domingo, 22 de maio de 2016

O instituto!

Cando lles dixen que as profes do IES Pazo da Mercè,  nos convidaban a visitalo enchèronse de emociòn...Por què un plan tan sinxelo (mesmo mais de un pouco atraente para crianzas de 4 anos) suscita tanto interese e curiosidade?
Pois por nada, porque eles/as son asì, teñen tanta confianza na vida que-, perante un plan presentado con agarimo e ilusiòn dispòñense a vivilo con entusiasmo e entrega.
e como somos exploradoras, anque chovìa ,
 achegàmonos a coñecer as Esculturas de Redondelo!
Por nada e por todo, porque ese edificio que ven cando pasan por diante è un agasallo para a vista e ten esa armonìa e beleza que cautiva, e porque a palabra "Instituto" fainos viaxar ao futuro, a ese tempo tan desexado de ser maiores, de aprender cousas moi importantes e de ser competentes. Esas ideas ènchenos de respecto e admiraciòn.
E chegados ali saudaron às profes e estudiantes que viñan atraidas pola maxia destes peques (elas afeitas às maneiras dos adolescentes, marabillosos tamèn) agardaron con paciencia a hora do acto, cantamos o cuco para as mozas maiores, disfrutamos as actuaciòns de R
ubiòs de dos mozos e mozas de Primeiro, foi un intercambio sinxelo pero vivido con agarimo e coidado.
Esa è a vivencia coa que volta ao cole unha calor no corazon que ven de tantos sorrisos e carantoñas que lles puxeron mozos e adultos, e mais gañas aìnda de ser maiores, de facer parte algùn dìa, do Instituto!

Ningún comentario:

Publicar un comentario