domingo, 22 de maio de 2016

letras galegas de luxo para os coles

Dá gusto ter un dìa festivo que non haxa que agradecer a algùnha figura relixiosa catòlica nun Estado que se autodenomina aconfesional....moito mais cando ese dìa nos congratulamos de disfrutar da nosa fala, a dos antergos, a das nosas raìces, e mais gusto aìnda cando descubrimos eses poemas tan acaìdos para o noso pequeno alumnado, esas doces liñas adicadas ao cuco, ao galo, ao burro,ao vento que agariman  as mentes e os corazòns dos peques conectando coa empatìa que , de seu,  eles sinten pola natureza.
E se afondamos un pouco na figura de Manuel Marìa, o homenaxeado este ano o dìa das Letras Galegas, saberemos que foi un intelectual galego sensible loitador e valente, defensor da nosa lingua, dos dereitos dos mais desfavorecidos e da liberdade.
Mil primaveiras mais para a lingua galega e grazas Manuel Marìa ...como dixo un dos alumnos/as èl morreu, pero quedaron as sùas poesìas...
O galo interpretado na lingua internacional de signos !
"Yogote", que nos aprenderon as mozas e mozos do IES Pao da Mercè

Ningún comentario:

Publicar un comentario