A escolarización na Etapa Infantil


Os estudios de psicoloxia infantil demostran que è a partir dos 6-7 anos que o individuo ten a sùa mente suficientemente madura e estruturada, e pode facer una correcta coordinación físico-mental para encarar as aprendizaxes intelectuais que a escolarización supòn. É por iso que a escolarización non è obrigatoria ata esa idade en prácticamente todos os países occidentais.
A incorporación das nais ao mundo laboral e a disminución do número de irmàns empuxa ao Estado a asumir o cuidado e a socializacion dos nenos antes da etapa de escolarización obrigatoria.
A escolarizacion na Etapa Infantil debe responder as necesidades evolutivas propias desa etapa e non adiantar os contidos da etapa seguinte, pois estaríamos privando aos nenos das experiencias que necesitan vivir e , se cadra, alterando ese sentido de admiración e curiosidade natural que se debe transformar pouco a pouco en interés e entusiasmo pola búsqueda do coñecemento. O xogo e a fantasìa son  necesidades bàicas desta etapa e debemos atendelas adecuadamente.
Isto non significa que despreciemos contidos propios da escolaridade obrigatoria como a lectoescrita, a lòxica-matemàtica, etc, senon  que mantemos permanentemente a conciencia de que è o neno coa sùa curiosidae natural e o seu interés por aprender o que marca o ritmo dos avances. Ademais, todas as experiencias escolares supoñen aprendizaxes que van a ser base e trampolín das posteriores.

Ningún comentario:

Publicar un comentario