Comezamos o derradeiro trimestre celebrando os libros, eses que nos fan rir e chorar, aprender e comprender, esquecer e lembrar, viaxar hacia afora e hacia adentro..., é por iso que amamos os libros e coidamos a aprendizaxe das primeiras letras como ouro en pano, pois do coidado con que se traten estes primeiros esforzos e descubertas, dependerá en parte o goze e aproveitamento de tantas lecturas que a rapazada ten por diante. Feliz día do Libro! Grazas á Comunidade de Montes e ás Veciñas que se achegaron a pasar un rato con nós. E á cantina de Geni, porsuposto que nos adozou a boca co seu sabedeiro biscoito. Podedes pasar a recoller o voso
agasallo cando queirades.
Ningún comentario:
Publicar un comentario