martes, 1 de novembro de 2016

O plàstico mata

Trato de ofrecer ao meu alumnado un entorno sano, fermoso e pràctico. Os tres criterios por igual,
O plastico pode ser pràctico (se non afondamos moito na reflexiòn), pero non è fermoso, e en canto a salubridade è todo o contrario a san, imaxino acariñando un cacho de madeira, mellor unha madeira noble, dura, carballo, freixo, nogueira, cerdeira...sentir a vida que ainda respira dentro...,  facer o mesmo cun plàsico soa ridìculo...
Pero vaiamos à salubriade fìsica, a do corpo, deixemos a saude da ialma para outro dìa, en canto a isto o plàstico è o enimigo nùmero un,
dana ao medio natural dende que nace ate que morre, que non morre nunca, è case que eterno, permanece durante mil anos descomposto en pequenas partìculas contaminando rìos e mares, facendo parte da cadena tròfica que pasarà polos nosos corpos enfermàndonos, matarà animais que o tragan sen querer, afearà paisaxes...e sò por darnos servicio uns minutos...¿Canto se tarda en consumir un bebible ou unha botella pequena de auga? Canto tempo de servicio nos dà o vaso de plàstico? ...miutos?  uns minutos de utilidade e mil anos de contaminaciòn, non è facil acaso ver que è unha situaciòn demencial?...e pouco pràctica, se se me permite....
As alternativas son posibles e non comportan tanto esforzo, sò hai que abrir a mente e comportarnos con responsabilidade. Como profesional da educaciòn entendo o cole como modelo de conduta e teño que ser quèn de explicar o que alì acontece. De pouco serve que aprendan matemàticas avanzadas se non estamos formando cidadans activos e responsables. Se me preguntan por què o uso do plàstico è tan restrinxido direi que no cole somos ECOLOXISTAS, coidamos o noso planeta coma se fora a nosa casa, que o è.

http://elplasticomata.com/
https://es.wikipedia.org/wiki/Isla_de_basura

Ningún comentario:

Publicar un comentario