mércores, 17 de febreiro de 2016

A solución esta…no monte!

Onte saìmos ao monte, de exploradores e exploradoras, xa antes de sair emociònamos esta expectativa, algùns mostran reticencias, teñen medo de pincharse ou caìr, tratamos de tranquilizalos, non pasa nada, se caes, levàntaste e xa està, ou se te pinchas cun toxo, ben abondosos por certo, pasas rápido e cos brazos en alto…
Dende o primeiro minuto o entusiasmo desbordaba, non había nada aparantemente interesante, montes sen desbrozar, maiorìa de eucaliptos, pero ao mesmo tempo todo nos resultaba emocionante, cocas de eucalipto, pequenos cogomelos, regatos de auga, topamos una fonte, subimos a un montòn de eucaliptos talados (let them taking risks, lembraba eu…), deixamos as cazadoras agachadas entre as xestas, chapoteamos na auga que corrìa pista abaixo… topabàmos camiños a un lado e a outro, querìamos ir alì e alà…non había nada especialmente interesante pero o entusiàsmo era patente, fomos felices ese rato, todos e todas, e a miña intuición de mestra dicìame que se estaba a facer un bò traballo no seu interior, que estaban descubrindo e construìndo habilidades e coñecementos importantes, tanto ou mais , cando menos, que os que se dan dentro da aula, pero coa vantaxe de que no monte a convivencia è mais armoniosa, o monte e a natureza acollen con agrado o modo de ser dos pequechos, alì poden correr, saltar e berrar sen molestar, poden, con poucas restriccioòns que eles aceptan, tocar todo, experimentar con todo o que topan, a `sua imaxinaciòn e cretaividdade flùen, alì traballan a autoconfianza, a iniciativa, a empatìa, o compañeirismo, o sentido de grupo, o espìritu de axuda... alí poden ser eles mesmos e medrar. Tamén houbo algunha caida de cù e algùn pincho cravado...e iso tamèn nos axuda a medrar...
Chegamos emocionados, queremos voltar e explorar mais alà aìnda, queren subir ao coto, queren ir buscar à Moura, están ilusionados con voltar a vivir a aventura, eu dìgolles que para a semana, que se saìmos onte non imos saìr hoxe de novo, dìgolles asì e eles aceptan pero en realidade non sei por què non habíamos de saìr todos os días, non topo una boa razón.

recollimos o lixo






O caso è que xa estamos planificando a próxima saìda, Moura virà con nòs, quere topar à sùa nai
buf…a aventura està servida!!!!


Non son ideas orixinais miñas, as bosquescolas naceron nos anos 50 en Dinamarca e en en Alemaña xa hai mais de 1000, en España, existen tamèn diversas iniciativas baixo este formato. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario