domingo, 20 de decembro de 2015

liberdade e límites, amor e respecto, o que eles precisan de nòs.

Na ùltima reuniòn  comentei que tiñamos no cole problemas de convivencia, asì è , a profe pasa demsiado tempo rifando, corrixindo condutas que xa deberìan estar interiorizadas (pendurar o abrigo na percha, o material que volte ao seu sitio, non gritar ou correr na aula..) ou castigando, podedes imaxinar que o ambiente non è adecuado, non è amoroso e relaxado, condiciòns necesarias para  que as potencialidades dos nenos e nenas den todo de sì, par que aprendan, para que disfruten descubrindo e investigando, para que adquiran noas habilidades, en definitiva, para que sexan felices. Ese dìa, na reuniòn, pedìn un esforzo extra en canto a lìmites, a que os nenos e nenas adquiran pouco a pouco responsabilidades acorde à sùa competencia, en canto a axudalos a que se concentren no que estàn facendo e en canto a aceptar a autoridade dos adultos de referencia, aceptala e valorala como a outra cara da moeda da protecciòn fisica, material e emocional que estes adultes lles brindan.
Participo este ano nun grupo de traballo sobre Eduaciòn Activa e reflexionamos sobre estas cuestiòns: còmo debe ser a escola, como acadar obxectivos curriculares a traves dunha convivencia armoniosa e respectando aos menores....tratando de escapar do autoritarismo podemos cair no caos, os menores necesitan, merecen e demandan lìmites como puntos de referencia e protecciòn, como unha casa presenta lìmites para os que viven nela...Outras veces è o cansancio que nos convida a ceder aos seus desexos, caìndo asì nunha deixaciòn de funciòns que no futuro terà consecuencias. .Pero còmo poñer os lìmites e respectasr aos nenos/as ao tempo , còmo non cair no capricho do adulto que aproveita a sùa superiroridade fìsica e intelectual e proxecta nos pequechos as sùas propias frustraciòns? A lectura deste libro (Libertade y lìmites) foi unha axuda e un gran descubrimento, quero compartilo con vos e por iso està à vosa disposiciòn para a sùa lectura, podedes pel

O que pon lìmites tamèn està limitado, basicamente  polo respecto polos menores, que nos obriga a ofrecer as condiciòns òptimas  (descanso, rutinas, entorno adecuado) , para que eles se comporten de forma adecuada, e no caso de ter que intervir, facelo con cariño, respecto, dedicando tempo e toda a nosa atenciòn, mostrando firmeza e axudando a manexar a frustraciòn.
Tratamos de acompañar na sùa maduraciòn a persoas que conviviràn con iguais, a construcciòn dunha persoalidade asertiva é o mellor aporte que lle podemos deixar.

Se queredes ler mais sobre o tema, amàis do libro que vos podo prestar, aquì vos deixo un par de enlaces
http://reevo.org/columna/libertad-y-limites-un-dialogo-virtual-con-rebeca-wild/
http://aprendiendoconmontessori.blogspot.com.es/2015/12/limites-y-normas-como-establecerlas.html

Ningún comentario:

Publicar un comentario