martes, 12 de marzo de 2019

abusos sexuais na infancia

En torno a un 20% dos nenos e nenas sufren abusos sexuais en España.  Dato demoledor, un de cada 5. Pito pito colorito...A maior parte perpetrados por homes do seu entorno cercano. Incomoda ler isto neste espazo tan cheo de dozura e de momentos felices, pero é un acto de responsabilidade sacar á luz un problema (un delito) moi grave e moi común,que en grande parte permanece oculto.  Moitos dos nenos/as abusados non son quen de contalo a ninguén, o abuso é reiterado, e xa cando son adultos, nun esforzo desgarrador, falan ou denuncian. Outros moitos non o contarán nunca. As consecuencias sobre a saúde emocional son devastadoras. Debemos aprender a afrontar o asunto e preparar ás crianzas para identificar unha hipotética situación de abuso e reaccionar ante ela.

Como estamos no periodo de admisión, estes días achéganse ao cole persoas con meniños/as para que coñezan a escola e hoxe unha avoa, coa mellor das súas intencións díxolle á súa neta que lle dera un bico a unha meniña do cole, mais tarde, cando marchaban, a min. A nena non nos coñece de nada pero fixo o que se lle dixo sen dubidar e de bo gusto, pareceume. Fíxenlle ver ás boa señora que non debemos indicar ás nosas crianzas dar bicos a descoñecidos, nen sequera a coñecidos se non é a súa vontade. A educación e o cariño teñen moitas formas de expresarse.
Teño no cole un documento  impreso (Asociación de mujeres para la saud. Madrid) para quen queira profundizar mais e aquí deixo uns enlaces que poden ser do voso interese:

Pautas para preparar aos fillos/as.
https://www.etapainfantil.com/claves-ensenarle-hijo-nadie-puede-tocar-cuerpo

Experimento (capítulo 1 de 4) moi bonito en Barcelona, paga a pena parar as clases para estas cousas!
sentir que si, sentir que no

Documental premiado emitido na 2
documentos TV


Ningún comentario:

Publicar un comentario