A Fonte da Moura


A Moura protectora e aliada das crianzas de Taboexa
Os mitos
A Moura è a figura mitolòxica de maior raigame e fondura simbòlica de cantos os galegos e galegas demos en construir. Os mitos expresan e agochan a forma de pensar e a cosmovisiòn do pobo que o constrùe e  infórmannos (na sùa linguaxe antropolòxica) acerca da sociedade que os contan e de lembranzas do seu pasado, asi entrega datos ùtiles para o coñecemento da vida da humanidade antigua. Deste xeito a mitolòxìa, coas sùa “fantasìa”, axuda a historia, co seu “rigor” no estudio do ser humano a traves dos tempos, servindo de gùia, de referencia na exploraciòn do devenir històrico dun mundo social e culturalmente construído.
Temos constancia (proba escrita) da crenza tradicional en Mouros e Mouras dende o secuulo XV e mesmo xa o Codex Calistinus (secXII) menciona os tesouros sarracenos. Rafaél Quintiá sostèn que a calificaciòn de “sarraceno” (relativo ao mundo árabe ) proven dunha asociaciòn errònea entre Mouro e o mundo musulmán. As similitudes entre os mouros e mouras galegos con mitos dos paìses do arco atlàntico e norte de España (onde a presencia àrabe e romana foi pouca ou ningunha) lévanos, por unha banda, a pensar que  toda esta franxa europea pertenceu no pasado a unha mesma àrea cultural  e que o mito provèn dos tempo preromanos, e por outra, a descartar a identificaciòn dos mouros mìticos cos mouros històricos.

As Mouras
As Mouras son mulleres encantadas, de enorme beleza resaltada polo seu cabelo roxo, rubio ou louro, a sùa pel branca e as sùas meixelas rosadas. As Mouras viven en fontes, pozas, rìos, penedos, castros, màmoas e noutros monumentos arqueolòxicoas ou formaciòns naturais peculiares. Representanse como seres sensuais, sedutores pero tamèn perigosos. Posùen grandes riquezas, alfaias e obxectos de ouro (peites, tesouras, galiñas…) que xeralmente poñen a delourar en datas especiais,como a mañanciña de san Xoán. As Mouras posùen unha forza sobrehumana, son quen de construir megalitos e pedras figurativas que levan sobre a cabeza. Representan, dalgùn xeito, a forza do sobrenatural e posùen aspectos que as relacionan con antigas deidades femininas vinculadas á natureza.

A Moura de Taboexa
Disque que nos montes de Taboexa, cerca dos petroglifos e o Castro de Altamira habita unha Moura que aparece na lenda popular peiteàndo seus cabelos longos cun peite de ouro e que quen a mire quedarìa cego (ou convertido en estatua). Testimonios vìvos sosteñes tela escoitado en noites invernìas
Taboexa è rica e xenerosa en vestixios castrexos, petroglifos e achados prehistòricos (algùns no Museo de Ponteareas e no de Pontevedra) asì o corroboran. Tamèn contamos cos restos dun poblado castrexo , o Castro de Altamira.

