luns, 26 de abril de 2021

Vai o gato metido nun saco!

Chegou hai un par de meses a proposta: Participar  nun proxecto musical galego-portugués. Os meninos cantores de Ponte nas Ondas!, Este ano titulado Cantamos Nós! Imposible dicir que non. este proxecto vai moito máis aló do musical, é cultura, é convivencia e é patrimonio, así que aló nos mergullamos na apaixoante e cansada aventura de ensaiar O gato metido nun saco. Aínda que Gato Pelado non estaba moi de acordo con blanquear tan vil historieta, as crianzas son quen de topar motivación nos sitios máis escuros. Cantamos moito, inventamos, xogamos,  debuxamos gatos e

obradoiros 2. Colares de madeira

Esta vez foi Gelucho o avó de Cleo, ela levaba emocionada xa dende días atrás (se quedamos ás 4, son feliz dende as 3, como dicía O principiño). Alí el explicaba,contaba das diferentas madeiras que traía e eles lixaban e daban cera, uns colaboraban con outros atando os cordóns, pois non todos poden de momento, facer nós, xa poderán,. No futuro, os que reciben axuda,  ofrecerána orgullosos dasúa competencia. E , de colofón, excursión á Fonte da Moura, o Gelucho dixo que o pasara moi ben, alégrome, máis o importante foi a pegada que deixou neles, o agasallo do colar non por menos lindo,  é o de menos, o que se aprendeu e o agarimo recibido é o que queda no corazón e vai formando as persoiñas

obradoiros 1 Trampa para velutinas

A semana antepasada víu o papá de Area e fixemos trampas para velutinas para todas. Escola proxectada hacia a comunidade, sen desatender por isto os nosos obxectivos propios. Area feliz e enchida de fachenda polo seu pai de profe. Foi unha lección de ciencias naturais, letras, de física, ecoloxía, e,sobre todo unha leccións para a vida real, Gracias ás familias que participan e fan posibles todos estes pequenos milagres

escola dende a vida real para a vida soñada 4. Réquiem polo paxariño

O paxariño morreu, morreria de frío, de fame?, porfalta de coidados?  o caso é que vémonos diante dunha situación extraña pois eles quererían conservalo así como se durmira, non imaxinan que en días comezará a feder...Así que decidimos facerlle un enterro e cantarlle unha canción para que marche contento, e tamén,por qué non, decidimos realizar con barro, un niño novo por selle facía falta a outro paxariño calquera día. Qué sorte que ese día non habia planificada unha ficha,que puidemos atender aos acontecementos diarios que tanto lles motivan,que sorte que había no cole

a abstracción e a espontaneidade

Normalmente eu indico na pizarra as formas que eles deben formar no xeopolano...Desta vez, Area quixo xogar coas gomas, sen instruccións da mestra.... e pedínlle a Saray que reproducira na pizarra o que facía a súa compañeira, hoxe elas déronme unha clase de didáctica da lóxica matemática, e ben que disfrutaron descubrindo unha nova ferramenta e descubrindo novas competencias. Lección para a profe: dar un paso atrás, observar e seguir ao alumnado, ás veces eles marcan o mellor camiño!

lección de hoxe

A unión fai a forza, non fixeron falta palabras nen chamadas á orde, unha lección espontánea entre risas e alegría, Qué descubrimento, ese tronco que ninguén daba movido,hoxe, por obra e gracia da colaboración entre pares, andivoarriba e abaixo un bó rato, e sen aplastamentos, a profesora miraba conmovida e atemorizada a partes iguais


venres, 2 de abril de 2021

escola dende a vida real para a vida soñada (2) Gran sorteo!

Deixaron un agsallo na porta do cole, un libro e...3 chapas, 3!, todas as crianzas queren chapa, xa sabemos que o seu entusiasmo (institnto de supervivencia e maduración) é inescrutabel e todo lles fai ilusión. Cómo facemos entón?, a resposta non é moi orixinal, un sorteo. Non é orixinal nen creativa nen diverxente, é o que se ocorrería a calquera (podía ser pior e facer un concurso e polos a competir), pero é un detonante para as actividades escolares. Xa temos un miniproxecto. Teño que explicar en qué consiste o sorteo,bon, teño que explicar qué é un sorte e cal é a súa lóxica, teño que

escola dende a vida real para a vida soñada (1)

Naceu Iria, que gran noticia!, queremos convidar á súa mamá, qué é a nosa viciña, a visitarnos para coñecer a bebé.  Unha nena escribe unha carta convidándoas a visitarnos, outra fai con teas un xoguete para a meniña, outra un debuxo.  A tía de Iria dinos o enderezo dende a súa fiestra; hai que cubrir o sobre e por unha estampita e agardar que veña a carteira para entregarlle tan especial misiva. Todo impregnado de ilusión e alegría. Grande é o interés que un bebé esperta en crianzas de 4 ou 5 anos...

Non todas as crianzas se implican neste