En torno a un 20% dos nenos e nenas sufren abusos sexuais en España. Dato demoledor, un de cada 5. Pito pito colorito...A maior parte perpetrados por homes do seu entorno cercano. Incomoda ler isto neste espazo tan cheo de dozura e de momentos felices, pero é un acto de responsabilidade sacar á luz un problema (un delito) moi grave e moi común,que en grande parte permanece oculto. Moitos dos nenos/as abusados non son quen de contalo a ninguén, o abuso é reiterado, e xa cando son adultos, nun esforzo desgarrador, falan ou denuncian. Outros moitos non o contarán nunca. As consecuencias sobre a saúde emocional son devastadoras. Debemos aprender a afrontar o asunto e preparar ás crianzas para identificar unha hipotética situación de abuso e reaccionar ante ela.