luns, 6 de marzo de 2017

A escola e o papel da mestra

Ideas base que guìan a miña pràctica
Respecto polas persoas
A escola è un lugar e un tempo onde as persoas se respectan e se tratan ben, hai un ambiente de confianza e cariño entre todos/as. Por ser pequenos de idade non merecen os nenos/as menos respecto que calquera persoa

Confianza nos nenos/as e respecto e admiración polo seu momento evolutivo
A mestra confía na capacidaes dos seus alumnos/as, sabe e sinte que o neno/a  vai desenvolvendo en cada etapa da sùa vida, habilidades, vocaciòns e intereses que responden à sùa evolución, non tratamos de apurar fases, sabe e sinte que o neno/a ten una forza interior que o leva a querer aprender en cada momento, aquilo que està preparado para aprender.


Papel da mestra
·         Buscar e garantir esa atmosfera de respecto e confianza onde as vocaciòns e os interesas agroman, e o enon desenvolva una mente estruturaada
·         Estimular e dar saìda as habilidades e potencialidades dos alumnos/as
·         Dispoñer  todas as circunstancias (organización de grupos, espacios, tempos,  materiais, …) para que cada  neno/a constrùa as aprendizaxes axeitadas ao seu momento evolutivo
·         Acompañar e guira ao neno/a no camino do seu desenvolvemento intelectual emocional e físico de acordó coas sùas necesidades.
·         Responder às necesidades dos nenos/as (seguridade, xogo…)

A escola como proxecto social.
A escola è un proxecto social, estamos sendo partìcipes de etapas cruciales no desenvolvemento de persoas que no futuro serán cidadàns e axentes sociais, por iso, sempre cunha perspectiva de responsabilidade social, e comezando dende a integración coas familias, a escola entèndese como un ente permeable e en contacto activo co resto da comunidade, participando na sùa vida social.
Acentuamos as ideas de ecoloxìa e coeducación porque entendemos que son asuntos problemáticos a nivel social nesta coxuntura na nosa comunidade.  O respecto e valoración da natureza, e a igualdade de dereitos e trato entre homes e mulleres guìan a nosa pràctica educativa.

O ambiente e os materiais.
O ambiente organizase cuidadosamente para fomentar a aprendizaxe eo desenvolvemento integral (emocional, social, físico e mental)e responde as necesidades de orden, seguridade, simplicidade e beleza.
Os materiais están ao alcance dos nenos/as e fomentan a sùa autonomía. Deben captar a curiosidade  e guialo polo desexo de aprender, desafiando con dificultade gradual e autoregulable intelectualmente aos nenos/as

Metodoloxìa
O desenvolvemento e a aprendizaxe humanos son basicamente parte dunha actividade constructiva persoal que a profesora trata de impulsar, soster e ampliar baseándose en:
Principio de consistencia evolutiva. O que unha persoa é quen de facer  e aprender nun momento determinado depende do seu nivel de desenvolvemento e do conxunto de ideas  e representacións previas: coñecementos, actitudes, expectativas e motivacións que construíu nas súas experiencias.
Principio de actividade autoestruturante. A través da actividade e o xogo (necesidade natural do neno), experimentan, exploran e descobren propiedades, relacións...constrúen os seus esquemas de coñecemento e  estimulan a creatividade .
Aprendizaxe significativa. Un aspecto da realidade que ata o momento non percibiramos, comeza a cobrar sentido a partir das relacións que, motivados, somos capaces de establecer co que xa sabemos, é dicir, cos esquemas de coñecemento cos que xa contamos.
Esta concepción constructivista conleva implicacións prácticas:
Globalización. Os nenos/as pequenos/as perciben, pensan e actúan de forma integral, por iso unha metodoloxía globalizadora  facilitará aprendizaxes significativas. Así se concretará esta programación: a redor dun centro de interese motivador (UD), dun contexto globalizador, ou dunha incidencia inesperada, integrándose as diferentes actividades de  ensinanza/aprendizaxe interconectadas.
Principio de individualización. O tratamento educativo da diversidade mediante unha ensinanza individualizada debe rexeitar un método único para todos, porque a verdadeira individualización consiste en adaptar os métodos de ensinanza  e o tipo de axuda pedagóxica ás características do neno/a e ás súas necesidades, intereses e estilos de aprendizaxe.
Principio de afectividade e socialización. Preténdese potenciar no neno/a desenvolvemento dunha afectividade sa e positiva que o leve a aceptarse e valorarse a el mesmo e propicie relacións sociais de amor e colaboración. 
Aprender a pensar e Aprender a aprender na busca da autonomía. O alumno/a desenvolverá habilidades de pensamento que o leven a buscar e construír os seu propio coñecemento. A partir da orientación do mestre/e e interrelación cos compañeiros/as, o alumno/a dispón as condicións para que, cando o seu momento evolutivo o permita, será quen de rexerse polos seus propios criterios.
En busca dunha sociedade democrática. Os alumnos de E. Infantil de Hoxe serán os cidadáns e cidadás de mañá, e toparanse cunha contemporaneidade que, se cadra, nos é difícil prever, por iso é importante que adquiran espírito crítico para facer unha análise permanente do que sucede e valorar posibles respostas. Non se pode agardar á  “maioría de idade”; desde ben cedo débese colaborar no desenvolvemento dunha sociedade democrática creando ambientes abertos á discusión é á diversidade, e propiciando prácticas que privilexien o exercicio da convivencia. As normas e límites definidos, comprendidos e aceptados entre todos/as e as habilidades sociais axudarannos neste cometido.
Valoración do esforzo e o autocontrol. Nun momento histórico onde a comodidade, o pracer,a satisfacción inmediata de desexos e a facilidade imperan na nosa sociedade, a valoración do esforzo e o autocontrol en función dunha meta será un obxectivo a traballar co alumnado. A competitividade sana, dirixida hacia un mesmo “podo facelo mellor a p`roxima vez” será alentada.
Apego e valoración da cultura propia.  Valorar a as nosas características identitarias favorecerá que apreciemos e respectemos as outras culturas e aceptemos a multicultralidade en que, cada vez máis, estamos inmersos. Isto axudarános a medrar como cultura e como individuos.

A escolarización na Etapa Infantil
Os estudios de psicoloxia infantil demostran que è a partir dos 6-7 anos que o individuo ten a sùa mente suficientemente madura e estruturada, e pode facer una correcta coordinación físico-mental para encarar as aprendizaxes intelectuais que a escolarización supòn. É por iso que a escolarización non è obrigatoria ata esa idade.
A incorporación das nais ao mundo laboral e a disminución do número de irmàns empuxa ao Estado a asumir o cuidado e a socializacion dos nenos antes da etapa de escolarización obrigatoria.
A escolarizacion na Etapa Infantil debe responder as necesidades evolutivas propias desa etapa e non adiantar os contidos propios da etapa seguinte, pois estaríamos privando aos nenos das experiencias que necesitan vivir e , se cadra, alterando eses sentido de admiración e curiosidade natural que se debe transformar pouco a ouco en interés e entusiasmo pola búsqueda do coñecemento. O xogo e a fantasìa son  necesidades bàicas desta etapa e debemos atendelas adecuadamente.

Isto non significa que despreciemos contidos propios da escolaridade obrigatoria como a lectoescrita, a lòxica-matemàtica, etc, senon  que mantemos permanentemente a conciencia de que è o neno coa sùa curiosidae natural e o seu interés por aprender o que marca o ritmo dos avances. Ademais, todas as experiencias escolares supoñen aprendizaxes que van a ser base e trampolín das posteriores.

Ningún comentario:

Publicar un comentario