sábado, 9 de novembro de 2019

obradoiros

 Dende o meu primeiro día de profesión valorei moi en alto a implicación das familias na vida escolar. Se o cole chega a ser tan importante na vida das crianzas (demasiado ao meu entender), as familias non se poden desentender desa realidade. Especiamente na etapa da Educación Infantil, que supón para aquelas, a primeira separación dos seus adultos de referencia, e o inicio da construción dunha vida privada. Neste inicio, escola e familia han de entenderse para facilitar o proceso de desconexión ao meniño/a . Desconexión e conexión. Conexión con él propio, coa súa identidade, construida e identificada agora en relación aos iguais.


Non é menos certo que esta implicación supónun solapamento delicado onde profe e mamá conflúen diante da meniña, ha de haber un esforzo mutuo en saber respectar límites e comprender necesidades.En todo caso, por difícil que sexa, é un exercicio necesario.
Na escola de Taboexa as formas deimplicacion familiar son diversas, dende acompañar na asemblea inicial, nunha das tantas saídas, colaborar co mantemento e mellora das instalacións, ate o sinxelo pero significativo  xesto de compartir con nós un cacho de pan de millo feito polo avó ou unas mazás apañadas pola avoa.
Hoxe traio á conversa os obradoiros. Neles, unha mamá (pai, avó ou outro adulto de referencia para unha das crianzas) ofrécenos axuda para que o grupo realice unha creación. Ou para mostrar algo de interés para o grupo. O abano de posibilidades é infinito,tan amplio como adultos implicados e multiplicado polos seus intereses, coñecementos, habilidades, etc. Emociónome rememmorando algunhas intervencións tan sorprendentes por inesperadas , ofrecidas ao grupo con amor e dedicación por pais, nais e familiares orgullosos de ter con qué  agasallar ao seu meniño e ás súas compañeiras.
O obradoiro (poñémoslle un nome só  para identificar a actividade especial na que unha persoa que non é a profe gúia unha actividade dentro do cole) supón unha novidade que rompe a rutina (bendita rutina na que nos abarrrelamos diariamente) e ofrece a un pequeno grupo de crianzas interesadas un desafío manual, intelectual, artístico… superior, sen deixar de atender ao grupo completo, que sendo moito menor ca nos coles ordinarios, é demasiado numeroso para ser atendido adecuadamente por unha soa persoa.
Pero ademáis, o obradoido serve para que a mamá en cuestión viva e sinta en directo a dinámica escolar na que está integrada a súa filla, para que saiba e coñéza qué é o que fai a súa filla no cole e cómo discurre o tempo alí. Até pode que se vexa sorprendida por unha nena diferente á que ela coñece. Sí, nai e filla teñen a oportunidade de verse dende outra posición: a nai pasa a ser profe de todos e a filla pasa a ser unha alumna mais, unha nena no medio de outros nenos.
A nai disfruta dunha  boa  oportunidade para coñecer  a forma de relacionarse da mestra coas crianzas e o ambiente no que a súa fillla pasa tantas horas. Ate é convinte para a mestra ter outra mirada sobre o grupo e sobre o seu traballo, un testigo do que acontece na aula e da súa acción profesional. Se ben é certo que a mestra mantén unha observación e reflexión constante sobre a súa práctica, unha presencia nova potencia e afortala esa consciencia e revisión necesarias, e tamén aporta novas reflexións sobre o grupo e a dinámica escolar. Recursos valiosos para a mestra que sempre busca comprender e mellorar.
Ao respecto da nena,  a pesar de que a presencia da nai pode remover conflitos, precisamente pola dificultade de manexar a coincidencia do contexto familiar e escolar, a xestión dos mesmos é un exercicio de maduración persoal. A alegría e o orgullo de ser anfitriona da súa nai na escola, espazo propio da nena, ver a súa nai facerse un oco nese espazo seu e ver á mestra facilitar esta situaicón constitúen un alento e un emoderamento persoal.
Nesta época do curso, as meniñas novas aínda se afanan en comprender e interiorizar rutinas e integrarse no grupo, ao mesmo tempo que todo o grupo sofre unha reconfiguración nas súas relacións persoais pois uns marcharon e chegan outros. Non é tempo de moitas sorpresas, estamos estabilizando a dinámica escolar. Pero algunhs temperamentos  mais exploradores, ou crianzas máis maduras, demandan avanzar nas actividades e nos desafíos escolares, nas aaventuras.  Non  é facil entón atender a estas dúas tarefas contrapostas para unha soa mestra, mesmo aínda é cedo para as saídas que tanto nos gustan. Por iso é tempo ideal de obradoiros, e por se nos vos decatárades do alcance dos mesmos escribo estas reflexións para animarvos. Creo que é unha experiencia agradable para as mamás que xa viñeron este ou outros cursos, oxalá tivérades a mesma oportunidade durante toda a vida escolar das vosas crianzas.


Ningún comentario:

Publicar un comentario