domingo, 22 de maio de 2016

letras galegas de luxo para os coles

Dá gusto ter un dìa festivo que non haxa que agradecer a algùnha figura relixiosa catòlica nun Estado que se autodenomina aconfesional....moito mais cando ese dìa nos congratulamos de disfrutar da nosa fala, a dos antergos, a das nosas raìces, e mais gusto aìnda cando descubrimos eses poemas tan acaìdos para o noso pequeno alumnado, esas doces liñas adicadas ao cuco, ao galo, ao burro,ao vento que agariman  as mentes e os corazòns dos peques conectando coa empatìa que , de seu,  eles sinten pola natureza.
E se afondamos un pouco na figura de Manuel Marìa, o homenaxeado este ano o dìa das Letras Galegas, saberemos que foi un intelectual galego sensible loitador e valente, defensor da nosa lingua, dos dereitos dos mais desfavorecidos e da liberdade.
Mil primaveiras mais para a lingua galega e grazas Manuel Marìa ...como dixo un dos alumnos/as èl morreu, pero quedaron as sùas poesìas...
O galo interpretado na lingua internacional de signos !
"Yogote", que nos aprenderon as mozas e mozos do IES Pao da Mercè

O instituto!

Cando lles dixen que as profes do IES Pazo da Mercè,  nos convidaban a visitalo enchèronse de emociòn...Por què un plan tan sinxelo (mesmo mais de un pouco atraente para crianzas de 4 anos) suscita tanto interese e curiosidade?
Pois por nada, porque eles/as son asì, teñen tanta confianza na vida que-, perante un plan presentado con agarimo e ilusiòn dispòñense a vivilo con entusiasmo e entrega.
e como somos exploradoras, anque chovìa ,
 achegàmonos a coñecer as Esculturas de Redondelo!
Por nada e por todo, porque ese edificio que ven cando pasan por diante è un agasallo para a vista e ten esa armonìa e beleza que cautiva, e porque a palabra "Instituto" fainos viaxar ao futuro, a ese tempo tan desexado de ser maiores, de aprender cousas moi importantes e de ser competentes. Esas ideas ènchenos de respecto e admiraciòn.
E chegados ali saudaron às profes e estudiantes que viñan atraidas pola maxia destes peques (elas afeitas às maneiras dos adolescentes, marabillosos tamèn) agardaron con paciencia a hora do acto, cantamos o cuco para as mozas maiores, disfrutamos as actuaciòns de R
ubiòs de dos mozos e mozas de Primeiro, foi un intercambio sinxelo pero vivido con agarimo e coidado.
Esa è a vivencia coa que volta ao cole unha calor no corazon que ven de tantos sorrisos e carantoñas que lles puxeron mozos e adultos, e mais gañas aìnda de ser maiores, de facer parte algùn dìa, do Instituto!

martes, 10 de maio de 2016

autonomìa

Moitas veces escoitades às mestras falar de autonmìa e o importante que è promovela.
...Por què?
Porque supòn respectasr o seu impulso por aprender cada dìa a facer cousas mais complexas, quen non escoitou a unha nena presumir de facer algo ela "soìña", ou a un neno pedir facer algo el soìño"?
Por que cando logran facer algo por eles mesmos senten un orgullo de si propio que favorece a autoestima, e mellora o autoconcepto.
Para eles ê unha tarefa certamente difìcil subir a cremallera, dou fe diso pois son testigo dos seus esforzos, e tamèn son testigo da satisfacciòn que lles produce conseguilo, non debemos privalos dela, pois è a base da iniciativa , da capacidade de atencion e de esforzo,...case que nada!
Cando facemos algo que un neno ou nena pode  facer por sì mesmo, non sò estamos a facer algo innecesario se non tamèn perxudicial
sorte ter a càmara cerca para poder atrapar esa expresiòn!

Moura e as cabriñas!

Será posible?, Moura xa nos fixo a xogada de sempre..., desapareceu!
Temos boas razòn para pensar ue està na casa de Santi asi que, saìmos na sùa procura...Claro que estaba alì, mirando as cabriñas!
A avoa de Santi ensinounos como maman da nai cabra e logo fomos todos xantar ao Coto de Sta Cristina...Què ben o pasamos à tùa conta, Moura!
A ver onde fuxes à proòxima vez!









as costureiras

Esta semana pasada Sergio foi o encargado, axudoume cos coxìns, a toalla, o calendario, etc,
Tan importante responsabilidade foi compensada con unha visita ao traballo da sùa mamá, que contestou às nosas preguntas, ela dì que lle gusta coser e disfruta co seu traballo (coma mìn) e que entre todas as compañeiras fan a roupa que lles encargan, as costureiras nos recibiron con cariño e nos explicaron paso a paso o proceso de confecciòn da blusa que estaban a coser, ata nos deron doces! Què amables! Moitas grazas!


A formiga e a laranxa

Mar vìu a contarnos o conto da formiga e a laranxa, serà porque ela preparou con cariño a actividade, serà porque o conto era moi bonito ou serà porque as crianzas tèñenlle afecto a esta estupenda contacontos, que eu vin a todos e todas atentos sen perder detalle, grazas Mar, e, aquì temos a nosa particular Branxa, a ver se nuns aniños xa collemos laranxas propias.
Moi benvidas as mamás que veñen ao cole a facer unha actividade para os peques!