domingo, 22 de xaneiro de 2017

Os patucos inundan de cores a Escoal de Taboexa


Os nosos amigos Angel e Miriam, da Casa Rural Uma (http://www.casauma.es/),  fixèrnnos un agasallo moito mais grande do que eles crìan...
Os alegres e quentiños patucos amorosamente ganchilllados trouxeron o empurròn que faltaba ao proxecto de quitar os zapatos no cole, vella idea da mestra que non se decidìa a implementar, a pesar de coñecer os beneficios de andar descalzos...ai! os hàbitos como se aferran...
E algo màis trouxeron, un soplo de vento fresco e colorido coma eles que nos convidou a desperezarnos, estabamos sumidos nun sopor
froito do desànimo  destes tempos difìciles.

             




È contraditorio, pero a Escola Infantil, por moito que sexa un proxecto marabilloso onde se moven sinerxias que nos vivifican a todas as que temos a sorte de participar nel...non è necesaria per se, as meniñas desenvolven todo o necesario para a sùa idade nun abiente familiar propicio e que lles procura relaciòns de iguais. Como xa temos afirmado anteriorente a Escola Infantil responde à necesidade dos adultos de conciliar vida laboral e familiar e à necesidade das crianzas de relacionarse con iguais. se a familia resolve estes dous puntos, non precisa institucionalizar à crianza nen sometela a horarios nen calendarios... xa chegarà o tempo! Ê asì e as mestras aceptamos con humildade.

Pasamos un trimestre inestàble, difìcil, acabamos por despedir a persoas que quixeron formar parte de nós pero que as circunstancias llo poñìan tan dificil que non tiñamos deles unha presencia real, todo o grupo resentìa ocos e inestabilidade. As despedidas son tristes pero aceptàmolas como aceptamos a chuvia no inverno ou a calor no veràn. Ninguèn gañan nen perde, todos aprendemos!


Ningún comentario:

Publicar un comentario