luns, 18 de decembro de 2017

unha simple mesa

Sò unha simple mesa, baixiña e silenciosa en medio da algarabìa infantil, parece que non di nada, mais, se facemos silencio total e arrimamos a cariña sentiremos a sùa mensaxe.
Hai moitos anos unha àrbore liberou o seu froito, un ourizo pinchudo con tres irmàns, e a do medio tivo sorte e prendeuse na terra alimentándose dela, do sol e da chuvia medrando e medrando e cando pasaron moitos minutos, horas, dias, meses e anos a castaña do medio era unha arbore grande e maxestuosa, un castiñeiro xeneroso e abundante que liberaba castañas para todas as persoas, para os animais do bosque e para que as medianas deran en converterse en novos
castiñeiros e asi a vida continuara dende o tempo dos Mouros ata os tempos Futuros que mais cedo que tarde han de chegar.
E cando o casitñeiro grande e sabio xa nos regalara tantas e tantas castañas chegou o tempo de ser mesa para os meniños e as meniñas de Taboexa asi que despedìndose dos seus irmàns castiñeiros do Souto portuguès converteuse en tàboas lisas e rectas, fachendosas da sùa rexia feitura, listas para xuntarse unhas con outras para acompañar às crianzas nas sùas merendas, nos seus xogos e nos exercicios de letras. E ben que nos acompaña, pois ten un tacto suave e morno que fala de Soutos e Fragas, que nos bisba, se sabemos escoitar co corazòn, como escoitan as crianzas, da Moura e de prezados tesouros enterrados que, en chegando a primavera sairemos a procurar.
Por iso, porque para topar un tesouro enterrado hai que ter unha castaña mediana, por iso queremos esta mesa.


Temos este libro no cole, è moi bonito e vai moi acaìdo para a nosa mesa...que fai falta para ter unha mesa?



Un texto bonito sobre as follas ue can, bon,as follas que se soltan.
https://www.youtube.com/watch?v=Fo2VTjE82Rg














Ningún comentario:

Publicar un comentario