sábado, 9 de novembro de 2019

obradoiros

 Dende o meu primeiro día de profesión valorei moi en alto a implicación das familias na vida escolar. Se o cole chega a ser tan importante na vida das crianzas (demasiado ao meu entender), as familias non se poden desentender desa realidade. Especiamente na etapa da Educación Infantil, que supón para aquelas, a primeira separación dos seus adultos de referencia, e o inicio da construción dunha vida privada. Neste inicio, escola e familia han de entenderse para facilitar o proceso de desconexión ao meniño/a . Desconexión e conexión. Conexión con él propio, coa súa identidade, construida e identificada agora en relación aos iguais.