A Escola de Taboexa fronte a esta riqueza antropolòxica
A Escola,como vanguardia e motor da comunidade non pode dar as costas a semellante potencial educativo. O coñecemento de nòs mesmos como pobo e a valoraciòn dos recursos propios son alicerce do desenvolvemento dunha sociedade, de modo que, dende o ano 2014, este centro faise eco das historias de Mouros e Mouras e incorpora este potente impulso para dar a coñecer a riqueza etnogràfica da contorna, asì todos os anos visitamos e estudiamos os petroglifos e os achados castrexos.
E a parte màxica de todo este proxecto è que o alumnado do centro posùe a marabillosa cualidade de comprender o Mito da Moura e integralo armònicamente no seu mundo cognitivo, son crianzas de 3, 4 e 5 anos que aìnda non abandonaron a etapa mental da fantasìa , de modo que è posible que con eles a Moura se relacione deixandolles mensaxes na fonte onde ela se peitea, visitando polas noites a escola e deixando agasallos e enigmas, e, o que è clave na presencia permanente da figura da Moura neles, deixàndonos a sùa filla, Mouri, para que sexa unha alumna màis e conviva na escola con eles.
Asi durante todo o curso a figura da Moura està presente a travès da sùa filla, un monicreque que fala e conta cousas da vida  do monte, da natureza, dos animais e das prantas, das covas e tesouros e da maxia da sùa nai, a da forza descomunal, A Moura de Taboexa. Ás veces fuxe ao monte cando està disgustada con nòs, forzándonos  felizmente a ir na sùa procura e asì coñecer novos recantos da nosa contorna (O Coto Morgallón, A fonte da Moura, o Coto de Santa Cristina, As casas do Mouro, o Muìño do…As Carballeiras do Candòn….)
E chegando a primaveira, cando o grupo està xa mais cohesionado e o tempo amorna, a relaciòn coa Moura intensifìcase e agroma a promesa de deixarse coñecer. E èsta alegre enerxía culmina nun último desafío que consiste ir na sùa procura, entòn chega o dìa ansiado e pertrechados de ilusiòn e determinaciòn o mapa nos leva nun longo , mais non cansado, paseo pola aba sur de Sanomedio visitando algùns petroglifos e procurando o tesouro que a Moura deixa agochado para nos nalgùn punto do monte de Altamira, asì despedimos todos os cursos celebrando a compañìa de tan singular señora e agradecendo a sùa proteciòn. As familias acompañan a actividade e rematamos o dìa cun xantar campestre ao pe do Castro.

Para máis informaciòn sobre a prehistoria de taboexa deixo aquì algùns enlaces e uns tìtulos.

Análise estrutural e simbólica do Mito da Moura. Rafael Quinía Pereira
Os Mouros e as Mouras, máxicos enigmáticos da mitoloxá popular.Actas das V Xornadas de Literatura e tradiciòn oral. Asociación de escritoras e escritores en linga galega.
Las mouras consstructoras de megalitos: Estudio comparativo del folclore gallego con el de otras comunidades europeas. Fernando Alonso Romero

No curso 20/21 as visitas á Fonte da Moura se oficializan, constando na PXA esta actividade con frecuencia...semanal!, imos facendo camiño, o destino non está deseñado aínda pero As escolas na Natureza son a nosa inspiración

Proxecto:  Adecentamento da Fonte da Moura e a sùa contorna.
Chamamos a Fonte da Moura a un conxunto composto por unha fonte (Fonte da Cabreira) e dùas pozas  sito en terreo comunal (aprox 3.500m) a pouca distancia da Escola. As nosas andanzas deron en concluir que nesa fonte è onde A Moura peitea os seus roxos cabelos co peite de ouro, como dì a a lenda e son moitas as ocasiòns en que ao longo do curso, visitamos ese lugar e intercambiamos coa Moura mensaxes, agasallos e adiviñas, refrescàmonos e continuamos os nosos paseos pola contorna. O espazo presenta algunhas dificultadas para o libre trànsito das crianzas polo perigo que supòñen as pozas sen sistemas de seguranza, asimesmo o entorno atòpase semi abandonado inzado de silvas e desaproveitado o seu potencial ,cando menos, paisaxìstico.
O proxecto consistirìa nunha poucas actuaciòns sobre o solo:
Desbrozar a área (500m2)
Plantar algunhas árbores
Colocar algunhas barandas de madeira para seguranza nas pozas
Colocar algùns bancos
Colocar un panel informativo sobre a figura da Moura
Escalonar o terreo en algunhas zonas.

A Marzo de 2020 (tempo do coronavirus), algunhas das actuacións xa están feitas e o espazo cumple as condicións mínimas para aue as crianzas o desfruten con gran frecuencia. Case cada semana subimos á Fonte da Moura a xogar como se fora unha extensión do noso patio. En realidade consideramos o Monte e toda a controna da Escola, como un espazo educativo máis.

Ningún comentario:

Publicar un comentario