòn teñen necesidades que deben ser atendidas (xogo, movemento, investigaciòn…)
Respeto significa, por certo, tamèn, que as persoas han de ser tratadas con respecto, mesmo as que teñen 3 anos e descoñecen o que esa palabra significa, e sò saben e sinten que a adulta de referencia é necesaria para a sùa seguridade persoal, e, xa que logo, entrèganse a éla sen cuestionar o trato recibido.
E respecto tamèn son límites establecidos con claridade. As adultas de referencia temos a responsabilidade de guiar ao menor no camiño da súa maduración no seo da sociedade. Respectalos é aprendelos a respectarse a sí mesmos e aos demáis.

E, que foi entòn da confianza? Ah!!!, pois a confianza nas crianzas è a clave que nos dá a nós profesoras, seguridade e conforto na nosa tarefa porque sentimos e pensamos que as crianzas, coa sùa inconmensurable alegrìa por aprender e comprender o mundo, coa sùa perseverancia cando unha tarefa lles interesa, son as nosas primeiras complices na feliz, apaixoante e moi gratificante tarefa de acompañalas na aprendizaxe deses contidos (acaìdos), a travès da nosa metodoloxìa (eficaz) implementada con meticuloso respecto.
Anque….facendo un (outro) esforzo de sìntese, case que me atrevo a soster que a confianza è unha das caras do respecto, Eu respecto aos meus alumnos/as cando confìo neles.
E tamèn falta dicir que a Escola imaxinada e procuraada serìa unha instituciòn respectada e querida pola sociedade, as familias confìannos o máis prezado que teñen dende moi cativos durante moitas horas ao ano sabendo e sentindo que seràn tratados co coidado que merecen, os pequenos e as sùas familias, que nos pagan para iso a través dos seus tributos.
Nun plano mais concreto imaxino, por imaxinar, crianzas que non se ven obrigadas a escolarizarse antes de tempo, imaxino a escola infantil atendendo ás necesidades de xogo, de movemento, de acompañamento emocional, liberada de dañinas espectativas acadèmicas e meticulosa no trato con crianzas tan vulnerables.
Imaxino unha escola que asume que non ten xurisdicciòn no tempo privado do alumnado e as familias.
Imaxino unha escola que è flexible en canto as tempos de aprendizaxe dos contidos, adaptàndose asì as diferentes caràcterìsticas do alumnado
Imaxino a unhas escola que coida da saùde emocional do seu alumnado como o ben mais prezado e que defende o mellor para eles por riba de outras consideraciòns.
Imaxino unha escola que responde ás necesidades e os talentos do alumnado aportando apoio profesional adaptado.
Imaxino unha escola consciente de que està acompañando a maduraciòn da nova cidadanía, e, polo tanto , xèrmolo da sociedade adulta do futuro. A Escola è un proxecto social.
Imaxino a Escola transmitindo amor e devociòn polo noso corpo como comunidade: A Natureza
Imaxino a Escola fora da Escola, na vida real
Imaxino a Escola como un espazo e un tempo onde as persoas se respectan e confìan unhas noutras.
Un espazo de felicidade.
Marzo 2018


Ningún comentario:

Publicar un comentario