luns, 26 de febreiro de 2024

138 primaveiras máis para Rosalía de Castro...

 ...e que nunca deixemos de lembrala, pero non como aquela poeta/mártir melancólica, enfermiza, fráxil e contemplativa que canta á paisaxe e láiase permanentemente de todo cal Cristo na Paixón, se non como a muller forte e loitadora que dende a súa magnífica sensibilidade denunciaba valentemente o clasismo e a exclusión, o machismo e as inxustizas, e que soubo facelo a pé de rúa e dende a máis alta literatura. Así é hoxe recoñecida (non na súa época), non só como a poeta de Galicia, a que elevou o galego a idioma literario contemporátneo,  se non como figura fundamental da literaura do Estado Español, e poeta europea de primeiro orde precursora da poesía moderna e o feminismo

Só cantos de independencia e liberdade balbuciron os meus labios, aínda que arredor sentise, desde o berce xa, o ruído das cadeas que debían aprisionarme para sempre, porque o patrimonio da muller son os grillóns da escravitude.” Lieders (1858)

trampas para velutinas

As abellas son axentes polinizadores  esenciais para a continuación da vida no planeta. As abellas son seres vivos parte do noso ecosistema e só por iso xa son importantes. as velutinas son máis grandes e voraces, e carnívoras, viñeron de Asia e comen ás nosas abellas, causando verdadeiros estragos nas súas poboacións. Non sei se as nosas trampas caseiras son abondo eficaces, pero como actividade escolar paréceme altamente axeitada. 

  1. É unha actividade con significado para o alumnado
  2. Involucra aspectos cognitivos e manuais

respectar os ritmos 3/3

No último parágrafo da anterior entrada (respectar os ritmos 2/3) xa apuntaba a idea que hoxe considero amerita unha entrada propia: Respectar os ritmos non significa que as crianzas fan o que queren todo o tempo. Ás veces teñen que facer cousas que non queren facer ou deixar de facer aquilo que desexan. Como a vida real.

É raro que unha crianza desexe recoller os xoguetes. É moi habitual que, ás 2 da tarde, cando chegan as nais (son a maioría) eles e elas queiran seguir xogando e non desexen ir para casa. É tamén habitual que as cazadoras queden no chan se a