martes, 11 de outubro de 2016

adaptaciòn sen bàgoas...conseguìmolo!


O primeiro desafìo de este curso era que as crianzas viviran, ben o regreso ao cole, ben o inicio da sùa vida escolar con armonia e benestar, foron dìas de moito traballo de presencia, acababa esgotada de estar tan pendiente de que cada quen estivera a gusto e dar a cada quen a atenciòn que (eu sentìa) que precisaba, a atenciòn necesaria en cantidade, estilo e intensidade, sen renunciar , por suposto a establecer as bases dunha relaciòn autèntica (creo que esta vai ser o concepto estrela deste curos) entre nòs.






Primeiro houbo que considerar o alumnado antiguo, que voltou ao cole despois dun longo periodo de vacaciòns, todavìa non adaptados ao ritmo e aos espacios escolares, e non sò iso, o cole non foi o que eles tiñan na memoria, pois faltaba a metade do grupo, os maiores, para mais... Eles tamèn viviron a separaciòn das mamás, os horarios, madrugar (para algùns), un cambio nas actividades cotìàs...estes nenos e nenas tamèn estàn sufrindo unha adaptaciòn e hai que consideralo, asì que o primeiro dìa foi so para eles (noutros coles son 15 dìas!), para o reencontro para acomodarse de novo aos espacos e as persoas, para ter a profe toda para eles, sen nenos novos que, se cadra estàn incòmodos e monopolizan á profe...
Despois foron vindo os novos, de un en un, despacio, coa mamá a pasar o recreo con nòs, a xogar un rato nos recunchos, a sentarse na roda...cada dìa un pouco mais de tempo segùn o neno/a fora sentìndose mais còmodo e adaptado,cada dìa a mamà asumindo unha psoiciòn mais discreta ata tantear a separaciòn, "vou facer un recado e volto dentro de un rato"..."quedo à roda e despois marcho"....asì de a pouco ata normalizar a situaciòn, o neno/a  queda no cole sò, tranquilo, contento e sobre todo confiado. Ese trasvase da confianza dende os papàs ata a profesora è un proceso individual delicado que hai que acompañar con moito coidado, presencia e atenciòn.
A miña actuaciòn nese proceso foi aparentemente moi discreta, dirìxìame ao neno/a en cuestiòn, so se sentìa que el non se violentaba, se non, daba paso atràs e deixaba que el/a fora achegandose paseniño do seu vagar...alguèn poderìa pensar que me desentendìa, todo o contrario, foron dìas agotadores, a presencia e a atenciòn estaban a tope. Xa vou aprendendo que às veces o mais adecuado , tamèn às veces o mais dificil, è non facer nada, sò observar e estar presente.
A Angel fòmolo buscar à casa, atravesamos a Carballeira pola levada ata chegar aos Pìos, alì agardabanos él e a sùa mamá cunha merenda para todos/as, vaia sorte!, merendamos, xogamos,saltamos na cama elàstica, e logo todos voltamos ao cole contentos.
Foron dìas agotadores pero profesionalmente moi satisfactorios, observar e ser parte dese proceso precioso da separaciòn coidada e amorosa dun neno/a dos seus adultos de referencia, de esa primeira experiencia de independencia dun ser è un privilexio que me conmove e congratulome de poder ser responsable disto, consciente de que sò unha Escola Unitaria ofrece as condiciòns necesarias para facelo.




Ningún comentario:

Publicar un comentario