domingo, 21 de febreiro de 2016

Uso e abuso das novas tecnoloxìas

Numerosas invesigaciòns advirten dos riscos que corremos se nos deixamos deslumbrar polas promesas  "didàcticas", educativas, etc das novas tecnoloxìas. Para os nenos ae as nenas pequenas a actvidade de aprendizaxe compromete a todo o corpo, as sensaciòns que proveñen de todos os puntos do corpo conforman a informaciòn que o cerebro procesarà para xerar as propias estruturas de coñecemento. Limitar as experiencias à vista (como pasa no ordenador), ademais de resultar nociva para o organo da visiòn- , ignora o potencial do resto do organismo. A estas idades os nenos estàn preparados para aprender con todo o corpo e para aprender deseñando eles os proios xogos que os levaràn a practicar as habilidades para as que estàn preparados en cada momento, o ordenador danos todo feito, non deixa oportunidade à creaciòn e à imaxinaciòn, elexìn esta foto porque observo un altìsimo nivel de concentraciòn na actividade deste neno, o equilibrio, o control sobre o brazo e a man, e a coordinaciòn entre a vista e o sistema muscular para pasar as amèdoas dende o bote ata o pocillo e altìsma,a motivaciòn non pode ser mellor, posto que è un xogo espontàneo, Montessori falarìa aquì dos periodos sensibles, este neno fai exercicios de trasvase porque è o que o seu momento evolutivo demanda para construir os coñecementos necesarios nesta etapa. Respectèmos e axudemos. Hoxe dèixovos un artigo sobre o uso das tecnoloxìas, veredes que interesante!, Saùdos!
click.ww.laprovincia.es/sociedad/2016/02/12/ninos-deben-pasar-6-primeros/791180.html

Canto mais fai o xoguete,menos fai a mente da nena...

Onde irà o autobùs de Taboexa?
Deseñando normas para o xogo de hoxe
Dicìa Rebeca Wild (educadora respectada  polo seu traballo no "Pesta", espacio eduactivo modelo de centos de escolas no mundo ) que comezou a reflexionar sobre educaciòn cando caeu na conta de que ao seu fillo lle entusiasmaba mais a caixa que o xogo que viñera dentro. Con ela, imaxinaba que ìa nun barco, agora era un sombreiro, agora era unha casa, o tempo pasaba e èl canalizaba a traves daquela caixa o seu potencial de imaxinaciòn e deseño do seu tempo. Asì medran e maduran as estruturas mentais e corporais que preparan a un menor para comprender e adaptarse ao mundo e às sùas esixencias (acadèmicas, sociasis, de vida pràctica, laborais, etc).
Este artigo que vos traio hoxe fala diso, do valor do xogo desestruturado...alguèn diciìa non lembro quen...

CANTO MAIS FAI O XOGUETE, MENOS FAI A MENTE DA NENA.

http://rejuega.com/blog/juego-aprendizaje/juego-libre/el-valor-en-la-infancia-del-juego-desestructurado/


soy un robot-soy un robot!
Un proxecto comùn 

mércores, 17 de febreiro de 2016

A solución esta…no monte!

Onte saìmos ao monte, de exploradores e exploradoras, xa antes de sair emociònamos esta expectativa, algùns mostran reticencias, teñen medo de pincharse ou caìr, tratamos de tranquilizalos, non pasa nada, se caes, levàntaste e xa està, ou se te pinchas cun toxo, ben abondosos por certo, pasas rápido e cos brazos en alto…
Dende o primeiro minuto o entusiasmo desbordaba, non había nada aparantemente interesante, montes sen desbrozar, maiorìa de eucaliptos, pero ao mesmo tempo todo nos resultaba emocionante, cocas de eucalipto, pequenos cogomelos, regatos de auga, topamos una fonte, subimos a un montòn de eucaliptos talados (let them taking risks, lembraba eu…), deixamos as cazadoras agachadas entre as xestas, chapoteamos na auga que corrìa pista abaixo… topabàmos camiños a un lado e a outro, querìamos ir alì e alà…non había nada especialmente interesante pero o entusiàsmo era patente, fomos felices ese rato, todos e todas, e a miña intuición de mestra dicìame que se estaba a facer un bò traballo no seu interior, que estaban descubrindo e construìndo habilidades e coñecementos importantes, tanto ou mais , cando menos, que os que se dan dentro da aula, pero coa vantaxe de que no monte a convivencia è mais armoniosa, o monte e a natureza acollen con agrado o modo de ser dos pequechos, alì poden correr, saltar e berrar sen molestar, poden, con poucas restriccioòns que eles aceptan, tocar todo, experimentar con todo o que topan, a `sua imaxinaciòn e cretaividdade flùen, alì traballan a autoconfianza, a iniciativa, a empatìa, o compañeirismo, o sentido de grupo, o espìritu de axuda... alí poden ser eles mesmos e medrar. Tamén houbo algunha caida de cù e algùn pincho cravado...e iso tamèn nos axuda a medrar...
Chegamos emocionados, queremos voltar e explorar mais alà aìnda, queren subir ao coto, queren ir buscar à Moura, están ilusionados con voltar a vivir a aventura, eu dìgolles que para a semana, que se saìmos onte non imos saìr hoxe de novo, dìgolles asì e eles aceptan pero en realidade non sei por què non habíamos de saìr todos os días, non topo una boa razón.

recollimos o lixo






O caso è que xa estamos planificando a próxima saìda, Moura virà con nòs, quere topar à sùa nai
buf…a aventura està servida!!!!


Non son ideas orixinais miñas, as bosquescolas naceron nos anos 50 en Dinamarca e en en Alemaña xa hai mais de 1000, en España, existen tamèn diversas iniciativas baixo este formato. 

luns, 8 de febreiro de 2016

por què escolarizamos aos nosos fillos/as?

En España è obrigatorio escolarizar aos meniños/as a partires dos 6 anos. Sobre o feito de ser obrigatorio non vou falar nesta entrada, deixaremos o homeschooling ou o unschooling, opciòns totalemte respetabeis ao meu entender,  para outra ocasiòn. Sobre o feito de que sexa aos 6 anos o momento de comezar coa formaciòn academica, isto responde a estudios de psicoloxìa e pedagoxìa sobradamente refrendados ao longo da historia asì è que a maiorìa dos paìses da nosa contorna comezan a etapa obrigatoira con 6 ou 7 anos (Finlandia, à cabeza de resultados en educaciòn , aos 8).
Ben, non poñeremos entòn en cuestiòn este feito (de moemnto)...pero, que pasa entre os 3 e os 6 anos? por què levar aos peques ao cole? Tampouco è o obxecto de esta entrada pero podemos comentar que o 95% dos nenos de 3 a 6 anos en españa estàn escolarizados, por que`motivo as familias escollen esta opicòn sen ser obrigatoria?
         Por conciliaciòn da vida familiar e laboral?
         Por ofrecer oportunidades de socializaciòn aos seus fillos/as?
         Por pensar que precisan formaciòn acadèmica xa nesa idade?
Estarìa ben aclarar que se espera da escolarizaciòn 3-6, para que os profesionais de esta etapa poidèramos guiar a nosa pràctica diarìa sen someternos aos vaivèns das espectativos de uns e outros e deseñar un plan de acciòn refrendado pola ciencia e polas autoridades educativas, e, como consecuencia aceptado e respectado pola sociedade.
Tampouco è o obxecto desta entrada (outra vez serà) a escolarizaciòn 3-6. Desta volta quixera pararme na etapa 0-3. En España estan "escolarizados"ao redor do 40% dos nenos/as de entre 1 e 2 anos. Por que motivo? Case que repetirìa as tres preguntas relativas à etaapa 3-6
Porque hai familias que desexan queren sinten e poden disfrutar a crianza dos seus bebès....todo fermoso ata que chegan opiniòns sobre a conveniencia de levar aos bebès à guarderìa para socializarse, para que espabilen, para que resistan mellor as enfermidades....en fin, unha lista de absurdos que poden facer dudar ou sentir que non se è unha boa nai/pai, etc,
O caso è que topei un artigo que fala desto y como se explica moito mellor ca mìn, querìa compartilo con vos
http://www.conocemimundo.com/2015/02/tienen-que-aprender-socializar.html
espero que vos guste e espero as vosas opiniòns!